>>>>> Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que
>>>>> conveña esperar para a creación da asociación trasno.
>>>>>
>>>>> Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos
>>>>> ven motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns
>>>>> dos membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación
>>>>> dunha nova entidade.
>>>>>
>>>>> Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar
>>>>> sen ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder
>>>>> estar máis unidos ou formar un grupo máis grande.
>>>>>
>>>>> Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto
>>>>> non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran
>>>>> oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras
>>>>> achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación
>>>>> poidamos facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si
>>>>> realmente poidamos estar todos.
>>>>>
>>>>> Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os
>>>>> que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro
>>>>> que hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa
>>>>> parezo un pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer
>>>>> algo máis grande que permita que máis software estea en galego e
>>>>> que o estea cunha mellor calidade.
>>>>>
>>>>> Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.
>>>>
>>>> Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
>>>> guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
>>>> Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
>>>> coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
>>>> institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
>>>> asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
>>>> para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...
>>
>> Levamos con isto un ano, acordamos xa os flecos finais a semana
>> pasada, entre a semana pasada e esta Suso, a CIF e outra xente acorda
>> reunirse para discutir e agora imos parar o proceso dun ano? A xente
>> tivo oportunidade de opinar durante meses, de involucrarse, de cambiar
>> o rumbo e agora pasa isto?
>
> A ver calma
> A ver calma, creo que non dixen "parar" senón esperar, o outro parece que
> vai moi rápido por iso o de esperar. Ninguen falou de integrarse nas CIF iso
> quedou debotado e penso que todos o temos claro. Reitero novamente o meu
> agradecemento as CIF por darnos no seu día dita posibilidade.

Esperar cando quedan o xoves e mailo venres polo medio que son dous
días e se me apuras tres é na practica deter.

>>> Isto era o que pretendia o suso, meter cizaña entre nos para aasí poder
>>> quedar de salvador, amo , redentor... e seguir a sacar reditos para si do
>>> traballo dos demáis.
>
> Tanto como meter as cabras na horta (tradución da RAG para cizaña :-) ) eu
> non diria. Non nos alteremos que eu non son ninguen e a miña opinión pouco
> conta. ;-)

Home eu partía da base de que todos somos alguén e todos contamos...

>>> Isto que estou a dicir xa llo dixen a el na cara en Malaga e agora usa para
>>> promover a nosa sumisión a CIF os argumentos que eu empregaba contra el.
>>>
>>> Afirmo, Suso só quere controlar el todo, para iso vai a usar calquera
>>> artimaña, así que facedeme o favor de non facerlle caso.
>
> relax...
>
>>> Por cousas así e polo que eu non queria entrar en CIF. Estiveron a facerse
>>> de "novas" entre o Suso e os seus amigoscando xa tiñan todo artellado.
>
> As CIF sempre foron moi correctos connosco.
>
>>> Primeiro obxectivo a derrubar para controlar o cotarro →→→→ Trasno
>
> paranoia??

Ou malas experiencias, vai ti saber...

>>> e nesas estan
>>>
>>> dixit !
>>>
>>> :-)
>>
>> Vexo que sodes amigos :)
>>
>> Non nego que se podería interpretar dese xeito, pero sendo máis serios
>> se chegamos ata aquí foi discutindo entre todos de xeito aberto,
>
> aquí discrepo un chisco (perdón por discrepar) pero se certo é que
> discutimos o tema na rolda de trasno tampouco se dou publicidade fora da
> mesma e que eu saiba a rolda de trasno non se pode consultar se non es
> trasnego (que me corrixan se me erro)

Eu penso que se comentou algunha que outra vez noutras roldas o feito
de que Trasno se estaba constituindo en asociación, pero non vou poñer
a man no lume, e sinceramente agora non teño ganas de poñerme a
remexer no correo. Por outra banda a ninguén se lle privou de
inscribirse nesta rolda.

>> colaborativo e transparente, discutindo todas as propostas e dúbidas,
>> e chegando a un consenso bastante amplo, ca participación durante
>> meses de quen quixo involucrarse. E agora resulta que temos que deter
>> todo o proceso case no final para considerar unirnos a aqueles que non
>> participaron na discusión. Tal como eu o vexo ten máis sentido que
>> eles sexa os que se unan a nós que xa discutimos bastante sobre o
>> tema.
>>
>>
>>
>> Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
>> guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
>> Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
>> coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
>> institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
>> asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
>> para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...
>
> A min esta opción váleme, incluso me parece moi acertada.
>
> Finalmente, desculpas se ofendín algunha sensibilidade.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a