Non teño moito que engadir ó dito polos demáis. Por min, para adiante. Xa
estou farto de mamalonadas. Se ata o de agora non amosaron ningún interese
pola creación/non creación da asociación, non teñen ningún dereito a vir
agora esixindo/propoñendo que se pare a constitución de Trasno en asociación
e/ou que se integre nunha mistura de grupos incoherente e inconsistente coa
finalidade do proxecto. Eu non penso ser vasalo de ninguén; e menos de
chupópteros con aires de grandeza.

Resumindo: "o que queira rodaballo, que molle o..." (mellor en tempo pasado,
xD)

Saúdos,

              Alejo.

PD: non sei moi ben como deixastes o tema polo medio, xa que non fun quen de
ler máis de dúas mensaxes sen acenderme, pero imaxino por ónde irían os
tiros.


2009/10/14 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>

> >>> Lendo todo o que se está a comentar no G11n penso que poida que conveña
> >>> esperar para a creación da asociación trasno.
> >>>
> >>> Desde o meu punto de vista a idea da asociación entre outros motivos
> ven
> >>> motivada por ter unha entidade legal e non convencendo a algúns dos
> >>> membros de trasno a integración en CIF decidiuse a creación dunha nova
> >>> entidade.
> >>>
> >>> Neste momento pode nacer esa entidade na que si nos poidamos integrar
> >>> sen ter que facer toda esa papelame da que falamos ademais de poder
> >>> estar máis unidos ou formar un grupo máis grande.
> >>>
> >>> Con esperar non me refiro a renunciar a constitúir a asociación se isto
> >>> non vai adiante senón a participar. Penso que pode ser unha gran
> >>> oportunidade facer públicos os estatutos de trasno, poida que outras
> >>> achegas o enriquezan e no canto de facer unha pequena asociación
> >>> poidamos facer unha pequena asociación pero máis grande, na que si
> >>> realmente poidamos estar todos.
> >>>
> >>> Realmente sinto, así o percibo, que hai moi boa sintonía entre todos os
> >>> que estamos nas distintas roldas (trasno, g11n, ubuntu...) está claro
> >>> que hai diferentes sensibilidades pero tamén percibo respecto (xa
> >>> parezo un pitoniso ;-)). Poida que esta sexa un bo momento para facer
> >>> algo máis grande que permita que máis software estea en galego e
> >>> que o estea cunha mellor calidade.
> >>>
> >>> Seguro que podemos chegar a algo que nos sume a todos.
> >>
> >> Claro, por iso está tamén en marcha esa Federación, somos, xunto con
> >> guls e outras agrupacións, entidades cívicas complementarias, non?
> >> Creo que non ten nada que ver a colaboración nos traballos e proxectos
> >> coa constitución legal de Trasno. O mesmo que pasa respecto das
> >> institucións como Unis ou Administración ou das empresas ou
> >> asociacións de empresas como Agasol. Trasno debe "nacer" legalmente
> >> para ser un actor membro máis. E a partir de aí xa calo...
> >
> > Isto era o que pretendia o suso, meter cizaña entre nos para aasí poder
> > quedar de salvador, amo , redentor... e seguir a sacar reditos para si do
> > traballo dos demáis.
> >
> > Isto que estou a dicir xa llo dixen a el na cara en Malaga e agora usa
> para
> > promover a nosa sumisión a CIF os argumentos que eu empregaba contra el.
> >
> > Afirmo, Suso só quere controlar el todo, para iso vai a usar calquera
> > artimaña, así que facedeme o favor de non facerlle caso.
> >
> > Por cousas así e polo que eu non queria entrar en CIF. Estiveron a
> facerse
> > de "novas" entre o Suso e os seus amigoscando xa tiñan todo artellado.
> >
> > Primeiro obxectivo a derrubar para controlar o cotarro →→→→ Trasno
> >
> > e nesas estan
> >
> > dixit !
> >
> > :-)
>
> Vexo que sodes amigos :)
>
> Non nego que se podería interpretar dese xeito, pero sendo máis serios
> se chegamos ata aquí foi discutindo entre todos de xeito aberto,
> colaborativo e transparente, discutindo todas as propostas e dúbidas,
> e chegando a un consenso bastante amplo, ca participación durante
> meses de quen quixo involucrarse. E agora resulta que temos que deter
> todo o proceso case no final para considerar unirnos a aqueles que non
> participaron na discusión. Tal como eu o vexo ten máis sentido que
> eles sexa os que se unan a nós que xa discutimos bastante sobre o
> tema.
>
> Ata logo,
>                  Leandro Regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a