>>> Ola,
>>> acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así
>>> lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding)
>>> bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€,
>>> non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda
>>> non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado
>>> a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación?
>>> Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A
>>> ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco
>>> unhas fotos...
>>
>> Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
>> caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?
>
> Na asociacion de viciños tíñamos un xa feito adrede.
> Pero agarda. Énos mellor falar con xente de outras asociacións
> constituídas recentemente (eu fareino coa de galite, a ver se
> responden), non vaia ser que abonde con dilixenciar(es) unha serie de
> páxinas impresas e numeradas e estexamos a tirar nos cartos. Eu iso xa
> o teño que facer porque ao mudar o plano xeral contábel, creo que non
> abonda cun libro de caixa dos de toda a vida e penso que teño que
> levar un libro de maior completo, conforme ao pxc para pemes!!!.
> En canto Miguel diga que ten feito o rexistro, cumplimentarei o Modelo
> 036, e procurarei informarme máis disto.

Non sei se me falas do libro de actas ou do de socios. Polo tema do
rexistro dos socios vou agardar. O tema do libro de actas aclarádemo
canto antes por se hai que devolvelo.

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a