>>> Ola, >>> acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así >>> lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding) >>> bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€, >>> non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda >>> non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado >>> a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación? >>> Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A >>> ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco >>> unhas fotos... > > Supoño que é un prezo normal. É un gasto interno da asociación; nas contas > faise constar que esa factura non se emitiu a nome da asociación porque aínda > non se tiña o NIF e xa está.
Vale. Non sei se isto entra en conflito co que se comentou de publicar as actas en PDF... >> Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter >> caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco? > > Vale calquera libro coas páxinas en branco. O que o converte nun libro de > socios/actas é a habilitación na primeira páxina polo secretario e a > numeración das páxinas. Páxinas en branoo pero numeradas? Por outra banda igual o do rexistro de socios era boa idea telo nunha base de datos. Teremos que discutir o tema antes de que vaia eu comprar algo que non facía falta ningunha mercar. Ata logo, Leandro Regueiro