Boas a tod@s.

Vou expor o que sei eu do tema, que non é moito pero algo de
experiencia teño xa que no seu momento xestionei parte destes temas en
Ousli.

Tras consultalo coa da asesoría, as actas poden ir en formato
electrónico, pero, hai que ir levalas a xuna a que as selen. Así
evítase o tema de poder modificalas cando un quere, engadir unha acta
entre o medio doutras para chanchullear, etc. Ou libro de actas, que
vai numerado e con páxinas que non se poden romper. Ou en formato
electrónico, pero de cada reunión, levantase acta, imprimse, firmana
os presentes e lévase a xunta a selar, Non sei a onde en concreto. O
libro non sei se hai que selalo.

Unha aperta.

2009/10/23 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>> Vale. Non sei se isto entra en conflito co que se comentou de publicar
>>> as actas en PDF...
>>
>> ??
>> As facturas métense nunha carpeta. Cada ano súmanse os ingresos, réstanse os
>> gastos e esa é a contabilidade que se entrega para que a aprobe a asemblea.
>
> Refiriame a se ter as actas en PDF quita o de ter que levar as actas
> no libro de actas.
>
>>>>> Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
>>>>> caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?
>>>>
>>>> Vale calquera libro coas páxinas en branco. O que o converte nun libro de
>>>> socios/actas é a habilitación na primeira páxina polo secretario e a
>>>> numeración das páxinas.
>>>
>>> Páxinas en branoo pero numeradas? Por outra banda igual o do rexistro
>>> de socios era boa idea telo nunha base de datos. Teremos que discutir
>>> o tema antes de que vaia eu comprar algo que non facía falta ningunha
>>> mercar.
>>
>> Non sei como é o proceso de rexistrar a base de datos, pero creo que é moi
>> sinxelo, que non hai que enviar datos, só dicir que existe.
>>
>> O secretario certifica, simplemente por ser o secretario, que esa base de 
>> datos
>> é correcta, e poden existir copias impresas, se se quer.
>
> Haberá que investigalo/interrogar a xente que saiba.
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a