2009/10/24, marce <mvillar...@gmail.com>:
> O Venres, 23 de Outubro de 2009 20:24:33 José Manuel Castroagudín Silva
> escribiu:
>> Se isto é o que penso, ten moi boa pinta.
>>
>> Pega un par de ligazóns, ho, faite bo. Unha a "onde empezar" (que é, ou o
>> sitio do proxecto, ou algo) e outra a outro sitio que vexas interesante.
>>  Con esas, xa me conformo.
>
> LanguageTool: http://www.languagetool.org/
>

Ben. A ver logo se o entendín: This is a rule-based language checker.
Descargueino, e parece que funciona. Ten varias maneiras de funcionar:
cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a
modo de "servidor web" que escoita as peticións nun porto determinado,
polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres
regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que
proporcionan eles non vai incluído.
Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito, é
nese formato como se distribúe, para o resto hai que descomprimir o
ficheiro .oxt e fedellar cos .jar )

> Pology: http://websvn.kde.org/trunk/l10n-support/pology/ , o enderezo de
> correo de cada programador está onde xa imaxinarás. Contestan nun prazo
> variábel de un día a unha semana, dependendo de como teñan os filtros
> antispam
> (pon pology no asunto).

E isto é un framework en python para traballar con ficheiros po.
Parece que xa ven con certos scripts que serven para diferentes
funcións. Polo que lin estes días na lista de trasno (xa que a
documentación "oficial" está un pouco a medias), hai un que, facendo
uso de LanguageTool, fai unha comprobación gramatical dos msgstrings
dun po / dun directorio de pos (grammar-check, ou algo así recordo que
se chamaba, non?).

>
>

Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou
Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así
de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co
pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo.

Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa "msgexec"
(man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que
permite, por exemplo, facer cousas como:

msgexec -i gl.po hunspell -a

Unha verificación ortográfica das msgstr dun po (e cambiando hunspell
por java -jar LanguageTool.jar con algún parámetro que non recordo,
permitiría facer unha revisión con LanguageTool - ou iso supoño, vou
ver se o consigo, jejeje- )


Resumindo: que xuntando pology+LanguageTool, temos como resultado a
digievolución de msgexec+hunspell, ;-p .

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a