O Sábado, 24 de Outubro de 2009 17:32:11 José Manuel Castroagudín Silva 
escribiu:
> cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a

A versión que le de stdin sería a que habería que probar co msgexec

> polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres
> regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que
> proporcionan eles non vai incluído.

????? Non pode ser, eu collín as fontes ..... distribúen eles algún paquete?


> Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito,
... de feito é unha das alternativas que se barallan para servir de motor de 
serie para a corrección gramatical en Oo.org.

> Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou
> Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así
> de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co
> pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo.

Pois si, pology consiste nunha serie de scripts, todos eles documentados 
(abondo como para aprender a empregalos lendo a documentación),
-un deles permite facer tradución automática empregando apertium (pomtrans)
-outro permite empregar subscripts: posieve
  --un subscript permite empregar LanguageTools (check-grammar)
  --outro permite corrixir a ortografía a través de enchant, e polo tanto de 
hunspell (check-spell-ec)
  --outro permite comprobar que as etiquetas xml estexan correctas (check-
docbook4 e check-xml-kde)

 -- e check-rules é como o anel ese que  un tal Frodo Bolsón estivo durante 
tres anos tentando destruír: permite aplicar todo á vez

  --bad-patterns é como unha versión lixeira do anterior.


> Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa "msgexec"
> (man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que
> permite, por exemplo, facer cousas como:
> 
> msgexec -i gl.po hunspell -a

A saída non é similar, a de pology está moito máis traballada para ser de 
utilidade para persoas.
http://mailinglist.lxde.org/pipermail/translation/2009-October/000389.html

Attachment: signature.asc
Description: This is a digitally signed message part.

Responderlle a