2009/10/24, marce <mvillar...@gmail.com>:
> O Sábado, 24 de Outubro de 2009 17:32:11 José Manuel Castroagudín Silva
> escribiu:
>> cunha GUI, en liña de ordes, proporcionándolle un ficheiro, e tamén a
>
> A versión que le de stdin sería a que habería que probar co msgexec
>
>> polo visto. Acabo de atopar as regras para o galego (son só tres
>> regras? terei que seguir buscando), que parece que no paquete que
>> proporcionan eles non vai incluído.
>
> ????? Non pode ser, eu collín as fontes ..... distribúen eles algún paquete?

http://www.languagetool.org/download/LanguageTool-0.9.9.oxt

Ese é para OOo "3.0.1 or later". As descargas están na páxina
principal (http://www.languagetool.org/). Teñen outra versión para OOo
3.0.0.

Despois descarguei as fontes, e vin que xa se está integrando o galego
(nese paquete non hai rastro del). Así que fixeches ben en ir ás
fontes, vaia.

>
>
>> Ah, e tamén funciona como unha extensión de OpenOffice (de feito,
> ... de feito é unha das alternativas que se barallan para servir de motor de
> serie para a corrección gramatical en Oo.org.
>
>> Pois... mola. Agora terei que reler as crípticas mensaxes que mandou
>> Marce no seu momento (espero que agora me entere de algo, jeje). Así
>> de memoria... había unha onde comentabas que fixeras algo co
>> pology+apertium ? Ben, si, terei que reler todas de novo.
>
> Pois si, pology consiste nunha serie de scripts, todos eles documentados

Realmente é bastante máis. De serie leva incluídos uns scripts, pero
sería fácil (de feito, case me da gana de facelo) facer un que
comprobe un .po, o pase por huspell, colla os pares de msgid-msgstr
que teñan fallos, os meta nun ficheiro temporal, o abra co editor que
lle digamos, e ao acabar faga un merge co orixinal... Podería ser útil
de carallo...

> (abondo como para aprender a empregalos lendo a documentación),
> -un deles permite facer tradución automática empregando apertium (pomtrans)
> -outro permite empregar subscripts: posieve
>   --un subscript permite empregar LanguageTools (check-grammar)
>   --outro permite corrixir a ortografía a través de enchant, e polo tanto de
> hunspell (check-spell-ec)
>   --outro permite comprobar que as etiquetas xml estexan correctas (check-
> docbook4 e check-xml-kde)
>
>  -- e check-rules é como o anel ese que  un tal Frodo Bolsón estivo durante
> tres anos tentando destruír: permite aplicar todo á vez
>
>   --bad-patterns é como unha versión lixeira do anterior.
>
>
>> Aproveito xa de paso para recordar a existencia do programa "msgexec"
>> (man msgexec), que creo que vai dentro das gettext tools, e que
>> permite, por exemplo, facer cousas como:
>>
>> msgexec -i gl.po hunspell -a
>
> A saída non é similar, a de pology está moito máis traballada para ser de
> utilidade para persoas.
> http://mailinglist.lxde.org/pipermail/translation/2009-October/000389.html

Si, a capacidade de abstracción deste framework (véxase o cacho de
código que vou pegar despois), ven de pm para traballar. O feito de
coller e facer un system( hunspell -a msg.msgstr) (ou equivalente en
python, escribo de memoria e téñoo algo esquecido), e despois coller o
msg completo e pasalo a outro lado, está de PM.

cat = Catalog("hello.pot", create=True, truncate=True)
msg = Message()
msg.msgid = u"Hello, world!"
cat.add(msg)
cat.sync()


Eu o msgexec úsoo para, usando greps, sacar unha lista de palabras
erróneas. Despois, coa lista diante e o poedit aberto, vou revisando
(Control+F, e tal). Pero estas ferramentas poden vir caralludamente...

Que vos parecería abrir un fío para comezar unha "chuvia de ideas"
sobre cousas que estaría ben facer (por exemplo, o script que dixen
arriba)? Non me comprometo a nada, pero se cadra cando ande menos
liado, podería intentar facer realidade algunha delas...

-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Reply via email to