Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e
o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.

Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
primeiro usario sería Trasno.
A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
co sistema en 20 minutos.

Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións personalizadas
Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno integrado
Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
ou o que se nos ocorra > sen problema

Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo
galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os
sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.

Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado
para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para
os demais sería moi práctico.

Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e
de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e
asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
con spip aquí

http://www.spip-herbier.net/

Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.

http://plugins.spip.net/

En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco
avogacia.org:

http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures

A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
moitas iniciativas municipais, ...

http://www.spip-contrib.net/

Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano
e medio aproximadamente e listo).

Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
se queira facer más hai que romper a cachola.

P.S.
Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
sería Drupal







2009/10/29 Fran Diéguez <lis...@mabishu.com>:
>
>> Antes de que comeze a yijad dos CMS: por favor, que expoñan a súa
>> opinión os trasnegos vinculados ao glosima
>
> Que va que va yijad... para nada... eu propoño Drupal porque é o que
> coñezo e no que podería colaborar máis no traballo. pero vamos que se se
> opta por joomla pra diante.
>
> Glosima, falo dende o descoñecemento, ten o problema que non ten
> suficientes modulos e non é un CMS coñecido, e iso a nivel de buracos de
> seguridade e posibilidade de estendelo sen ter que programar ti o módulo
> é moito menor
>
> --
> Fran Diéguez
> http://www.mabishu.com         -     lis...@mabishu.com
> GPG: 43DD 1B00 035F A764 4986  E695 98BB 6626 A2A4 F9B8
>
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>

Responderlle a