2009/10/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e
>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.
>>
>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
>
> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un
> ataque por meterlle tanta présa.
>
>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
>> primeiro usario sería Trasno.
>
> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
> non só a comunidade de localización de SL ao galego.

Unha cousa non quita a outra Leandro
>
>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
>> co sistema en 20 minutos.
>
> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
> cousa estea rematada...

E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
calquera dos CMS que estamos a falar.

>
>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións personalizadas
>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno integrado
>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
>> ou o que se nos ocorra > sen problema
>>
>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo
>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os
>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.
>>
>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado
>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para
>> os demais sería moi práctico.
>>
>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e
>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e
>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
>> con spip aquí
>>
>> http://www.spip-herbier.net/
>>
>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.
>>
>> http://plugins.spip.net/
>>
>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco
>> avogacia.org:
>>
>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures
>>
>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
>> moitas iniciativas municipais, ...
>>
>> http://www.spip-contrib.net/
>>
>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano
>> e medio aproximadamente e listo).
>>
>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
>> se queira facer más hai que romper a cachola.
>>
>> P.S.
>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
>> sería Drupal
>
> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal,
> Joomla e Spip, algún outro?

Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que
a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
anglosaxón.

>
> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non
> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un
> voto sen razoamento ningún detrás.

Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.

> Noutra mensaxe respondo á mensaxe do presidente Branco.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
>

Responderlle a