Boas, o certo é que esperaba evitar ter que escribir a conto deste tema, jeje. Vou ser breve, que pouca cousa teño que dicir:
- En principio, dáme un pouco igual que CMS empregar. Pero si que vexo que o wiki actual quédase un pouco escaso. Por outra parte, o wiki valeríame perfectamente, pero igual daba moito traballo poñelo nun formato "máis dinámico" (que a portada se mova máis, engadir noticias, etc, etc. - Peeero (sempre hai un pero), se se quere probar o sistema este Glósima, pode que sexa conveniente montar a web arredor del (soa algo pretencioso, e non queria que soase así). Evitaría ter que dar de alta usuarios en dous (ou máis) sitios, p.ex. Ademais, dou fe do que di Antón: este choio ten plugins para facer unha chea de cousas. Mal será que atopemos algo que non se poida facer, vaia. Poderíase facer unha "ffase de proba" con spip, a ver que tal parece. Afacerse ao funcionamento do spip pode levar un tempo, pero tampouco é para tanto. Igual Antón nos permite facer probas en certima.net ...? Despois: se se quixer desenvolver algo en spip, a cousa é algo complicada, máis que nada porque estes franchutes son _moi_ franchutes, e a documentación está en gabacho :( . Pero penso que, sendo realistas, non debería haber necesidade de chegar a desenvolver nada (realmente non o sei. Pero pódense ir facendo probas se tal... Despois, se vemos que queda curto, pois falamos outra vez...). Neste caso Antón é o "grande experto". Se tendes dúbidas, ou pensades que imos necesitar algo, ou hai algunha característica que pensedes que a web deba ter, comentádello a el, que el saberá como se pode facer, ou se non se pode facer, ou o que sexa. Se spip ten todo o que vaiamos necesitar, eu votaría por darlle unha proba. 2009/10/29, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>: >>>>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña >>>>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en >>>>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e >>>>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo. >>>>> >>>>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un >>>>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre >>>> >>>> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un >>>> ataque por meterlle tanta présa. >>>> >>>>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o >>>>> primeiro usario sería Trasno. >>>> >>>> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e >>>> non só a comunidade de localización de SL ao galego. >>> >>> Unha cousa non quita a outra Leandro > > Son consciente. > >>>>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo >>>>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de >>>>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha >>>>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse >>>>> co sistema en 20 minutos. >>>> >>>> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código! >>>> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a >>>> cousa estea rematada... >>> >>> E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un >>> wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con >>> calquera dos CMS que estamos a falar. > > :) Durante os próximos anos igual teño tempo... > >>>>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos >>>>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado >>>>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado >>>>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións >>>>> personalizadas >>>>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno >>>>> integrado >>>>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas >>>>> ou o que se nos ocorra > sen problema >>>>> >>>>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo >>>>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e >>>>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os >>>>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de >>>>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar. >>>>> >>>>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario. >>>>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case >>>>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o >>>>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado >>>>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo >>>>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para >>>>> os demais sería moi práctico. >>>>> >>>>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro, >>>>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e >>>>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e >>>>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo >>>>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis >>>>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A >>>>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que >>>>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio >>>>> con spip aquí >>>>> >>>>> http://www.spip-herbier.net/ >>>>> >>>>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a >>>>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode >>>>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos >>>>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática. >>>>> >>>>> http://plugins.spip.net/ >>>>> >>>>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un >>>>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco >>>>> avogacia.org: >>>>> >>>>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures >>>>> >>>>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta, >>>>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa >>>>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella >>>>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a >>>>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa >>>>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén >>>>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique, >>>>> moitas iniciativas municipais, ... >>>>> >>>>> http://www.spip-contrib.net/ >>>>> >>>>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios >>>>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É >>>>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip >>>>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en >>>>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio >>>>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita >>>>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano >>>>> e medio aproximadamente e listo). >>>>> >>>>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que >>>>> se queira facer más hai que romper a cachola. >>>>> >>>>> P.S. >>>>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción >>>>> sería Drupal >>>> >>>> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal, >>>> Joomla e Spip, algún outro? >>> >>> Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que >>> a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio >>> anglosaxón. > > Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor. > >>>> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non >>>> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un >>>> voto sen razoamento ningún detrás. >>> >>> Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor >>> sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS. >>> Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén. >> >> Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está >> enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro, >> porque el ten pelexado coas tripas do cms. >> >> A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio >> en spip. Iso si. > > Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a > verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses > como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non > diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non > tería base ningunha. > > Ata logo, > Leandro Regueiro > > > -- > To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net. > -- Saúde, Chaves - http://chav.es