>>>> Non pretendo facer un argumentario técnico sobre spip. Pero pola miña
>>>> experencia spip dá de sobra para todo o que se poida necesitar en
>>>> Trasno, especialmente polo indicado que é como medio de comunicación e
>>>> o compromiso entre flexibilidade e facilidade de manexo.
>>>>
>>>> Un pequeno grupo de trasnegos levamos traballando en desenvolver un
>>>> sistema <papá_orgulloso> case definitivo </papá_orgulloso> sobre
>>>
>>> Non poñas o carro antes dos bois, que igual ao desenvolvedor lle da un
>>> ataque por meterlle tanta présa.
>>>
>>>> terminoloxía que se monta sobre spip. Sempre tivemos na cabeza que o
>>>> primeiro usario sería Trasno.
>>>
>>> A miña idea era que participara xente interesada de todas partes, e
>>> non só a comunidade de localización de SL ao galego.
>>
>> Unha cousa non quita a outra Leandro

Son consciente.

>>>> A idea de facer o sistema sobre o CMS e non cun aplicativo
>>>> independente foi precisamente esa. Todo-en-un, estábel, sinxelo de
>>>> administrar, personalizábel... Francamente gustaríame ter unha
>>>> oportunidade de seducirvos con el. Calquera colaborador pode facerse
>>>> co sistema en 20 minutos.
>>>
>>> Heiii!! Ti dixérasnos que era para escribir menos código!
>>> Enganáchesnos! :) Eu non descarto reescribir todo dende cero cando a
>>> cousa estea rematada...
>>
>> E farás moi ben e incluso farías mellor se puideses programar un
>> wrapper para que o sistema de terminoloxía fose compatíbel con
>> calquera dos CMS que estamos a falar.

:) Durante os próximos anos igual teño tempo...

>>>> Necesitamos un sistema de decisión terminolóxica? > xa o temos
>>>> Necesitamos un wiki ?> spip teño integrado
>>>> Necesitamos un foro á phpBB ?> spip teno integrado
>>>> Necesitamos estrutura por proxectos > spip pode xerar seccións 
>>>> personalizadas
>>>> Necesitamos blogs de proxectos pequenos ou persoais > spip teno integrado
>>>> Necesitamos xestionar documentación, descargas, etc con estatísticas
>>>> ou o que se nos ocorra > sen problema
>>>>
>>>> Podemos contribuír co propio CMS á comunidade, xa que precisa un grupo
>>>> galego, que non ten. Especialmente accesíbel para centros docentes e
>>>> asociacións e en que tanto Joomla como Drupal teñen moito máis quen os
>>>> sosteña, especialmente este último (dada a aposta da Consellaría de
>>>> Educación por el). Creo que é un argumento para considerar.
>>>>
>>>> Podo falar como mantedor oficial da versión galega e como usuario.
>>>> Levo traballando, en sitios "complexos", sen saber programación, case
>>>> 7 anos con SPIP. É iso un valor? para min si, especialmente porque o
>>>> fluxo de publicación e ordenación de contidos é moi accesíbel, pensado
>>>> para un colaborador basicamente antes que para un desenvolvedor. Creo
>>>> que para os que tedes coñecementos de código é trivial afacerse e para
>>>> os demais sería moi práctico.
>>>>
>>>> Spip é un software francés en orixe, e iso nótase nas tripas, claro,
>>>> moi ben construído a nivel de código, ten unha amplísima base social e
>>>> de usuarios en países francófonos, especialmente no ámbito educativo e
>>>> asociativo onde son moi frecuentes as situacións de bilingüismo
>>>> francés-inglés (ou outros idiomas). No ámbito hispano é moito máis
>>>> coñecido en latinoamérica; en España especialmente en Cataluña. A
>>>> información sobre spip está moito máis en www.spip-contrib.net ca que
>>>> spip.net pero podedes ver o creativo e precioso que pode ser un sitio
>>>> con spip aquí
>>>>
>>>> http://www.spip-herbier.net/
>>>>
>>>> Sobre módulos e complementos... a varrer, de todo tipo... a
>>>> instalación básica de spip case non dá nin remota idea do que se pode
>>>> facer. O feito de que a orixe non sexa inglesa é o que o fai menos
>>>> coñecido, porque o inglés monopolízao todo na informática.
>>>>
>>>> http://plugins.spip.net/
>>>>
>>>> En Galicia usan spip por exemplo Escoitar.org, que desenvolveu un
>>>> plugin de xeolocalización, codigocero.com e entre outros ata hai pouco
>>>> avogacia.org:
>>>>
>>>> http://www.spip.net/gl_article2327.html?debut_signatures=10#pagination_signatures
>>>>
>>>> A idiosincrasia de spip, implica unha comunidade horizontal e aberta,
>>>> incluso "demasiado" pouco xerarquizada. Moi militante canto á defensa
>>>> tanto do software libre como da "Internet libre". Un pouco da vella
>>>> escola, a comunidade utiliza listas de correo e irc para a
>>>> comunicación. A comunidade ten unha exquisita sensibilidade coa
>>>> riqueza lingüística e coa filosofía de traballo asociativo pero tamén
>>>> o utiliza o goberno, medios de prensa como Le Monde Diplomatique,
>>>> moitas iniciativas municipais, ...
>>>>
>>>> http://www.spip-contrib.net/
>>>>
>>>> Spip é totalmente php (máis javascript e ajax), compatíbel con varios
>>>> sxbd, así que á hora de programar nada hai innaccesíbel. É
>>>> superflexíbel e personalizábel. Practicamente non hai un sitio spip
>>>> que se pareza a outro. A nivel de seguridade só recordo 2 buratos en
>>>> todo ese tempo, que foron inmediatamente corrixidos como é propio
>>>> dunha comunidade vivísima e do propio SL. A min sempre me deu moita
>>>> tranquilidade e estabilidade nos servizos (unha actualización cada ano
>>>> e medio aproximadamente e listo).
>>>>
>>>> Non pretendo dicir que se monta el só. Segundo a complexidade do que
>>>> se queira facer más hai que romper a cachola.
>>>>
>>>> P.S.
>>>> Tanto Joomla como Drupal son tamén excelentes. A miña segunda opción
>>>> sería Drupal
>>>
>>> Que ninguén mo tome a mal, pero xa descubrimos aos talibáns do Drupal,
>>> Joomla e Spip, algún outro?
>>
>> Talibán non creo, pero entendo que a spip hai que "explicalo" máis que
>> a outros, precisamente por non estar favorecido polo dominio
>> anglosaxón.

Non o dicia como insulto. Que ninguén mo tome a mal, por favor.

>>> Agora en serio, Antón pediume o voto para Spip, pero sinceramente non
>>> sei cales son as diferencias entre uns e outros e o meu voto sería un
>>> voto sen razoamento ningún detrás.
>>
>> Si que cho pido, máis que o "voto" a túa opinión como desenvolvedor
>> sobre spip, aínda que estiveses máis ben pelexando coa BD que co CMS.
>> Por que? porque así o pedía antes Marce neste fío tamén.
>
> Tamén cho pido porque como Castroagudín o outro desenvolvedor, está
> enfermo non sei se estará para intervir. Nin sei o que opinará, claro,
> porque el ten pelexado coas tripas do cms.
>
> A min, váleme ao final calquera, repito. Só que podería dar máis apoio
> en spip. Iso si.

Igual que outra xente poderá dar máis apoio nos outros CMS. Eu a
verdade é que non sei case nada do tema. Seguramente usei todos eses
como usuario, o Drupal polo menos, e básicamente podo dicirvos que non
diferencio uns dos outros, así que insisto en que a miña opinión non
tería base ningunha.

Ata logo,
                  Leandro Regueiro

Responderlle a