Baseándome nas conversas que mantiven con algúns membros de Trasno, os correos que fun lendo e en algunha idea personal, quería deixarvos a miña opinión. A parte técnica deixareina de lado, xa que non a vexo especialmente importante polo momento.

1.- Correo Electrónico

Manter un servidor de correo, conleva moito tempo e traballo (spam, listas negras, etc...) eu son dos partidarios do uso de Google Apps Gratuito (ten como límite 50 buzóns de correo) e moi cómodo, a interfaz é coñecida (moitos usdes contas de google) e tes un gran equipo de xente, a que lle pagan para que o sistema funcione ben.

2.- Roldas de correo.

Eu sería partidario do uso de Mailman (http://www.gnu.org/software/mailman/index.html ) proxecto GNU, moi estendido, estable e moi funcional.

3.- Web
3.1- Web (cms)

A día de hoxe, a web que tedes e unha wiki montada con dokuwiki. Tal vez pode que sexa útil dispoñer dun cms e unha wiki por separado. A hora de usar un cms, a opción de joombla, non me parece a mellor, ten a ventaxa de ser moi sinxelo, e de que en escasos 10 min tes una web funcional, pero paréceme moi inseguro, e botando un ollo a milw0rm, Joombla é un dos cms mais recurrentes a hora de intentar atacar. Drupal e moito mais complexo inicialmente, pero paréceme moito más robusto e fiable, eu decantaríame por este último. Outras opcións poderían ser MovableType (http://www.movabletype.org/) ou o que barallades alguns de vos, SPIP, eu SPIP non o coñecía, se me dades un par de dias, botolle un ollo.
        
3.2- Web (wiki)

Dokuwiki e un bo xestor, pero pode que se quede algo curto para Trasno. Pensaría en MediaWiki ou MoinMoin (http://moinmo.in) a ventaxa de moinmoin e o soporte para ACLs (lista de control de acceso) opción que MediaWiki non ten, a desventaxa, e un chisco complicada a sua instalación.

3.3- Web (blogs)

Algunhas das opcións que coñezo son Apache roller (http://roller.apache.org/ ) usado por R para a sua plataforma de blogs. MovableType, usado por microsiervos e Wordpress MU, usado por blogaliza. Eu sería partidario de wordpress MU + un planet. O separo do cms, xa que os blogs da comunidade parécenme unha cousa e as noticias do proxecto, outra ben distinta que non deben de estar mesturadas.

3.4- Web (outors..)

        Descoñezo se faría falla algunha outra utilidade... ¿Comentarios?

4.- FTP

Elexir un servidor ou outro e o de menos agora mesmo, o principal e ter claro o suo que se lle quere dar. Antón Méixome comentabame o seguinte:

"[...] O uso principal sería aloxar contidos de todo tipo de modo estruturado: po, tmx, aplicativos, manuais, imaxe gráfica, documentación da asociación, aloxamento de proxectos persoais ou copias de seguranza que se nos confíen, doutros sitios, por exemploguls ou proxectos persoais [...]"

Para non facelo moi largo e tedioso, redactarei outro correo no que me centrarei nas outras utilidades e ferrmentas necesarias (corpus, glosario, forxa, etc...

Responderlle a