> Penso que non é necesario ver a elección dun cms como algo tan crítico > que non teña volta atrás. Todos sabemos que os contidos son sempre > traspasables e o que poida ter o web de Trasno tampouco vai ser > enciclopédico nin especialmente complexo. Realmente non me parece moi > útil valorar a capacidade de desenvolvemento sobre o cms como un > criterio importante para Trasno. Vexo máis útil a orixinalidade > visual, a organización e a facilidade de administración e publicación.
Paréceme que isto se está a enquistar. Nomeamos un BDFL / BOFH (benebolent dictator for life / bastard operator from hell) que se encargue de facer a instalación e configuración inicial? despois, se hai mellorías que aplicar, aplícanse e andando... Penso que inicialmente deberían ser ou Bouzada, ou Fran ou alguén con presenza no gpul.