2009/11/6 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesu...@gmail.com>:
>> Eu entendo "plain text" como un arquivo que non contén marcas de formato
>> pero a nivel binario.
>>
>> Un documento html non deixa de ser texto plano, pois as marcas de formato
>> que inclue son perfectamente visibles nun editor simple [non deixan de ser
>> texto] e non dependen dunha aplicación específica para a súa
>> creación/modificación.
>
> Non o teño nada claro. Eu diría que html (e xml) non son "plain text".
> Por poñer un exemplo, os "mimetypes" do servidor Apache creo recordar
> que diferenciaban "text/plain" de "text/html" e, así de memoria
> "application/xml" (xa digo, falo de memoria, e non me apetece abrir
> unha consola para ir mirar, jejeje)...
>
> Igual temos que andar con moito coidado, porque as diferenciacións
> poden ser máis sutís que "pódese abrir nun editor de texto ou non"...
>
> E, si considerásemos que un html é "texto plano", pouco faltaría para
> dicir que un .odt tamén o é... pois é pouco máis ca un xml (creo
> recordar, de novo, jejeje)

Penso que a diferenza entre «plain text» e
«dallecandallecacadelaemiña» non debe ser vista desde o pdv do que é
_internamente_ o ficheiro, senón de _como se dá por suposto que vai
ser visto_, isto é: é nacido para o editor de texto, para o
%procesador de texto%, ou para o %visor% ? (onde %procesador de texto%
pode ser lido tamén como calquera sistema que garde relación final cun
wysiwyg, e %visor% calquera que garde relación cun navegador, por
exemplo.
Internamente, un ficheiro OASIS odt é un arquivo zip que leva
empaquetados varios ficheiros xml (e posibelmente outras cousas), que
poden lerse e editarse cun editor de textos (kwrite, por ex.), igual
que un ficheiro html, pero desde logo non son nacidos para iso, senón
para ser visualizados através dun navegador ou procesador do formato
en cuestión.

Un correo electrónico normalmente é un ficheiro «plain text».
Significa esta afirmación que esta mensaxe carece de algo que poda
facilmente definirse como «formato»?

E, se «plain text»(txt) é «texto gromenaurer», entón o «rich text»(rtf) que é?

Responderlle a