Moi boas! :)

O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico
superior en administración de sistemas informáticos.

O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir
software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes
totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel.

O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como
proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro
trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai
pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...

Un gran saúdo e moitas grazas a todos! :)

Responderlle a