2009/11/16 Ulfe <ulfe1...@secretarias.com>: > Moi boas! :) > > O meu nome é Ricardo Parada, estou a sacarme o título de Técnico > superior en administración de sistemas informáticos. > > O labor que estades a realizar todos paréceme encomiábel, traducir > software (e libre) ao noso idioma é algo fantástico. Pois aquí me tedes > totalmente disposto a colaborar na medida do posíbel. > > O meu obxectivo por agora é facer algo sinxelo que poida utilizar como > proxecto para o curso, xa que este último curso é moi curto (o terceiro > trimestre consiste en prácticas nunha empresa) e bastante denso e hai > pouco tempo, pero sería xenial poder colaborar plenamente...
Ola e benvido. Aquí dedicámonos basicamente a traducir software libre ao galego. Non entendo moi ben que é o que queres dicir con iso do proxecto. Poderiaste explicar algo mellor?