En 24/05/10 09:41, Fran Dieguez escribiu:
> Ola aos dous,
>
> pois podedes ver os ficheiros en
> http://l10n.gnome.org/languages/gl/freedesktop-org/ui/
> aínda que os freedesktop son un pouco complicados porque teñen moitos
> tecnicismos e poden probarse directamente xa que a meirande parte son
> bibliotecas.
>    
Pois si, estívenos vendo e teñen moitos tecnismos. Aínda que dalgún 
ficheiro podería traducir bastantes cadeas, non sei se é mellor deixalo 
para alguén que poida traducilo todo.

Por certo esta mensaxe chegoume por medio do correo de trasno e non do 
de gnome.
> Carlos, alédome que te uniras a esta familia, se te ves cunhas poucas
> forzas podes coller o glabels (http://www.glabels.org/) do cal podes
> descargar a tradución desde
>    
>> http://l10n.gnome.org/module/po/glabels.po.glabels_2_2.gl.po
>>      
> son unhas 600 cadeas pero coido que son bastante sinxelas.
>
> "gLabels is a program for creating labels and business cards for the
> GNOME desktop environment."
> O máis seguro é que terás que consultar a San Google pola tradución de
> tamaños de papel, formatos e demais...
>
> Saúdos
>
>
> O Lun, 24-05-2010 ás 09:10 +0200, Carlos Real escribiu:
>    
>> Ola:
>>
>> Eu tamén podo colaborar coas traducións de freedesktop.org. Tendo en
>> conta que son novato nisto, é boa cousa empezar con traducións pequenas.
>> Dime por onde podo empezar.
>>
>> Un saúdo
>>
>> Carlos Real
>>
>>
>> O Dom, 23-05-2010 ás 01:33 +0200, Fran Diéguez escribiu:
>>      
>>> Ola rapaces,
>>>
>>> alguén de vos ten unha conta en http://www.transifex.net/ en damned lies
>>> teño algunhas traducións que están centralizadas aló:
>>>        
>>>> http://l10n.gnome.org/vertimus/shared-mime-info/master/po/gl
>>>>
>>>>          
>>> Por outra banda teño que remitir traducións ao Translation Project que
>>> está "rematadas". Alguén ten contacto cos membros do grupo?
>>>
>>> E xa por último: hai uns módulos do freedesktop.org que son interesantes
>>> para traducir: plugins de gstreamer, o gstreamer, xkeyboard... alguén
>>> quere colaborar e coller algún? Son ficheiros de 150 cadeas mais ou
>>> menos...
>>>
>>> Saúdos
>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>        
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto en trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>      
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>    

Responderlle a