Ola Marcos! 

> Pois si, estívenos vendo e teñen moitos tecnismos. Aínda que dalgún 
> ficheiro podería traducir bastantes cadeas, non sei se é mellor deixalo 
> para alguén que poida traducilo todo.
> 
Pois se podes/queres vai traducindo o que poidas e logo xa nos
encargamos de completalo.

> Por certo esta mensaxe chegoume por medio do correo de trasno e non do 
> de gnome.

Envieino a esta rolda porque os aplicativos de freedesktop non pertencen
a GNOME, GNOME ten unha copia porque son dependencias. Logo de traducilo
teriase que remitir aos proxectos orixinais como fixen eu con WebKitGtk
onte.

Saúdos.


Reply via email to