De acordo, póñome co glabels

Carlos Real

O Lun, 24-05-2010 ás 09:41 +0200, Fran Dieguez escribiu:
> Ola aos dous,
> 
> pois podedes ver os ficheiros en
> http://l10n.gnome.org/languages/gl/freedesktop-org/ui/
> aínda que os freedesktop son un pouco complicados porque teñen moitos
> tecnicismos e poden probarse directamente xa que a meirande parte son
> bibliotecas.
> 
> Carlos, alédome que te uniras a esta familia, se te ves cunhas poucas
> forzas podes coller o glabels (http://www.glabels.org/) do cal podes
> descargar a tradución desde 
> > http://l10n.gnome.org/module/po/glabels.po.glabels_2_2.gl.po
> son unhas 600 cadeas pero coido que son bastante sinxelas. 
> 
> "gLabels is a program for creating labels and business cards for the
> GNOME desktop environment."
> O máis seguro é que terás que consultar a San Google pola tradución de
> tamaños de papel, formatos e demais...
> 
> Saúdos
> 
> 
> O Lun, 24-05-2010 ás 09:10 +0200, Carlos Real escribiu:
> > Ola:
> > 
> > Eu tamén podo colaborar coas traducións de freedesktop.org. Tendo en
> > conta que son novato nisto, é boa cousa empezar con traducións pequenas.
> > Dime por onde podo empezar.
> > 
> > Un saúdo
> > 
> > Carlos Real
> > 
> > 
> > O Dom, 23-05-2010 ás 01:33 +0200, Fran Diéguez escribiu:
> > > Ola rapaces,
> > > 
> > > alguén de vos ten unha conta en http://www.transifex.net/ en damned lies
> > > teño algunhas traducións que están centralizadas aló: 
> > > > http://l10n.gnome.org/vertimus/shared-mime-info/master/po/gl
> > > > 
> > > Por outra banda teño que remitir traducións ao Translation Project que
> > > está "rematadas". Alguén ten contacto cos membros do grupo?
> > > 
> > > E xa por último: hai uns módulos do freedesktop.org que son interesantes
> > > para traducir: plugins de gstreamer, o gstreamer, xkeyboard... alguén
> > > quere colaborar e coller algún? Son ficheiros de 150 cadeas mais ou
> > > menos...
> > > 
> > > Saúdos
> > > 
> > > 
> > > 
> > > _______________________________________________
> > > Proxecto mailing list
> > > Proxecto en trasno.net
> > > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> > 
> > 
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto en trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> 
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Responderlle a