2010/5/25 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>

> 2010/5/25  <certima en certima.net>:
> > Home, a ver se por fin temos a tradución do Geany.
> >
> > Sobre a base do que ti interpretas, mellor que ninguén, propoño facer
> máis
> > clara a tradución.
> >
> > 2010/5/25 José Manuel Castroagudín Silva <chavescesures en gmail.com>
> >>
> >> Boas,
> >>
> >> estes días conxélase a tradución do editor/ide Geany. E andei onte e
> >> máis hoxe completando, revisando e tal. Ben, pois hai un par de cadeas
> >> que non entendo (ou "case" entendo). Non sei se as entendo, pero
> >> puiden máis ou menos transliteralas, e intentar que tivesen sentido...
> >> vaia, que para non aburrirvos máis, son as seguintes:
> >>
> >> "Set the Build non-filetype working directories to use base path:"
> >>
> >
> > Estabelecer que, os cartafoles de operacións para ficheiros non
> asociados,
> > usen o camiño base:
> >
> >>
> >> "Set the working directories (on the Build tab) for the non-filetype
> >> build commands to use the base path"
> >>
> >
> > Estabelecer que, dentro do separador Construír, os cartafoles de
> operacións
> > para ordes sobre tipos de ficheiros non asociados a el, usen o camiño
> base
> >
> >>
> >> Tiven ademais certos problemas para compilar esta versión do programa,
> >> así que non podo asegurar con certeza onde aparecen. Pero, pola miña
> >> experiencia con cadeas similares no mesmo programa, ten toda a pinta
> >> de que aparecerán nun diálogo tipo "preferencias", e de que a segunda
> >> será un "tooltip" que aclarará o que quere dicir a primeira, que
> >> seguramente leve un "checkbox". Que manda nabo que iso segundo sexa
> >> unha explicación, pero vaia...
> >>
> >> Resumindo: polo de agora, téñoas máis ou menos tal que así:
> >>
> >> "Configurar que os directorios de traballo para construír os ficheiros
> >> sen tipo de ficheiro definido usen o camiño base:" (a primeira), e
> >>
> >> "Configurar que os directorios de traballo (no separador de
> >> 'construír') para as ordes de construír sen tipo de ficheiro definido
> >> usen o camiño base" (a segunda)
> >>
> >> Sei que apenas ten sentido... pero é que no orixinal tampouco lle vexo
> >> moito que digamos. Védeslle vos algún sentido? Que supoñedes que pode
> >> querer dicir? Eu entendo algo así:
> >>
> >> Existe un camiño base, que se pode configurar non recordo onde. E
> >> existen determinados tipos de ficheiro (.c, .php, .js...) que o editor
> >> "comprende". Ben, pois este "setting" fai que o "directorio de
> >> traballo" dos ficheiros que non "comprende" sexa o famoso camiño base
> >> ese de marras. Debe ser isto, non?
>
> Sinceramente pregúntalle aos desenvolvedores. E se ves que tal
> pídelles que poñan comentarios para os tradutores e que se poden poñan
> frases máis fáciles de entender.
>
> >> Por certo, cambiei todos os "ruta" por "camiño". Aínda sen estar moi
> >> convencido que digamos. Botei un ollo ao lurker, e parecía que non
> >> estabamos todos moi de acordo...
> >
> > Creo que xa se pode considerar consensual, aínda que inestable.
>
> Eu sigo sen aceptar iso. Para min "ruta" e "camiño" son cousas diferentes.
>

+1

non ten que ver por onde vou con cara a onde vou


> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100525/c7400ddb/attachment-0001.htm>

Responderlle a