Boas.

Eu non sei como facemos pero cada dous por tres volvemos a debater os
mesmos termos.

Se recuperades fíos, xa se falou e ata de porque non valía ruta e
tampouco o de camiño para o tema do debuxo vectorial. Xa non recordo
moi ben, pero creo que se comezou a empregar camiño e eu estou a
aplicalo como se estivera fixado. Se decidimos optar por ver o que
facía outros idiomas e na maior parte deles optan pola vía de camiño e
deixar ruta para cousas específicas, sigamos o exemplo. A verdade, é
que eu son (ou tería que ser programador) e a min o termo que non me
reporta dúbidas é path, o resto vaime soar raro e case que calquera
desenvolvedor diravos o mesmo.

Eu cando traduzo e sobre todo a xente que comeza, non nos axuda nada
que cada dous por tres se poña en dúbidas moitos termos. Haberá que
ceder e punto, uns cederán neste termo e outros noutro.

Xente, temos que avanzar. Se queremos homoxeneidade e calidade nas
traducións temos que ter claro como se traducen termos tan básicos e
que aparecen en todos os aplicativos dunha vez.

Bueno, a ver se decidimos dunha vez como o traducimos. Porque cada 3-6
meses sacar o tema e non acordar nada, é desesperante.

Non me tomedes a mal. A min vaime dar igual, o problema vai vir que
cando acordemos vamos ter que corrixir moitas traducións de dios. Eu
adáptome o que se decida, teño as miñas preferencias, pero somos
poucos e temos que optimizar os recursos.

Unha aperta.

2010/5/26 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>:
>> > Como ben podes ver todo está "en discusión". Eu concordo en manter as
>> >
>> >  dúas traducións, e se o resto da xente está de acordo só queda
>> >  discutir en que caso se aplica cada tradución. A miña idea é usar
>> >  "ruta" para os casos normais de "path" e usar "camiño" para o ámbito
>> >  das imaxes vectoriais.
>>
>> Eu concordo con Leandro:
>> - especializar o uso de camiño e reservalo na medida do posíbel para o
>> contexto do debuxo vectorial,
>> - empregar r[u|o]ta para referirse a cuestións relativas a ficheiros e
>> sistemas de ficheiros.
>
> +1
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>

Responderlle a