Que eu saiba, son minoría os que optan por camiño.

O feito de que veña dunha decisión de mancomún, para min non lle da validez,
e como digo, canto máis explican a diferenza entra camiño e ruta máis
entendo que, salvo excepcións moi concretas (como o caso de inkscape),
falase dunha ruta. Sempre que un enderezo teña vectores definidos será unha
ruta, o paso entre vectores si que pode ser un camiño, ou un enderezo sen
vectores definidos tamen pode ser camiño.

Nota: rota é un apócope do termo mariñeiro derrota,

2010/5/26 Enrique Estévez Fernández <keko.gl en gmail.com>

> Boas.
>
> Eu non sei como facemos pero cada dous por tres volvemos a debater os
> mesmos termos.
>
> Se recuperades fíos, xa se falou e ata de porque non valía ruta e
> tampouco o de camiño para o tema do debuxo vectorial. Xa non recordo
> moi ben, pero creo que se comezou a empregar camiño e eu estou a
> aplicalo como se estivera fixado. Se decidimos optar por ver o que
> facía outros idiomas e na maior parte deles optan pola vía de camiño e
> deixar ruta para cousas específicas, sigamos o exemplo. A verdade, é
> que eu son (ou tería que ser programador) e a min o termo que non me
> reporta dúbidas é path, o resto vaime soar raro e case que calquera
> desenvolvedor diravos o mesmo.
>
> Eu cando traduzo e sobre todo a xente que comeza, non nos axuda nada
> que cada dous por tres se poña en dúbidas moitos termos. Haberá que
> ceder e punto, uns cederán neste termo e outros noutro.
>
> Xente, temos que avanzar. Se queremos homoxeneidade e calidade nas
> traducións temos que ter claro como se traducen termos tan básicos e
> que aparecen en todos os aplicativos dunha vez.
>
> Bueno, a ver se decidimos dunha vez como o traducimos. Porque cada 3-6
> meses sacar o tema e non acordar nada, é desesperante.
>
> Non me tomedes a mal. A min vaime dar igual, o problema vai vir que
> cando acordemos vamos ter que corrixir moitas traducións de dios. Eu
> adáptome o que se decida, teño as miñas preferencias, pero somos
> poucos e temos que optimizar os recursos.
>
> Unha aperta.
>
> 2010/5/26 Adrián Chaves Fernández <adriyetichaves en gmail.com>:
> >> > Como ben podes ver todo está "en discusión". Eu concordo en manter as
> >> >
> >> >  dúas traducións, e se o resto da xente está de acordo só queda
> >> >  discutir en que caso se aplica cada tradución. A miña idea é usar
> >> >  "ruta" para os casos normais de "path" e usar "camiño" para o ámbito
> >> >  das imaxes vectoriais.
> >>
> >> Eu concordo con Leandro:
> >> - especializar o uso de camiño e reservalo na medida do posíbel para o
> >> contexto do debuxo vectorial,
> >> - empregar r[u|o]ta para referirse a cuestións relativas a ficheiros e
> >> sistemas de ficheiros.
> >
> > +1
> >
> > _______________________________________________
> > Proxecto mailing list
> > Proxecto en trasno.net
> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
> >
> >
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100526/31c70edb/attachment-0001.htm>

Responderlle a