Bueno, estiven algo atarefado, pero hoxe tiven tempo para aplicar o falado na 
lista de correo.

  Apliquei os parches que me mandou Solla de correccións nas formacións 
verbais (gústame isto dos parches).

  As letras que non forman parte do alfabeto galego non están incluídas. 
Porén, as palabras presentes no VolGa que as utilizan seguen sendo 
completamente válidas.

  Engadidas ao gl.dic as palabras: gray, becquerel, estereorradián e katal. 
Asemade, á unidade «henry», que xa estaba presente, lle engadín a forma 
plural.

  Agora o corrector dá por válido °, que ademais de utilizarse ─como forma 
alternativa─ para escribir °C, utilízase para escribir graos de ángulos 
(por 
exemplo: 90°).

  Asemade, engadín o signo de puntuación «─», que ata agora estaba como 
incorrecto. É o que utilicei no parágrafo anterior, e escríbese na 
disposición 
de teclado «es» mediante a combinación de teclas «Alt Gr + Maiús + ,». 
Asumo 
que é o carácter unicode correspondente a dita función. Se non o é, que 
alguén 
mo indique (e a poder ser que me indique tamén cal é o correcto para dita 
función, pois teño claro que non é o guión «-»).

  Engadido queda tamén o símbolo da suma (+), que non é raro de ver nun 
texto 
corrente, así coma o símbolo de igual (=).

  Engadidos os símbolos internacionais de linguas: ar, br, ca, cy, da, de, el, 
eo, es, eu, fi, fr, gl, it, ja, ko, la, nl, oc, pt, ro, ru, sv, zh.

  Engadíronse todos os símbolos monetarios internacionais listados en 
«http://www.xe.com/iso4217.php». Engadíronse tamén os comentados por Antón 
de 
antigas moedas europeas.

  Non engadín ningunha abreviatura de materia nin de nada (e estou pensando en 
“comentar” as que xa están presentes) dado que o corrector ignora o punto 
á 
hora de corrixir, polo que as dá como malas aínda que estean presentes no 
gl.dic. Descoñezo se existe unha solución para isto (aparte de que pode que 
engadindo o punto á variable WORDCHARS quizais por consola os trague o 
corrector). Non sei se isto se podería solucionar co uso de regras de 
composición (COMPOUNDRULE, e outras), pero de momento non atopei ningún 
exemplo deste tipo de regras ao que botar mano para entendelas. A 
documentación do hunspell deixa bastante que desexar, a verdade.

E agora a outras cousas. É unha mágoa non saber como solucionar o do punto 
das 
abreviaturas (sen ter que dar por boa a abreviatura sen punto). A ver se algún 
de vós sabe ou se lle ocorre como facelo.

Tedes os ficheiros en http://karalladas.co.nr/hunspell-gl (collédeos antes de 
que me quiten o dominio ;).
------------ próxima parte ------------
A non-text attachment was scrubbed...
Name: non dispoñíbel
Type: application/pgp-signature
Size: 230 bytes
Desc: This is a digitally signed message part.
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100606/7ef52128/attachment.pgp>

Responderlle a