A bomba!!. Alégrame escoitar isto.

Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante.
Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos o
diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo en git,
pex, versións de proba...lanzamentos.

Que vos parece?.

A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero
teriadesme que explicar como facelo.

2010/6/23 Miguel Solla <bradomin en gmail.com>

> Miguel Solla para anton.santamar.
> mostrar detalles 16 jun (hace 7 días)
>
> Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de correo
> electrónico que figura como contacto no sitio web do VOLG (fg251051 en 
> usc.es),
> que veu devolta polo servidor.
> Unha aperta.
>
> Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de facer un
> baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo o contido do
> Vocabulario ortográfico da lingua galega para actualizar o ficheiro do
> dicionario do verificador ortográfico hunspell para a lingua galega.
> Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro próximo o
> mantemento do verificador vaia caer en mans do Proxecto Trasno (
> http://www.trasno.net/) e, no canto de andar a actualizar as eivas do
> dicionario actual cada vez que un/ha usuario/a detecta que falta algún lema,
> propúxenme, durante os meses vindeiros, actualizar, de vez, o conxunto do
> dicionario. A idea é, máis ou menos, a seguinte:
> 1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o dicionario e
> as regras de afixación que desenvolvín en 2008-2009 (o seu comportamento
> descríbese no primeiro número da revista Linguamática,
> http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e facer un
> baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A actualización
> intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica con todas as 
> clases
> de palabra. Os termos marcados como incorrectos empregaríanse para facer
> regras de suxestión de termos correctos.
> 2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o VOLG para
> facer un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse de mellorar as regras de
> afixación existentes (contemplar o superlativo sintético de adxectivos en
> -ísimo, crear regras para algúns prefixos e sufixos...).
> Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse (indicando, por
> suposto, a súa procedencia) baixo os termos da licenza GPL, por iso a miña
> consulta: non sei se un baleirado da páxina web incumpre dereitos de autor
> ou dereitos de calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso,
> diríxome a vostedes para saber a súa opinión sobre a viabilidade de levar a
> cabo o que propoño.
> Un saúdo.
>
>  Responder
>
> Reenviar
>
>
>
>
> Responder
> |
>  Antón Santamarina para usuario
> mostrar detalles 08:29 (hace 4 horas)
>
> Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a autorización
> para usalo nas condicións que indicas.
>
> Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha palabra pero son
> moi poucas (supoñendo que fosen 12, sería o 0,02%, que non afecta gran cousa
> a funcionalidade do vocabulario)
>
> Antón Santamarina
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100623/60a5a79f/attachment.htm>

Responderlle a