Pregunta en Mancomún plis para poder seguir avanzando nisto.

Iso hai que miralo, porque eu escoitara que é posíbel facer dicionarios
específicos por materia así non sobrecarga o hungspell "base". De feito
fai uns meses Xusto do SNL da USC comentoume a posibilidade de liberar
recursos propios para facer isto mesmo.

É cuestión de crear un grupo de traballo para acadar esta incríbel meta.

Saúdos

O Mér, 23-06-2010 ás 15:51 +0200, Miguel Branco escribiu:
> A bomba!!. Alégrame escoitar isto. 
> 
> 
> Btw, se de verdade hai interese en manter o diccionario aquí adiante.
> Preguntarei como está o tema en Mancomun e se non hai problema levamos
> o diccionario tal como se levaria o desenvolvemento de software: repo
> en git, pex, versións de proba...lanzamentos. 
> 
> 
> Que vos parece?. 
> 
> 
> A min interesariame manter un dicionario de bioloxía e xeoloxía, pero
> teriadesme que explicar como facelo.
> 
> 2010/6/23 Miguel Solla <bradomin en gmail.com>
>         Miguel Solla
>          para
>         anton.santamar. 
>         mostrar detalles 16
>         jun (hace 7 días) 
>         
>         
>         Envíolle unha copia da mensaxe que remitín ao enderezo de
>         correo electrónico que figura como contacto no sitio web do
>         VOLG (fg251051 en usc.es), que veu devolta polo servidor.
>         Unha aperta.
>         
>         Póñome en contacto con vostedes porque teño a intención de
>         facer un baleirado a través da páxina web do VOLG de case todo
>         o contido do Vocabulario ortográfico da lingua galega para
>         actualizar o ficheiro do dicionario do verificador ortográfico
>         hunspell para a lingua galega. 
>         Tras a desaparición de Mancomún é posible que nun futuro
>         próximo o mantemento do verificador vaia caer en mans do
>         Proxecto Trasno (http://www.trasno.net/) e, no canto de andar
>         a actualizar as eivas do dicionario actual cada vez que un/ha
>         usuario/a detecta que falta algún lema, propúxenme, durante os
>         meses vindeiros, actualizar, de vez, o conxunto do dicionario.
>         A idea é, máis ou menos, a seguinte:
>         1. Actualizar o dicionario: para o sistema verbal empregaría o
>         dicionario e as regras de afixación que desenvolvín en
>         2008-2009 (o seu comportamento descríbese no primeiro número
>         da revista Linguamática,
>         http://linguamatica.com/index.php/linguamatica/article/view/13) e 
> facer un baleirado da web do VOLG para o resto de clases de palabras. A 
> actualización intentaría fornecer o verificador de análise morfolóxica 
> con todas as clases de palabra. Os termos marcados como incorrectos 
> empregaríanse para facer regras de suxestión de termos correctos.
>         2. Nunha segunda fase, empregaríanse os sinónimos que ofrece o
>         VOLG para facer un thesaurus para o OpenOffice e trataríanse
>         de mellorar as regras de afixación existentes (contemplar o
>         superlativo sintético de adxectivos en -ísimo, crear regras
>         para algúns prefixos e sufixos...).
>         Todos os ficheiros aos que me referín distribuiríanse
>         (indicando, por suposto, a súa procedencia) baixo os termos da
>         licenza GPL, por iso a miña consulta: non sei se un baleirado
>         da páxina web incumpre dereitos de autor ou dereitos de
>         calquera outro tipo ou algunha licenza. En todo caso, diríxome
>         a vostedes para saber a súa opinión sobre a viabilidade de
>         levar a cabo o que propoño.
>         Un saúdo.
>         
>         
>         Responder
>         
>         
>         Reenviar
>         
>         
>         
>         
>         
>         
>         
>         
>         Responder
>         |
>         
>         Antón Santamarina
>          para usuario 
>         mostrar detalles
>         08:29 (hace 4
>         horas) 
>         
>         
>         
>         Vaiche o VOLGa, non fai falta que o baixas. Por suposto tes a
>         autorización para usalo nas condicións que indicas.
>         
>         Estamos pendentes de corrixir, suprimir e engadir algunha
>         palabra pero son moi poucas (supoñendo que fosen 12, sería o
>         0,02%, que non afecta gran cousa a funcionalidade do
>         vocabulario)
>         
>         Antón Santamarina
>         
>          
>         
>         
>         _______________________________________________
>         Proxecto mailing list
>         Proxecto en trasno.net
>         http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>         
> 
> 
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto


Responderlle a