2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>
>
> 2010/7/8 Antón Méixome <certima en certima.net>
>>
>>
>> 2010/7/7 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>
>>>
>>> 2010/7/2 Antón Méixome <certima en certima.net>:
>>> > Despois de consultalo un chisco:
>>> >
>>> > Mentres non teñamos unha gramatica normativa (sorpresa! non a hai) será
>>> > difícil que poidamos dicir dunha construción que é oficialmete
>>> > incorrecta.
>>> > Con todo entre os gramáticos galegos hai consenso no básico:
>>> >
>>> > A + ti, eu, ... (os pronomes) . Neste caso ademais hai que reduplicar o
>>> > pronome ( InstalouNOS a  NOS ese aplicativo)
>>> > A + un, outro...
>>> > A + todo/s...
>>> > A + calquera
>>> > ...
>>> >
>>> > Exemplo : quería tanto a un coma ao outro ( =! queria tanto un coma o
>>> > outro)
>>> >
>>> > A + nomes de persoas, referencia a persoas, entidades, etc (esta é a
>>> > forma
>>> > "moderna" en galego...)
>>> >
>>> > Sempre voto aos meus/os meus
>>> > Atopei aos/os demais confundidos
>>> >
>>> > O problema está a partir de aquí.
>>> >
>>> > Hoxe hai tendencia a usar A como apoio do OD cando se pode confundir o
>>> > SUX
>>> > con el.
>>> > Esa é a realidade do idioma pero aquí está o debate.
>>> >
>>> >   A radio informa os/aos composteláns
>>> >   As manchas de sangue delataron o/ao ladrón
>>> >
>>> > Eu optaría pola forma máis conservadora:
>>> >
>>> >   A radio informa os composteláns
>>> >   As manchas delatan o ladrón
>>>
>>> Entón en galego sería como en inglés, non?
>>>
>>> The radio informs the "composteláns"
>>
>> Si
>>
>> Ollo cos automatismos... cando na oración aparece outro OD (ou
>> semellante), o que leva A é xa un OI e daquela é obrigado o uso de A:
>>
>> A radio informa diso aos composteláns
>>
>>
>>    A proper server always shows all files, but some broken servers hide
>> files from the user.
>>
>>    Un servidor cun comportamento apropiado mostra todos os ficheiros
>> mentres que algúns servidores disfuncionais OCÚLTANLLES FICHEIROS (--OD--)
>> AOS USUARIOS (--OI--).
>>
>> Nese caso sería incorrecto dicir «ocúltanlles ficheiros os usuarios». Non
>> é que sexa incorrecto iso, é que significa outra cousa porque "os usuarios"
>> é un SUX. Todo depende do verbo concreto e da construción que rexe para 
>> unha
>> acepción determinada. A sintaxe das linguas latinas é moito máis
>> significativa (relevante) cá do inglés.
>>
>
> Outro exemplo común
>
>  Use this option to force the server to show all files.
>  Use esta opción para forzar o servidor a mostrar todos os ficheiros.

Eu teríao traducido como:

"Use esta opción para forzar que o servidor mostre todos os ficheiros."

>>> > Por que hai debate?
>>> > Tanto por influencia do castelán evidente, como pola do portugués
>>> > (segundo
>>> > din algúns autores aínda que a min me sorprende ese dato) o galego
>>> > presenta
>>> > unha situación ambigüa. Esas frases teñen a particularidade de que o
>>> > SUX (o
>>> > axente) non é "humano" mentres que o OD (o paciente) si que o é. Esa é
>>> > precisamente a estrutura contraria ao habitual
>>> >
>>> > O neno vence as dificultades (+humano, -humano)  Como se pode ver non
>>> > aparece o -A-
>>> > O paisano ocultou o rebelde (+humano, +humano)   Pode aparecer o -A-
>>> > como
>>> > reforzo
>>> > A primavera vence o inverno (-humano, - humano)   Idem
>>> >
>>> >
>>> > Creo que quedan claras dúas cousas
>>> >
>>> > - poderiamos atopar argumentos tanto para considerar ambas construcións
>>> > correctas como para considerar algunhas delas incorrectas
>>> > - o idioma está vivo e cambiando. A dirección dos cambios pode
>>> > perfectamente
>>> > variar cos anos. A forma de falar tradicional estase vendo fortemente
>>> > presionada pola forma castelá. Se nin na escrita lle ofrecemos
>>> > resistencia,
>>> > acabaremos imitando o estilo do castelán. Non se trata aquí de
>>> > "restaurar"
>>> > senón de escoller entre dúas formas vivas e marcar estilo.
>>> >
>>> >
>>> > _______________________________________________
>>> > Proxecto mailing list
>>> > Proxecto en trasno.net
>>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>> >
>>> >
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto en trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto en trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>

Responderlle a