Boas a todos,

<skipme>
estaba preparando unha notas acerca do Lokalize, cando lendo a
documentación vexo que este mete na TM todas as unidates de tradución
con independencia do seu estado de revisión e aprobado, e claro, houbo
que revisar o tema.
Mirando nas fontes, vexo que nun ficheiro jobs.cpp (iirc) liña talvez
1153, pois non, que procede só se está traducida e aprobada, e fozando
fozando... pois que fun parar no glosario e despois de moooooitas
voltas, acabei no webquery e daí repasando o historico das entregas no
repositorio, vin que Mikola hai un tempo mellorara a pesquisa no
glosario empregando stemming...... fornecido polo Hunspell (ver
http://www.manpagez.com/man/3/hunspell/).
Ea, o que lle pedira hai uns anos! Pero no canto de empregar o
snowball fíxoo co stemmer do hunspell.
</skipme>

Funciona o hunspell como stemmer cando se utiliza a lingua galega?

Grazas por adiantado,
marce

Responderlle a