Debera funcionar.
Se por stemming enténdese que calquera forma flexionada (mediante o ficheiro
.aff) vai remitir a unha forma base (stem), esta última é a que está no
ficheiro .dic
Así funciona Hunspell con todos os idiomas, non só co galego.
Estaría ben estar ao tanto para cando se poida probar se vai.


2010/7/21 mvillarino <mvillarino en gmail.com>

> Boas a todos,
>
> <skipme>
> estaba preparando unha notas acerca do Lokalize, cando lendo a
> documentación vexo que este mete na TM todas as unidates de tradución
> con independencia do seu estado de revisión e aprobado, e claro, houbo
> que revisar o tema.
> Mirando nas fontes, vexo que nun ficheiro jobs.cpp (iirc) liña talvez
> 1153, pois non, que procede só se está traducida e aprobada, e fozando
> fozando... pois que fun parar no glosario e despois de moooooitas
> voltas, acabei no webquery e daí repasando o historico das entregas no
> repositorio, vin que Mikola hai un tempo mellorara a pesquisa no
> glosario empregando stemming...... fornecido polo Hunspell (ver
> http://www.manpagez.com/man/3/hunspell/).
> Ea, o que lle pedira hai uns anos! Pero no canto de empregar o
> snowball fíxoo co stemmer do hunspell.
> </skipme>
>
> Funciona o hunspell como stemmer cando se utiliza a lingua galega?
>
> Grazas por adiantado,
> marce
>
------------ próxima parte ------------
Borrouse un anexo en formato HTML...
URL: 
<http://listas.trasno.net/private/proxecto/attachments/20100721/720e568c/attachment.htm>

Reply via email to