Ola Isaac.

Sen fallo, segue ti con el, que así teño menos cousas que atender, que
xa son moitas. Cando canses avísame. Eu son usuario de OmegaT, xa que
tento traducir con el todo o que podo. Nestes momentos, como che
comentara, tiña pendente de actualizala, xa comezara pero non
rematara.

Eu traballo directamente coa última versión de desenvolvemento, xa que
me descargo o código e o compilo. Así sempre teño o último. Agora
estou tentando de facer un filtro para que acepte algúns tipos de
ficheiros xml e poder traducilos desde OmegaT. Ademais, estou
subscrito as listas de correo e sempre que implementan algunha
novidade estou ao tanto.

A ver cando teño tempo para botarlle un ollo a tradución. Seguro que
está perfecta.

Saúdos.

2013/4/11 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>:
> Ola Enrique:
>
> Partín da túa memoria, pero mesmo dentro do programa había unhas cantas
> cadeas novas que estaban sen traducir.
>
> O meu obxectivo era, en principio, seguir mantendo a tradución, así tamén te
> libro dun lixeiro peso, mais se queres seguir ti con ela, non teño ningún
> inconveniente.
>
> Un saúdo,
>
>
> 2013/4/11 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>
>>
>> Ola Isaac.
>>
>> O proxecto que envías de OmegaT é o que che enviei eu o partiches dun
>> de cero e empregaches as memorias que tiña xerado eu? Así cando o
>> revise, só teño que revisar o que modificaches ti, xa que garda traza
>> de quen traduciu e cando.
>>
>> Non sei se tes pensado seguir mantendo a tradución, se non é o caso,
>> seguirei eu con ela como ata o de agora.
>>
>> Saúdos.
>>
>>
>> 2013/4/11 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>:
>> > Xa lle enviei as memorias a Miguel coa licenza CC-by-sa :)
>> >
>> >
>> > 2013/4/11 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>> >>
>> >> 2013/4/10 Isaac Álvarez Veiga <ialvarezv2...@gmail.com>:
>> >> > Ola a todos:
>> >> >
>> >> > Envío anexo a este correo as memorias de tradución e os documentos
>> >> > traducidos do OmegaT na súa versión 2.6.3 Full. Espero que vos sexa
>> >> > de
>> >> > axuda. Gustaríame que me puidésedes dar o visto e prace da tradución
>> >> > porque
>> >> > forma parte do meu traballo de fin de carreira.
>> >>
>> >> Con que licenza publicas a memoria? Se é con Creative Commons By-SA
>> >> poderiamos engadila a http://www.trasno.net/trasno:memorias
>> >>
>> >> Perdón por non ter aprobado antes a mensaxe, pero é que non me chegara
>> >> notificación de que estaba retida no mailman.
>> >>
>> >> Deica
>> >>
>> >> > Un saúdo
>> >> >
>> >> > --
>> >> > Isaac Álvarez Veiga
>> >> > Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
>> >> >
>> >> > _______________________________________________
>> >> > Proxecto mailing list
>> >> > Proxecto@trasno.net
>> >> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >> >
>> >> _______________________________________________
>> >> Proxecto mailing list
>> >> Proxecto@trasno.net
>> >> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> >
>> >
>> >
>> > --
>> > Isaac Álvarez Veiga
>> > Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
>> >
>> > _______________________________________________
>> > Proxecto mailing list
>> > Proxecto@trasno.net
>> > http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>> >
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
>
>
> --
> Isaac Álvarez Veiga
> Alumno de Grao en Tradución e Interpretación (galego-inglés) 4º curso
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a