Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
xeral para que me axude :)
Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?


2013/5/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>

> Máis que benvido!,
>
> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>
>
> 2013/5/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>
>> 2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>> >>
>> >> Ola,
>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>> aquel
>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>> mor das
>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>> conque xa
>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>> información
>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>> caída.
>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>> novo
>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba un
>> novo
>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>> que uso
>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>> >
>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan en
>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)  ou
>> se é
>> > que simplemente pasan de todo.
>> >
>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como digo,
>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>
>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>
>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>> buscar un xeito de simplificalo.
>>
>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>
>> Deica
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a