Xa vexo que a cousa está complicada. A verdade, eu actualmente tampouco
dispoño de cinco a dez horas a semana para adicarlle a proxectos de
traduccións alleos á carreira. Encantaríame poder colaborar como tradutor,
pero moito me temo que non vou poder ser o único que leve o proxecto, nin
moito menos ter a regularidade que algo así exise, polo menos por agora.
Sintoo moito.
Quizais debería adicarme a outro proxecto. Falouse nesta mesma cadea de
LibreOffice e Inkscape, dos que son usuarios. Quizais podería adicarme a
algún deses proxectos.


2013/5/29 Enrique Estévez Fernández <keko...@gmail.com>

> Boas.
>
> Non é tan sinxelo traducir en Mozilla. A min tardaron un ano en aceptarme
> o primeiro envío con traducións. Ademais todo é máis complexo ca iso. Se
> queres ser o coordinador vas ter que controlar con sistemas de control de
> versións, de entrada con mercurial e svn. Terás que facer mérito ata que
> acepten as túas traducións.
>
> Se queres animarte, eu tentarei axudarche, pero nas próximas semanas
> estarei desconectado, co que conta comigo para finais de xuño, antes
> imposible. Primeiro vou tentar actualizar todas as traducións e despois
> voume de vacacións.
>
> Información sobre a tradución de Mozilla:
> https://wiki.mozilla.org/L10n:Localization_Teams
> https://wiki.mozilla.org/L10n:Starting_a_localization
>
> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Initial_setup
>
> https://developer.mozilla.org/en-US/docs/Localization_Quick_Start_Guide/Translation_phase
>
> Bótalle un ollo e xa me dis que che parece. Comentarche que cada 6 semanas
> sae unha nova versión de todos os produtos, co que cada seis semanas hai
> moito choio. Determinadas páxinas web tamén é obrigatorio traducilas, para
> que che conserven ou saquen as versión oficiais en galego. Calculo unha
> media de 5 horas de traballo a semana, o ideal son 10, para levar todo ao
> día, tempo que eu agora non lle podo adicar.
>
> Saúdos.
>
>
> 2013/5/29 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>
>> Creo que o podo facer. A fin de contas, isto é un proxecto de software
>> libre, así que ante as dúbidas podo contar con Trasno e coa comunidade en
>> xeral para que me axude :)
>> Que debería facer? Poñerme en contacto con anterior coordinador?
>>
>>
>> 2013/5/29 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>
>>
>>> Máis que benvido!,
>>>
>>> O que máis se precisaría agora é encargarnos de Mozilla (e digo de
>>> tradutor, de primeiras). Que che parecería?
>>>
>>>
>>> 2013/5/29 Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>
>>>
>>>> 2013/5/29 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>:
>>>> > 2013/5/28 Cristian Estévez Hermida <cestevez2...@gmail.com>
>>>> >>
>>>> >> Ola,
>>>> >> fai un tempo comecei coa tradución de Wordpress ao galego (que por
>>>> aquel
>>>> >> entón levaba ano medio sen actualizarse) pero tiven que deixalo por
>>>> mor das
>>>> >> miñas responsabilidades académicas. Agora que ía retomalo topeime
>>>> conque xa
>>>> >> está actualizado, o cal é unha boa nova, pero non hai ningunha
>>>> información
>>>> >> de quen levou a  cabo a tradución e a sección de colaboración está
>>>> caída.
>>>> >> Foi algún dos membros de Trasno?
>>>> >> Vendo que WordPress xa está en boas mans, gustaríame dedicarme a un
>>>> novo
>>>> >> proxecto. Fai pouco falábase nas listas de correo de que se buscaba
>>>> un novo
>>>> >> tradutor para Firefox, e polo que vexo na web Chromium, o navegador
>>>> que uso
>>>> >> de forma máis habitual, tamén está abandonado. Que me recomendades?
>>>> >
>>>> > Polo que respecta a Chromium, non é que estea abandonado, é que Google
>>>> > pechou as traducións desde a comunidade. Non sabemos se é que pensan
>>>> en
>>>> > facelo pola súa conta (nun futuro, actualmente non están a facelo)
>>>>  ou se é
>>>> > que simplemente pasan de todo.
>>>> >
>>>> > Eu sigo supervisando os medios nos que se fixo a tradución e, como
>>>> digo,
>>>> > está todo sen modificacións dende vai xa bastante tempo.
>>>>
>>>> WordPress está sendo traducido por un grupo alleo ao Proxecto Trasno.
>>>> Ata onde eu sei manteñen a tradución actualizada.
>>>>
>>>> En Firefox (máis ben todo Mozilla) o que están buscando non é só un
>>>> novo tradutor, senón un novo coordinador. En todo caso seguro que un
>>>> novo tradutor lles vén ben. O proceso de tradución, polo que sei, é
>>>> bastante complicado. O actual coordinador non é que fixera moito por
>>>> simplificalo, pero se aparece algún tradutor novo igual se anima a
>>>> buscar un xeito de simplificalo.
>>>>
>>>> Respecto de outros proxectos, se non lembro mal pediron axuda hai uns
>>>> días para actualizar a tradución da vindeira versión de LibreOffice,
>>>> que emprega Pootle, así que se non te ves moi confiado sempre podes
>>>> suxerir traducións para que despois se revisen. Ademais hai outros
>>>> proxectos por aí que precisan axuda: a documentación de GNOME, KDE,
>>>> Debian, ou podes coller algún proxecto que creo que non ten tradutores
>>>> actualmente, como Inkscape ou Fedora.
>>>>
>>>> Deica
>>>> _______________________________________________
>>>> Proxecto mailing list
>>>> Proxecto@trasno.net
>>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>>
>>>
>>>
>>> _______________________________________________
>>> Proxecto mailing list
>>> Proxecto@trasno.net
>>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>>
>>>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a