Ola,

O uso de fogo, como tecnicismo, vén sendo necesario para distinguilo
do que en galego é máis común, lume.

Diferenciamos claramente fogo/lume, mentre o español utiliza a mesma
palabra xeralmente para os dous conceptos (aínda que se podería
distinguir fuego/lumbre).

Digo que é tecnicismo militar para referirse a «arma de fogo», unha
especialización de «arma» pola súa parte que ten un bo feixe de
significados moi diferentes, relacionados todos co sentido militar.

Non o vou investigar pero paréceme que fogo vén do francés.

En galego, arma de fogo está perfectamente recollido no DRAG

«Arma de fogo. A que dispara un proxectil por medio da explosión da
pólvora. O fusil é unha arma de fogo»

De aí a «fogo (do) amigo», non hai problema porque se forma por
antítese de «fogo inimigo», que é moi antiga, igual que «fogo cruzado»

Nos textos legais en galego, como as normas militares que publica o
BOE utilízase «fogo»

Respecto do «shooter» gustaríame máis que en vez de xogo de tiros (que
me parece tan informal que é case infantil) chamarlle xogo de
tiradores (non sempre se disparan «armas de fogo» senón lásers,
frechas, etc).



2013/6/4 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>:
> Entendo que «fogo» está ben aceptada, e é un termo necesario dado que o dano
> non necesariamente ten que vir de «disparos». Ao mellor podería tirar por
> algo máis xenérico, como «Dano aos compañeiros (de equipo)», pero se «fogo
> amigo» é unha expresión correcta, debería empregala.
>
>
>
> Por certo, «tiro» si que ven no DRAG¹, e de feito ao xénero (“shooter”) si
> que o chamaría «xogo de tiros».
>
>
>
> —
>
> ¹
> http://www.realacademiagalega.org/dicionario#loadNoun.do?current_page=1&id=45475
>
>
>
> O Martes, 4 de Xuño de 2013 19:57:10 Miguel Bouzada escribiu:
>
>
> 2013/6/4 Adrián Chaves Fernández <adriyeticha...@gmail.com>
>
> Véxoo en varios lugares, pero non aparece no DRAG nin por «fogo» nin por
> «amigo».
>
> Sabedes se é correcto? Se non o é, coñecedes a forma correcta de expresalo
> en galego, se hai algunha?
>
> E en calquera caso, tedes fontes que o xustifiquen? (gustaríame engadir a
> entrada «friendly fire» ao Galicionario por se esquezo este fío).
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
> Sempre me preguntei se para falar de tiros, disparos, etc. en galego acae
> ben a termo «fogo» ou se é simplemente un falso amigo, se é así non
> complicaría as cousas e traduciría como «fogo amigo».
>
> Cando eu era rapaz ás pelis do tipo "vaqueiros" e /ou bélicas refiriamonos a
> elas como «de tiros» mais o único que vexo no DRAG é «disparo». Vendo que o
> DRAG acepta «Fogo cruzado» quédame a dúbida.
>
> Se tivera que escoller una, diría «disparo amigo»
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects» http://gl.libreoffice.org
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
>
>
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a