Parabéns por animarte a traducir un programa de software libre, calquera
cousa xa sabes :)


2013/9/3 Miguel Bouzada <mbouz...@gmail.com>

> Persoalmente, eu estarei encantado de axudarche.
> Primeiro por proximidade, tres membros de Trasno «circulamos» pola UVigo,
> en concretamente polo «Newton».
> E, en segundo lugar, porque pola miña anterior profesión estou afeito aos
> termos que se mañexan no mundo da imaxe.
>
> De todos as formas ... calquera dúbida non teñas reparos en consultala
> nesta lista, ninguén naceu sabido, por moi parvas que poidan parecer.
>
>
> 2013/9/3 Nuria Andión <nand...@gmail.com>
>
>> Bos días, chámome Nuria e acabo de suscribirme á lista de correo do
>> Proxecto Trasno. Son estudante do Máster de Tradución Multimedia da
>> Universidade de Vigo e escollín esta comunidade para facer as prácticas
>> porque combina dous temas nos que estou moi interesada: por unha banda a
>> normalización da lingua galega e por outra, a promocion do software libre,
>> aínda que nesta parte aínda me queda moitísimo por aprender.
>>
>> Vou comezar coa tradución do programa Aegisub (http://www.aegisub.org),
>> de creación de subtítulos. É o meu primeiro proxecto real deste tipo, polo
>> que seguramente atoparei algunha dificultade, pero teño moito interese por
>> que saia ben e a intencion de seguir colaborando no proxecto unha vez
>> rematado o máster.
>>
>> Unha aperta
>> Nuria Andión
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
>>
>
>
> --
> Membro de «The Document Foundation Projects»
> http://www.documentfoundation.org/foundation/members
> Membro do «Grupo de Amigos GNU/Linux de Pontevedra (GALPon)»
> http://galpon.org
> Membro de «Proxecto Trasno» http://trasno.net
> Co-coordinador do proxecto «GALPon MiniNo» http://minino.galpon.org
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a