On 24/09/13 12:52, Antón Méixome wrote:

Sen dúbida é moi interesante. Pensaches en presentalo publicamente en
lista internacionais? polo menos nas de Gnome.

Unhas utilidades ambiciosas

- posibilidade de idicarlle unha revisión personalizada: por exemplo
que se deteña e pregunte cando aparezan determinadas palabras
-almacenadas nun ficheiro-... buscando o fallo. (igual isto co posieve
xa está )
- xeración dunha lista de termos candidatos (lista de palabras
significativas aínda que só aparezan 1 vez, sen palla: sen comúns,
variantes de número ou xénero e conxugación)
- aliñamento desa lista de termos no bitexto, é dicir, que dada unha
palabra na lingua orixe poida calcular aproximadamente (e realzala
visualmente) a tradución dentro non só dun ficheiro, senón dun
proxecto.
- posibilidade de extraer a lista de palabras e o seu contexto
anterior e posterior

Algunhas das ferramentas que propós son interesantes, porén tería que informarme máis sobre a algoritmia necesaria para cada caso particular (calquera información é benvida).

Pódese divulgar como proxecto ou aínda o queres manexar como algo doméstico?

Estou en contacto con algún coordinador máis de GNOME que está interesado na ferramenta. Aínda que este conxunto de ferramentas é unha rescrita completa doutras que tinha eu antes (e que levaba usando algo máis de 3 anos), gustariame estabilizalas un pouco máis, falar co GNOME l10n coordination team antes de facelas públicas.

_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a