2013/9/24 Fran Dieguez <fran.dieg...@mabishu.com>:
> On 24/09/13 13:23, Leandro Regueiro wrote:
>
>> Parece que ultimamente a moda é facer ferramentas de liña de ordes que
>> se integren coa API de ferramentas de tradución (ou algo polo estilo)
>> web.
>
>
> Eu levo usando/creando ferramentas deste tipo durante algún tempo. Alédome
> que máis xente as cree, sobre todo se son útiles para automatizar tarefas
> repetitivas.
>
> Estas ferramentas son unha "resposta" á negativa de GNOME a usar Transifex
> ou algunha ferramenta que se centre na tradución do software e non o
> traballo e xestión de repositorios. Polo que comentei anteriormente suxe
> dunha necesidade.
>
>
>> Isto requerirá moita maxia negra, creo eu.
>
> +1
>
>
>> Falando do Trobador, Fran poñémonos a ver se lle damos un chisco máis
>> para adiante? Por exemplo gustaríame traballar na parte de que
>> Trobador devolva todos os resultados de golpe para unha busca dada e
>> despois con JavaScript permitir especificar traducións e ir filtrando
>> e contando as coincidencias. Eu podo ocuparme do JavaScript para isto.
>> Ademais cómpre mellorar a parte na que se permiten subir TMXs a chuzo
>> e crear automaticamente proxectos e versións.
>>
>> Envío de novo o documento coas cousas que habería que arranxar, aínda
>> que con dúas ou tres xa me vou conformando:
>>
>> https://docs.google.com/document/d/18TPnwhV6ngOtFU2e8ilgH6hUS9b27W6TRC83px4Eu5Y/edit
>
>
> Trobador, precisa de moito traballo incluso dunha rescrita completa para a
> súa optimización e estensibilidade. Tenho dous meses algo atarefados pero
> logo diso podemos revisitar o proxecto e darlle un bo empurrón.

Preocúpame a posibilidade de que se se reescribe continuamente nunca
se consiga unha versión coas características mínimas necesarias. De
feito se nos poñemos a reescribilo case podía facelo eu con Django,
aínda que da parte das optimizacións pode que non controle moito e a
fastidie por aí. Pero mellor centrémonos en mellorar o que xa hai, e
se sobra tempo reescríbese o que faga falta :)

Deica

> Saúdos
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a