2013/11/19 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
> Ola,
>
> Hoxe tiven o pracer de escoitar a Iago, da plataforma polo android en
> galego, relatando como é a iniciativa de reclamar a tradución. Persoalmente,
> gustaríame que apoiásedes a iniciativa. xa que Android é unha plataforma de
> código aberto. Na última trasnada falamos de apoiar o proxecto de forma
> pública. Que opinades? De que xeito pensades que poderiamos colaborar?
>
> [ligazón] http://androidengalego.com/

Difundida

Propoño que mandemos un texto presentándonos e de apoio para incluír aquí
http://androidengalego.com/entidades-que-apoian/

E poñer unha ligazón no web
http://androidengalego.com/wp-content/uploads/2013/10/aengal_peque.png

Onte volvín topar co problema de non ter o Android en galego:

Coa app Remote Impress non se pode descargar de Google Play Store
porque non ofrece o galego e non o ofrecen porque Android non recolle
o galego, pero si o catalán por exemplo (aínda que tamén eles teñen
problemas). Total que é un bucle... a única alternativa é instalar
outro repositorio libre como F-droid.

Ao non ter a opción de instalalo en galego os de LibreOffice
excluíannos da tradución da propia aplicación, cousa sobre a que
protestei hai meses e agora tiven que volver a pedilo. Iso xa quedou
solucionado.

Antón



>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a