Novidades rápidas

Creo que se nos cita implicitamente...

2013/11/19 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> 2013/11/19 Miguel Branco <mgl.bra...@gmail.com>:
>> Ola,
>>
>> Hoxe tiven o pracer de escoitar a Iago, da plataforma polo android en
>> galego, relatando como é a iniciativa de reclamar a tradución. Persoalmente,
>> gustaríame que apoiásedes a iniciativa. xa que Android é unha plataforma de
>> código aberto. Na última trasnada falamos de apoiar o proxecto de forma
>> pública. Que opinades? De que xeito pensades que poderiamos colaborar?
>>
>> [ligazón] http://androidengalego.com/
>
> Difundida
>
> Propoño que mandemos un texto presentándonos e de apoio para incluír aquí
> http://androidengalego.com/entidades-que-apoian/
>
> E poñer unha ligazón no web
> http://androidengalego.com/wp-content/uploads/2013/10/aengal_peque.png
>
> Onte volvín topar co problema de non ter o Android en galego:
>
> Coa app Remote Impress non se pode descargar de Google Play Store
> porque non ofrece o galego e non o ofrecen porque Android non recolle
> o galego, pero si o catalán por exemplo (aínda que tamén eles teñen
> problemas). Total que é un bucle... a única alternativa é instalar
> outro repositorio libre como F-droid.
>
> Ao non ter a opción de instalalo en galego os de LibreOffice
> excluíannos da tradución da propia aplicación, cousa sobre a que
> protestei hai meses e agora tiven que volver a pedilo. Iso xa quedou
> solucionado.
>
> Antón
>
>
>
>>
>> _______________________________________________
>> Proxecto mailing list
>> Proxecto@trasno.net
>> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a