Ola a todos e a todas:

Hoxe dispúxenme a instalar CyanogenMod no meu dispositivo, coa sorpresa de
que non está localizado ao galego. Despois de buscar un pouco pola súa
páxina, nin sequera hai un proxecto de localización deste sistema operativo
móbil ao galego.

Eu intentarei traducir o que poida, mentres teña tempo.
Para os interesados, nesta
ligazón<http://wiki.cyanogenmod.org/w/Doc:_Translation_Guide>tedes a
guía (en inglés) do proceso de tradución (aínda que para o meu
gusto explica moi poucas cousas).

Atopei tamén este
proxecto<https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/language/es/>de
localización ao español en Transifex, mais descoñezo se é algo oficial
ou se o que se fai aquí chega a ter relevancia no sistema operativo ou non.
Polo de mentras eu solicitei mediante esta páxina a localización ao galego,
supoño que alguén terá que aprobala para que se poda levar a cabo.

Un saúdo a todos.

-- 
Isaac Álvarez Veiga
Tradutor Inglés/Alemán>Galego/Español
Estudiante do Mestrado en Tradución Multimedia
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a