Hai unhas semanas atopei de casualidade en Transifex o proxecto oficial
de tradución de CyanogenMod 11 e vin que dentro dese proxecto estábase a
traballar na localización ao galego cousa que me aledou moito xa que é a
ROM que uso no meu móbil. Outro día que visitei a web do proxecto vin
que o administrador avisaba de que ía trasladar o mesmo (incluíndo todas
as traducións feitas ata ese intre) a outra web de localización porque
dicía que había algún problema con Transifex e CyanogenMod.

Hai uns días tentei entrar na web de proxecto en Transifex
(https://www.transifex.com/projects/p/cmtx_11/) pero xa foi eliminada.
Despois de buscar atopei o novo sitio onde trasladaron o proxecto
(https://crowdin.net/project/cyanogenmod) pero vexo que non está o
galego. Coido que na tradución aloxada en Transifex estaba traballando
algunha xente desta lista, non sei se algún de vós sabe que pasou con
ese traballo e por que non aparece na nova web.

Saúdos.
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Reply via email to