O de existiren traducións paralelas xa ten acontecido. É unha das razóns da
existencia de Trasno, evitalas.
O "estándar" de Trasno é algo interno (de momento ;-) e non se impón nen se
require. Facilita moitísimo o traballo, iso si. No caso das traducións
paralelas, dependerá de cada caso COMO TODO NO SOFTWARE LIBRE: están as
dúas traducións mantidas activamente? hai un coordenador/a recoñecido polos
desenvolvedores?... Trasno non entraría en nada, serían os tradutores/as
que acordarían o procedemento, a terminoloxía, etc.

Xosé
On Feb 2, 2014 12:20 AM, "Martiño" <saposebru...@yahoo.es> wrote:

> Eu non fixen nada nesa tradución, atopeina visitando outro foro. Acabara
> de ler que tiñades pensado traducilo de maneira allea á plataforma, así que
> avisei para non duplicar esforzos. Con ter conta en GitHub calquera pode
> revisar e colaborar.
>
> Teño unha dúbida, que vantaxes tiña a opción proposta de transformar o xml
> a po? Non é mellor empregar a ferramenta elixida polo desenvolvedor da
> aplicación? Neste caso, por exemplo, se eu ou alguén de vós non dese aviso
> que se está traducindo, estariades facendo un traballo en balde, ou chegado
> o momento considerariades substituír a tradución doutros pola vosa, para
> manter o estándar de Trasno?.
>
> _______________________________________________
> Proxecto mailing list
> Proxecto@trasno.net
> http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto
>
>
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a