2014-02-03 Martiño <saposebru...@yahoo.es>:
> Teño que mirar ben antes de preguntar nada, que hai pouco que vos sigo e
> acabo de entrar cunha gloriosa cantada.

Ao revés... mil veces é mellor preguntar a quedarse coa dúbida.

A tradución do Telegram vaise facendo importante por ser a alternativa
de software libre máis probable a WhatsApp e por iso a necesidade de
facer algo de calidade ou polo menos sen castelanismos, nin
barbarismos, non? Iso é o estándar.
O colectivo Trasno non vai pasar por riba de ninguén, eu só ofrecía a
miña colaboración na revisión. Se hai dúas traducións concorrentes é
síntoma de que a xestión da localización do Telegram non está ben
pensada. Non hai unha lista de correo/foro, ou plataforma de tradución
onde se manexen?
_______________________________________________
Proxecto mailing list
Proxecto@trasno.net
http://listas.trasno.net/listinfo/proxecto

Responderlle a