[G11n] Feito facido. (Era: Fwd: Hard comments on the press about Galician translation of Firefox 3)

2008-05-24 Conversa Suso Baleato
suso.baleato en xunta.es escrebeu:
 
 - Ratificar a proposta feita en Bugzilla para que Mancomún coordene a
^   ^
   localización do software da Fundación Mozilla ao galego.
 
Faltaba resolver iste cabo que nos quedaba sen facer; acabo de terminalo fai
un momento e aiquí deixo o resultado:

http://www.mancomun.org/novas/localizacion-e-traducion/mancomun-e-mozilla-xa-traballan-conxunta-3.html

Feito iso entendo que o tema social -por así decilo- queda resolto. A miña
valoración é moi positiva tanto pola repercusión mediática como polos
compromisos obtidos e sobre todo pola forza que demostramos ser capaces
de facer traballando xuntos. E agora coido que deberíamos ir pensando en
celebralo, con comida e bebida físicas a ser posibel :-) 

En todo caso e, unha vez resolto o tema social, agora temos por diante o
reto máis interesante: debemos ser quen de cumprir estrictamente os
procedementos de localización de Mozilla e facelo sen demoras no tempo; e
non estamos en condicións de cometer erros ou deixar o tema para outro día.

Posto que iso é tarefa específica do equipo oficial de localización de
Mozilla todo isto será mellor coordenado empregando a súa própria rolda
de correo, que vai en CC:

http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

Polo que estiven mirando na documentación, o proceso de localización non
é nin moito menos trivial, e vai ser precisa toda a axuda que poidamos
obter. Personalmente o reto non me asusta, así que xa estou inscrito na
rolda; nela será onde seguirei traballando en relación a iste tema e
gustaríame convidar a quen se anime a facer o mesmo.

Saúdos,

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 15707   Santiago de Compostela (Galiza)
(0034) 638035310 Ext: 343820/ Fax: 881999113  suso.baleato @ xunta.es

[G11n] Sobre as propostas de g11n

2008-05-24 Conversa suso.bale...@xunta.es
Boas,

Veño de revisar todo o correo que houbo acerca do evento da g11n (o
primeiro e tamén o último polo momento, espero que non o derradeiro ;-).

Tratando de ser sintético, eu o que vexo é que a posta en común na rolda
estivo centrada -no que se refire ás propostas do evento- en tres temas:
recursos lingüísticos (80%), rede social (15%) e inventariado (5%).

O que farei será identificar para cada tema aqueles elementos nos que
Mancomún podería contribuir, sempre en coherencia cos consensos da g11n.

1. Recursos lingüísticos

i) Glosário terminolóxico. Semella haber acordo en que o traballo de
  localización será máis productivo se dispuxeramos dunha ferramenta
  que provea un sistema aberto de _consulta_ terminolóxica automatizada.
  Porén de pouco serviría o sistema de consulta se traballa sobre unha
  base de datos terminolóxica valeira, desactualizada ou inconsistente.
  O asunto que se plantexa é resolver o problema da validación
  terminolóxica e para iso -alén de aplicar o sistema de 'consenso
  interno asesorado' involucrándose na usc-lexterm- plantéxase a
  posibilidade dalgún modelo de validación cualificada (votos? karma?
  academia?...) implementabel vía web. Neste asunto, o que vexo é que
  dende Mancomún só podemos facer unha cousa: promover un encontro
  monográfico sobre este asunto; esta vez sen tanta loxística
  institucional para facer a cousa operativa.

b) Guía de Estilo. Hai alomenos cinco guías identificadas. Eiquí o que
  podemos facer en Mancomún son dúas cousas: promover xuntanza(s) entre
  os seus/súas artífices até que se chegue a unha unificación... ou ben
  coller todo ise material, facer un merge e despois continuar a
  traballar sobre él. A primeira opción é moito máis lenta, e a segunda
  opción non descarta promover xuntanzas ao respeito. Por tanto a miña
  proposta é encargarnos en Mancomún de facer o merge, poñelo en común e
  a partires dahí facer desa guía de estilo algo comunitario que se vaia
  completando coas aportacións de todos/as.

2. Rede social
--
En palabras do próprio Amador, que é quen propón o tema no encontro e quen
despois aprofunda nel na rolda [1]: trataríase de consolidar espazos de
traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos
eles naturalmente, en entorno web. Engade ademais que, como punto
inicial de recoñecemento (...) para que a vinculación sexa máis atrainte,
podería ser a utilización do sistema de baners de toda a vida.

Está claro que se non somos quen de atrair máis xente e de afortalar
canles de relacionamento entre nós, mal vamos. Estou dacordo co resto da
xente na proposta do tema dos banners, aínda que penso que non
deberíamos facelo dun xeito aillado, senón integrado nalgunha estratexia
ou modelo de comunicación que deberíamos definir. Nisto, dende logo
podedes contar con Mancomún para fornecer a infraestructura e tal; mais
iso só será útil unha vez teñamos claro cara onde queremos ir neste
asunto. E para clarificar iso ou ben seguimos falando do tema na rolda,
ou ben promovemos unha xuntanza onde a xente que entenda destes temas
nos amose o que hai e poidamos decidir. Por tanto, a proposta é:
xuntanza monográfica sobre o tema.

3. Inventariado
---
Outra das cousas recurrentes nos correos é o asunto de inventariarnos:
quen somos, qué proxectos hai e quen os leva, inventarios de recursos
lingüísticos, normativas ortográficas, glosarios e guías de estilo...
ben, pois eiquí o que propoño é que o fagamos conxuntamente entre tod en s,
xuntando no wiki de Mancomún os recursos que vaiamos atopando de forma
progresiva e colaborativa. Dende a miña perspectiva deberíamos manter
alomenos estes dous para os que xa abrin os espazos correspondentes:

- Recursos lingüísticos, especialmente guías de estilo e glosarios [4]
- Proxectos de tradución de software libre [5]

Javi xa foi adiantando traballo no de proxectos, era bó irlles metendo
man.

Outros
--
Convido a todo o mundo a reivisitar a tormenta de ideas de Leandro [2] e
tamén as propostas que xurdiron no evento [3].

En canto á metodoloxía de tradución que acordamos, orientada á aplicación
dos estándares LISA, o primeiro proxecto no que imos poñela en marcha é o
da tradución da suite Mozilla. Tanto voluntariado como empresas que teñan
a intención de participar no proceso, compre que se vaian inscrebendo na
rolda de correo do equipo oficial de tradución [6].

Saúdos,

--
[1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000519.html
[2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000497.html
[3] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n#Propostas
[4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_recursos
[5] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_proxectos
[6] http://www.mozdev.org/mailman/listinfo/galician

-- 
Xesús Manuel Benítez BaleatoCoordenador de mancomun.org
Consellaría de Innovación e Industria  Xunta de Galicia 
Praza de Europa, nº 15 - A, 6ºC 

[G11n] Resumo de G11n, Vol 1, Envío 36

2008-05-24 Conversa Nacho
2008/5/24 Xabier xabier en tagenata.com:

  gt; Juan Rafael falou desas ferramentas no encontro.
  gt; Magoa que estean orientadas pasar ser usadas en Windows...
  gt;
  gt; O Ven, 23-05-2008 ás 16:28 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
  gt;gt; Ola,
  gt;gt; atopei isto por aí http://www.opentag.com/
 
  Un par de precisiones: no hablé de nada que no se pueda utilizar con
  software libre, concretamente en GNU Linux.
 
 Si se poden utilizar en GNU/Linux, a magoa é que estean orientadas a usar
 baixo Windows e non que sexan multiplataforma.
 A miña aportación ia por ese camiño, magoa que non sexan multiplataforma.

De que ferramentas estades falando?
E que estou un pouco perdido.
Vos pedide cousas para linux que tentarei facer o que poida.
Agora estou cun xestor de proxectos e supoño que no verán poreime
coas memorias. Así que pedide cousas que o gtranslator vai ser moi
extensible.

Saúdos.

 Saúdos.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n

 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080524/ab7b8478/attachment.htm
 
[G11n] Resumo de G11n, Vol 1, Envío 36

2008-05-24 Conversa xabier
O Sáb, 24-05-2008 ás 16:04 +0200, Nacho escribiu:

 De que ferramentas estades falando?
 E que estou un pouco perdido.
http://www.opentag.com/downloads.htm

 Vos pedide cousas para linux que tentarei facer o que poida.

Si si!!! ti proponte, que xa verás que pronto nos volvemos uns seres
pedichóns. :-P

 Agora estou cun xestor de proxectos e supoño que no verán poreime
 coas memorias. Así que pedide cousas que o gtranslator vai ser moi
 extensible.
 
Vai ser a invasión do Gtranslator!!! :-) . 
 Saúdos. 

Saúdos.

[G11n] Sobre as propostas de g11n

2008-05-24 Conversa Leandro Regueiro
2008/5/24  suso.baleato en xunta.es:
 1. Recursos lingüísticos
 
 i) Glosário terminolóxico. Semella haber acordo en que o traballo de
  localización será máis productivo se dispuxeramos dunha ferramenta
  que provea un sistema aberto de _consulta_ terminolóxica automatizada.
  Porén de pouco serviría o sistema de consulta se traballa sobre unha
  base de datos terminolóxica valeira, desactualizada ou inconsistente.
  O asunto que se plantexa é resolver o problema da validación
  terminolóxica e para iso -alén de aplicar o sistema de 'consenso
  interno asesorado' involucrándose na usc-lexterm- plantéxase a
  posibilidade dalgún modelo de validación cualificada (votos? karma?
  academia?...) implementabel vía web. Neste asunto, o que vexo é que
  dende Mancomún só podemos facer unha cousa: promover un encontro
  monográfico sobre este asunto; esta vez sen tanta loxística
  institucional para facer a cousa operativa.

Nisto tamén haberia que falar de montar un servidor de terminoloxía ó
que poida consultar o gtranslator e outros programas...

 b) Guía de Estilo. Hai alomenos cinco guías identificadas. Eiquí o que
  podemos facer en Mancomún son dúas cousas: promover xuntanza(s) entre
  os seus/súas artífices até que se chegue a unha unificación... ou ben
  coller todo ise material, facer un merge e despois continuar a
  traballar sobre él. A primeira opción é moito máis lenta, e a segunda
  opción non descarta promover xuntanzas ao respeito. Por tanto a miña
  proposta é encargarnos en Mancomún de facer o merge, poñelo en común e
  a partires dahí facer desa guía de estilo algo comunitario que se vaia
  completando coas aportacións de todos/as.

O tema é interesante, pero non me vexo capaz de discutir con outras
persoas sobre a maior parte das cousas que pode haber nunha guía...

 2. Rede social
 --
 En palabras do próprio Amador, que é quen propón o tema no encontro e quen
 despois aprofunda nel na rolda [1]: trataríase de consolidar espazos de
 traballo conxuntos e espazos de traballo para distintos grupos, todos
 eles naturalmente, en entorno web. Engade ademais que, como punto
 inicial de recoñecemento (...) para que a vinculación sexa máis atrainte,
 podería ser a utilización do sistema de baners de toda a vida.

 Está claro que se non somos quen de atrair máis xente e de afortalar
 canles de relacionamento entre nós, mal vamos. Estou dacordo co resto da
 xente na proposta do tema dos banners, aínda que penso que non
 deberíamos facelo dun xeito aillado, senón integrado nalgunha estratexia
 ou modelo de comunicación que deberíamos definir. Nisto, dende logo
 podedes contar con Mancomún para fornecer a infraestructura e tal; mais
 iso só será útil unha vez teñamos claro cara onde queremos ir neste
 asunto. E para clarificar iso ou ben seguimos falando do tema na rolda,
 ou ben promovemos unha xuntanza onde a xente que entenda destes temas
 nos amose o que hai e poidamos decidir. Por tanto, a proposta é:
 xuntanza monográfica sobre o tema.

Simplemente sigo sen entender de todo a idea esta. Supoño que será
precisa unha xuntanza ou unha boa explicación por correo.

 3. Inventariado
 ---
 Outra das cousas recurrentes nos correos é o asunto de inventariarnos:
 quen somos, qué proxectos hai e quen os leva, inventarios de recursos
 lingüísticos, normativas ortográficas, glosarios e guías de estilo...
 ben, pois eiquí o que propoño é que o fagamos conxuntamente entre tod en s,
 xuntando no wiki de Mancomún os recursos que vaiamos atopando de forma
 progresiva e colaborativa. Dende a miña perspectiva deberíamos manter
 alomenos estes dous para os que xa abrin os espazos correspondentes:

 - Recursos lingüísticos, especialmente guías de estilo e glosarios [4]
 - Proxectos de tradución de software libre [5]

 Javi xa foi adiantando traballo no de proxectos, era bó irlles metendo
 man.

Tamén sería interesante seguirlle a pista ós tradutores, sobre todo ós
que o deixaron e poidan volver ó traballo se os animamos un pouco. Vou
ver se completo algo a lista dos proxectos, ainda que non é que me
sobre o tempo precisamente...

 Outros
 --
 Convido a todo o mundo a reivisitar a tormenta de ideas de Leandro [2] e
 tamén as propostas que xurdiron no evento [3].

 En canto á metodoloxía de tradución que acordamos, orientada á aplicación
 dos estándares LISA, o primeiro proxecto no que imos poñela en marcha é o
 da tradución da suite Mozilla. Tanto voluntariado como empresas que teñan
 a intención de participar no proceso, compre que se vaian inscrebendo na
 rolda de correo do equipo oficial de tradución [6].

 Saúdos,

 --
 [1] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000519.html
 [2] http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/2008-May/000497.html
 [3] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n#Propostas
 [4] http://wiki.mancomun.org/index.php/G11n_inventario_recursos
 [5]

Ata logo,