[G11n] Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-26 Thread Leandro Regueiro
> Outra opción é pasar os ts a po, facer o anovado e pasar de novo o po a
> ts. disto xa haberá que controle non?
>
> Para isto parece o que o translation toolkit pode axudar.
>
> ts2po -P psi.ts psi.pot
> po2ts af.po psi_af.ts
>
> isto está en http://translate.sourceforge.net/wiki/toolkit/ts2po
>
> Unha cousa, alguén ten instalado o translation toolkit en ubuntu?
> alguén sabe así de memoria ou ten algún exemplo de, partindo de dous
> ficheiros .po aproveitar as traducións dun para o segundo.

Non o sei seguro, pero o msgmerge igual ten unha opción para isto. En
última instancia sempre podes coller o .po novo e convertelo nun .pot
e usalo para actualizar o .po vello. Se o msgmerge non ten esta opción
sería bo facer un pequeno script para baleirar as traducións dun .po e
convertelo nun .pot xa que hai certos proxectos nos que os túzaros dos
desenvolvedores non me dan un .pot.

Ata logo,
 Leandro Regueiro


[G11n] Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-26 Thread mvillarino
Eu non o traduciría.
Normalmente _debería_ porse na liña de asunto, sempre que o corpo da
mensaxe trate dun tema alleo ao propósito da lista.
O motivo é que deste xeito permítes que o receptor filtre as mensaxes,
de tal xeito que as que conteñan na liña de asunto "[Off-topic]" ou
"[OT]". sexan enviadas directamente a un lugar onde non moleste, ou ao
lixo.


[G11n] Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-26 Thread damufo
Daquela entendo [OT] coma código e polo tanto non o traduzo, ;-)
grazas!

mvillarino escribiu:
> Eu non o traduciría.
> Normalmente _debería_ porse na liña de asunto, sempre que o corpo da
> mensaxe trate dun tema alleo ao propósito da lista.
> O motivo é que deste xeito permítes que o receptor filtre as mensaxes,
> de tal xeito que as que conteñan na liña de asunto "[Off-topic]" ou
> "[OT]". sexan enviadas directamente a un lugar onde non moleste, ou ao
> lixo.
> ___
> G11n mailing list
> G11n en mancomun.org
> http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
> 


[G11n] Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-26 Thread mvillarino
2008/6/26 Leandro Regueiro :
>> Unha cousa, alguén ten instalado o translation toolkit en ubuntu?
>> alguén sabe así de memoria ou ten algún exemplo de, partindo de dous
>> ficheiros .po aproveitar as traducións dun para o segundo.
>
> Non o sei seguro, pero o msgmerge igual ten unha opción para isto.

Sexan
proxecto.pot o ficheiro pot da última versión do programa/biblioteca
proxecto.po o ficheiro po dunha versión anterior do programa/biblioteca
outro.po outro ficheiro po, que non ten por que ser do
programa/biblioteca, que contén traducións que é de interese
aproveitar
entón, para obter un ficheiro "proxecto.po" da última versión do
programa/biblioteca onde se aproveiten as mensaxes do outro
programa/biblioteca, o comando a empregar será máis ou menos:

msgmerge --update --previous --compendium=outro.po proxecto.po proxecto.pot

Agora, como teño o día bonito: rtfm

(O manual é 
http://www.gnu.org/software/automake/manual/gettext/msgmerge-Invocation.html
)

Se non me equivoco, un dos relatores da xuntanza g11n deu unha ligazón
a unha bitácora de Tarrío onde explica unha parte dos seus
procedimentos de traballo, onde inclúe a criación do compendio e a
aplicación para a reutilización do traballo feito.


[G11n] Aproveitar tradución previa qt linguist

2008-06-26 Thread Leandro Regueiro
2008/6/26 mvillarino :
> 2008/6/26 Leandro Regueiro :
>>> Unha cousa, alguén ten instalado o translation toolkit en ubuntu?
>>> alguén sabe así de memoria ou ten algún exemplo de, partindo de dous
>>> ficheiros .po aproveitar as traducións dun para o segundo.
>>
>> Non o sei seguro, pero o msgmerge igual ten unha opción para isto.
>
> Sexan
> proxecto.pot o ficheiro pot da última versión do programa/biblioteca
> proxecto.po o ficheiro po dunha versión anterior do programa/biblioteca
> outro.po outro ficheiro po, que non ten por que ser do
> programa/biblioteca, que contén traducións que é de interese
> aproveitar
> entón, para obter un ficheiro "proxecto.po" da última versión do
> programa/biblioteca onde se aproveiten as mensaxes do outro
> programa/biblioteca, o comando a empregar será máis ou menos:
>
> msgmerge --update --previous --compendium=outro.po proxecto.po proxecto.pot
>
> Agora, como teño o día bonito: rtfm
>
> (O manual é 
> http://www.gnu.org/software/automake/manual/gettext/msgmerge-Invocation.html
> )
>
> Se non me equivoco, un dos relatores da xuntanza g11n deu unha ligazón
> a unha bitácora de Tarrío onde explica unha parte dos seus
> procedimentos de traballo, onde inclúe a criación do compendio e a
> aplicación para a reutilización do traballo feito.

Esta é a ligazón
http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow

Ata logo,
   Leandro Regueiro