2008/6/26 mvillarino <mvillarino en gmail.com>:
> 2008/6/26 Leandro Regueiro <leandro.regueiro en gmail.com>:
>>> Unha cousa, alguén ten instalado o translation toolkit en ubuntu?
>>> alguén sabe así de memoria ou ten algún exemplo de, partindo de dous
>>> ficheiros .po aproveitar as traducións dun para o segundo.
>>
>> Non o sei seguro, pero o msgmerge igual ten unha opción para isto.
>
> Sexan
> proxecto.pot o ficheiro pot da última versión do programa/biblioteca
> proxecto.po o ficheiro po dunha versión anterior do programa/biblioteca
> outro.po outro ficheiro po, que non ten por que ser do
> programa/biblioteca, que contén traducións que é de interese
> aproveitar
> entón, para obter un ficheiro "proxecto.po" da última versión do
> programa/biblioteca onde se aproveiten as mensaxes do outro
> programa/biblioteca, o comando a empregar será máis ou menos:
>
> msgmerge --update --previous --compendium=outro.po proxecto.po proxecto.pot
>
> Agora, como teño o día bonito: rtfm
>
> (O manual é 
> http://www.gnu.org/software/automake/manual/gettext/msgmerge-Invocation.html
> )
>
> Se non me equivoco, un dos relatores da xuntanza g11n deu unha ligazón
> a unha bitácora de Tarrío onde explica unha parte dos seus
> procedimentos de traballo, onde inclúe a criación do compendio e a
> aplicación para a reutilización do traballo feito.

Esta é a ligazón
http://raw-output.org/20080520/galician-debconf-template-translation-workflow

Ata logo,
               Leandro Regueiro

Reply via email to