[G11n] Erro nunha nova

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
Volvendo ó tema do Corpus, e ainda que non hai moito software que
acepte memorias de tradución en formato TMX, hai xa un ficheiro TMX co
corpus que poidamos obter os voluntarios?

Ata logo,
   Leandro Regueiro

[G11n] Erro nunha nova

2008-08-05 Conversa Ignacio Casal Quinteiro
O Mar, 05-08-2008 ás 11:44 +0200, Leandro Regueiro escribiu:

A min cundíame un pocompendium. Postos a pedir...

Saúdos.
 
 Ata logo,
Leandro Regueiro
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: Esta =?ISO-8859-1?Q?=E9?= unha parte de mensaxe asinada
dixitalmente
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080805/5a311932/attachment.pgp
 
[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/4 Ignacio Casal Quinteiro nacho.resa en gmail.com:
 O Lun, 04-08-2008 ás 16:16 +0200, suso.baleato en xunta.es escribiu:
 Boas novas,

 Habeamus lingüísta no Centro de Referencia e Servizos de Software Libre;
 trátase de Xosé Antón Gómez Méixome e se todo sae ben incorporarase ao
 longo deste mes unha vez que se resolvan as burocracias pertinentes.

Ola,
é este o mesmo Méixome que estivo en Galego21?

 Boas novas tamén no que se refire ao proceso de revisión e unificación
 dos nosos recursos lingüísticos que xa superou o escollo fundamental:
 sintetizar os principios fulcrais sobre os que basear todo o traballo
 posterior. Son os seguintes:

 1. Internacionalización: aplicamos os estándares de i18n/ l10n do
software libre, primando o criterio de proximidade lingüística.

 2. Léxico: aplicamos as normas ILG/RAG 2003 atendendo de forma explícita
ao mandato do cuarto principio.

 3. Estilo: aplicamos unha guía de estilo unificada e revisada
periódicamente

 4. Metodoloxía: aplicamos os consensos da comunidade de g11n.

 Unha vez que teñamos unificados os recursos lingüísticos, xa poderemos
 empezar a traballar no tema do Pootle, base de datos terminolóxica,
 servidor de tmx e demais propostas que saíron do último encontro.

 Falando dun proceso futuro, estaría ben que ese servidor Pootle se aínda
 non o ten pois que teño algún tipo de servizo para poder acceder desde
 aplicacións externas (tipo gtranslator) co que poder ir editando desde
 esta aplicación de escritorio. (Por suposto isto sería nun proceso
 futuro, xa que a ver se primeiro sacamos unha versión estable).

Eu tamén penso que isto seria útil, pero a verdade é que para isto
haberiase que por en contacto cos desenvolvedores do Pootle. Lémbrolle
á xente que non estivo no g11n, ou que si estivo tamén, que as dúas
principais razóns de pasar de Entrans a Pootle son que Pootle está
moito máis avanzado e posúe máis funcionalidades, e que está en
desenvolvemento activo, o que facilita a rápida integración de novas
funcionalidades a petición dos voluntarios, descargando así na
comunidade de Pootle parte do traballo que a xente de Mancomún tivo
que facer para mellorar o Entrans e mantelo en servizo.

Sobre o comentado por Suso, non sei como está o do software dispoñible
para o dun servidor TMX ou TBX, xa que agora non estou para investigar
iso xa que estou estudando, pero teño moita curiosidade, así que se
alguén de Mancomun o investigou xa que comente algo. Respecto do da
guía de estilo e outros temas que penso que tamén haberia que discutir
(nomes de paises/linguas/moedas...) haberiase que xuntar como minimo
para falalo por riba.

 Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
 máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en
 xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
 dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
 aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
 suxestións do anterior encontro.

 Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

Viria ben. Onde?

[G11n] novidades lingüísticas

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/5 Leandro Regueiro leandro.regueiro en gmail.com:

Esquecerame comentar que seria bo, se é que hai que escribir un
software para un servidor TMX ou TBX, porse en contacto cos proxectos
dos principais programas de tradución que hai (Pootle, gtranslator,
lokalize, poedit), para integrar estes servizos con ditos programas.

 Como iso xa está cerca de suceder, e xa que contamos con ter ao lingüísta
 máis ou menos ao mesmo tempo, penso que sería bon ir pensando en
 xuntármonos pra facer un pouco balance e concretar xa os próximos pasos a
 dar, tempos, custes e demais; e así de paso xa vos presentamos a Alberte,
 aínda que sei que algún de vos xa o coñecedes. Por suposto, recollendo as
 suxestións do anterior encontro.

 Cómo vos iría na segunda quincena de setembro?

 Viria ben. Onde?

[G11n] errata

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
Ola,
na mensaxe sobre a nova versión de Mono vin que falades do
desenrolo. En Trasno non aceptamos desenrolo coma tradución
correcta para development, e para manter un estilo uniforme que non
confunda á xente, seria aconsellable que se cambiara por
desenvolvemento.

Ata logo,
   Leandro Regueiro

[G11n] Erro nunha nova

2008-08-05 Conversa Ignacio Casal Quinteiro
O Mar, 05-08-2008 ás 12:00 +0200, Xabier Seixo escribiu:
 O Mar, 05-08-2008 ás 11:44 +0200, Leandro Regueiro escribiu:
  Volvendo ó tema do Corpus, e ainda que non hai moito software que
  acepte memorias de tradución en formato TMX,
 
 Hai polo menos dous programas (duvido que fagan falta moitos máis) :
 -OmegaT (que ten dúas varianates)
 -Open Language Tools
 
 Sistemas de memoria tradución:
 -Pootle
 
 Creo que Nacho andaba mirando que Gtranslator soportase TMX

Isto igual para a versión 2.2. Por agora xa soporta as memorias de
tradución e é capaz de parsear todos os ficheiros .po do directorio e
subdirectorios que lle des. Por iso case me cundía máis un pocompedium,
de todos xeitos hai conversores de tmx a pocompendium.
 
 Outra cousa serán as compatibilidades das memeorias.
 
   hai xa un ficheiro TMX co
  corpus que poidamos obter os voluntarios?
 Tes dúas opcións:
 
 -Xeralos ti (nada de outro mundo)
 
 Coller as que xa están feitas
 
 -En Trasno xa están publicados os de Gnome (que tamén ten Mancomún) Par
 Inglés --- galego
 -Wordpress tamén ten TMX (Pasaronselle a Dorfun) Par Inglés --- Galego
 -OpenBravo (creo que as ten Mancomún) . Par Castelán --- Galego
 
 Saúdos.
 
  Ata logo,
 Leandro Regueiro
  ___
  G11n mailing list
  G11n en mancomun.org
  http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 próxima parte 
Borrouse unha mensaxe que non está en formato texto plano...
Nome : non dispoñible
Tipo   : application/pgp-signature
Tamaño : 189 bytes
Descrición: Esta =?ISO-8859-1?Q?=E9?= unha parte de mensaxe asinada
dixitalmente
Url: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20080805/11f0b866/attachment-0001.pgp
 
[G11n] Cadeas raras

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/4 Ignacio Casal Quinteiro nacho.resa en gmail.com:
 Printer '%s' is low on developer.

 Printer '%s' is out of developer.

 Comentarios extraídos:Translators: Developer like on photo development
 context

Sobre isto nin idea. Parece que Amador ten máis idea do asunto.

 Aureal Input Feedback

 Comentarios extraídos:Translators: this means sounds that are played as
 feedback to user input

Eu aquí entendo que se refire a que son sons reproducidos para
comunicarlle á persoa que escribe que está escribindo ou algo así.
Podería ser Notificación de Entrada de Aureal ou Notificación de
Introdución de Aureal...

Ata logo,
   Leandro Regueiro

[G11n] Cadeas raras

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
  Aureal Input Feedback
 Despois de marear un pouco aos desenvolvedores parece que aquí había un
 bug. Esta cadea pasou a :

 Audible Input Feedback

  Comentarios extraídos:Translators: this means sounds that are played as
  feedback to user input

 Eu aquí entendo que se refire a que son sons reproducidos para
 comunicarlle á persoa que escribe que está escribindo ou algo así.
 Podería ser Notificación de Entrada de Aureal ou Notificación de
 Introdución de Aureal...

Para propoñer a miña tradución guieime polo comentario para os
tradutores, e os cambios que lle fixeron á cadea ainda se axustan
mellor á tradución que propuxen, penso eu. Eu sigo pensando que é algo
ó que fan no Tuxpaint (programa de debuxo para pequerrechos) cando
introduces algún texto (cada vez que premes unha tecla oes o ruido
equivalente a premer unha tecla nunha máquina de escribir).

Ata logo,
   Leandro Regueiro

[G11n] Aplicacións de Gnome interesantes que se poden traducir/actualizar

2008-08-05 Conversa Leandro Regueiro
2008/8/5 Ignacio Casal Quinteiro nacho.resa en gmail.com:
 Ola,

 Algúns programas poden ser:

 * F-Spot
 * Banshee
 * Tracker
 * Beagle
 * network-manager-applet
 * NetworkManager
 * brasero
 * gcompris
 * gthumb
 * dia
 * gnumeric

 Son programas que aínda que non forman parte da base de gnome, soen estar
 incluídas
 polas distros.

Eu pediria que se centraran no Network Manager (na applet tamén) e no
dia. Non me pidades que me poña eu que xa teño bastantes traducións
que coidar.

Ata logo,
  Leandro Regueiro