[G11n] Chamamento para verificacion de OpenOffice.org (3.2)

2009-11-15 Conversa Minhoca
Ola!

Queres axudarnos a probar o novo OpenOffice.org 3.2 no teu idioma? Entón
segue a ler:

Acaba de ser publicado un adianto da próxima versión de OpenOffice.org
que, grazas ao traballo comunitario, incorpora xa a súa tradución ao
noso idioma.

Trátase dunha versión de probas que nos permitirá verificar o seu
correcto funcionamento e resolver así calquera problema grave antes de
que se produza a publicación da súa versión oficial.

Dende a equipa de galeguización de OpenOffice.org queremos pedir a túa
colaboración para axudarnos nesta importante tarefa. O proceso é moi
sinxelo: consiste en instalar [1] o aplicativo (Linux ou Windows),
probalo (por exemplo entrando nos menús, consultando a axuda, premendo
os botóns, examinando os cadros de diálogo...) e avisarnos en
dev en gl.openoffice.org de calquera erro grave que puideras detectar.

Lembra que o prazo para a recepción de erros finaliza o próximo mércores
18 de novembro de 2009, polo que só temos esta semana para verificar o
seu funcionamento.

Grazas dende xa pola túa colaboración!
--

[1] Lembra que se trata dunha versión de probas e por tanto que debes
extremar as precaucións, especialmente poñendo a salvo a túa
configuración e os teus ficheiros e desinstalando as versións
anteriores do aplicativo antes de instalar esta versión de probas.
Podes descargar a versión de probas para Linux (DEB ou RPM) e tamén
para Windows nas seguintes ligazóns:

* Instalador para Windows:

http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_Win32Intel_install_gl.exe

* Instalador para Linux DEB (tipo Debian, Ubuntu e similares):

http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091107_LinuxIntel_install_gl_deb.tar.gz

* Instalador para Linux RPM (tipo RedHat, Mandriva e similares):

http://ooo.services.openoffice.org/pub/OpenOffice.org/cws/upload/localization/localization37/installset/OOo_3.2.0_091106_LinuxIntel_install_gl.tar.gz
-- 
---
 Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..


[G11n] Intento de conciliación

2009-10-29 Conversa Minhoca
Perdoade pola extensión.

Fran Dieguez escribiu:
 
 Sinceramente creo que no canto de montar plataforma grandiosas e
 venderlle cousas á prensa habería que traballar máis no capital humano e
 nas relacións persoais. Non só pola xente que se queira unir senón tamén
 pola xente que colaboramos dende hai algún tempo que en certa medida
 queremos ver avances en positivo. Por unha banda estase a xogar en
 moitas ocasións coa paixón e acción desinteresada de moitas persoas, e
 por outra banda estase xogando coa posición dunha lingua que pertence a
 toda persoa que a fala, sexa dunha ideoloxía ou de outra, viva aquí ou fora.
 

Uns antecedentes:

- Xa no ano 2006, varias persoas de Trasno defendían nesta mesma rolda 
de mancomún, insistentamente, a necesidade de centralizar todo en 
Trasno. Defendían o xeito de facer as cousas deste colectivo, agora 
asociación.

- Tamén nos comezos desta rolda, non lembro cando nin por quen, recibín 
unha resposta de alguén de Trasno criticando que a CIF debería adaptarse 
ao xeito de facer as cousas de Trasno.

- Cando o evento g11n que organizou mancomún en Compostela, daquela a 
miña intervención, en nome da CIF, foi a de advertir do perigo que tiña 
a concentración en mancomún; a reacción da directora xeral foi de 
lanzarse ao meu pescozo. Defendiamos certo grao de dispersión, para 
evitar precisamente o que está a pasar agora co desmantelamento de mancomún.

O anterior ven ao seguinte: hai moitas maneiras de facer as cousas, e o 
xeito de Trasno, fundamental para a nosa lingua, é un dos mellores. 
Porén, ten deficiencias, como é o caso da publicidade (e o que elo 
conleva respecto de captación de xente nova), e que semella apto so para 
xente iniciada. Na CIF, coa nosa humilde aportación, cremos nun sistema 
máis público, máis directo, apto para xente con coñecementos limitados 
en informática.

Hai algún problema en que poidan convivir os distintos xeitos de facer 
as cousas? É negativo que, estando no mesmo barco, vaiamos en distintos 
camarotes? Na CIF cremos que os dous sistemas son plenamente compatibeis 
sen que ninguén teña que renunciar a actuar como se sinte mais cómodo.

Cando fai moitos meses Trasno se puxo en contacto coa CIF para falarmos 
dunha posibel integración, a nosa resposta foi de axudar, que para botar 
unha man no que plantexaban non era preciso que trasno asumise as liñas 
da CIF. Porén, aceptamos comezar un dialogo. Lembro que pasei copia dos 
nosos estatutos por se servía de algo, e explicaba os pasos a dar para 
constituirse en asociación, para que se vexe que era doado e que trasno 
non precisaba integrarse na CIF. Vamos, que a CIF valora positivamente a 
Trasno, e non paga a pena que nos liemos a bofetadas.

Esta historia de g11n naceu pola visión que algunha xente tivemos, 
nomeadamente na ciberirmandade, de que o mundo da tradución non 
reaccionaba ante o que para os nosos ollos era evidente, o 
desmantelamento de mancomún.

A maiores do que saiu na prensa, eu tiven conversas directas coa 
Secretaria Xeral (directamente sobre mancomún) e co Director Xeral da 
Función Pública (relativo ao software libre na administración).

Co que sabía, comezamos a facer ruido ante o evidente peche. Finalmente 
non foi un peche, pero si unha morte longa por inanición (vamos, un 
futuro blog e pouco mais).

Sorprendeunos a falla de reacción (agás a carta certificada dos guls). O 
momento de facer ruido foi antes do verán. Á volta, xustificouse que si 
houbo reacción, materializado na creación da asociación de trasno (inda 
que ben sei que eso era un proxecto anterior).

A situación, o inmobilismo, o medo a volver aos tempos do terruño (cada 
quen na sua leira), levounos a ofrecer colaboración (nomeadamente 
financiación) para montar un conxunto de ferramentas postas a 
disposición da comunidade, individuos ou colectivos, no que a 
ciberirmandade tería únicamente o rol de pagador, pero non de propietario.

A reacción foi sorprendentemente negativa.

Xa en contacto con Suso, tivemos as famosas duas xuntanzas, en Cangas e 
en Compostela. Convidamos a asistir a quen quixer, e de trasno non 
apareceu ninguén. Así que tiramos para adiante co proxecto, sempre coa 
idea de montar un conxunto de ferramentas a disposición da xente, na que 
ninguén tivese o mando. É o que chamamos g11n.net e como podes 
comprobar, na parte mais pública ten so uns foros de debate para marcar 
as liñas a seguir. Vamos, que a discusión está aberta ainda.



 Eu non creo que sexa beneficioso crear un ente que coordine senón un
 ente que proporcione servizos. E neste senso hai moito que andar xa
 que a día de hoxe non hai metodoloxías de traballo, non hai comunidade
 cohesionada, non hai sentimento de confianza, non hai recursos
 lingüísticos que nos axuden e polo momento ( e non son
 o único que o pensa ) non se está a traballar dende o principio coa
 opinión de todos.
 

Eu tampouco creo na creación dun ente absoluto. A idea inicial dese 
ente era exclusivamente fornecer recursos aos 

[G11n] [Tradutores-Ubuntu] Ofrecemento da Ciberirmandade

2009-10-16 Conversa Minhoca
Miguel Bouzada escribiu:
 
 
 Polo que
 entendo, a Ciberirmandande e Suso xa teñen isto bastante avanzado.
 
 
 Non máis que outros, só que os do bonbo pintan todo como se eles fosen 
 os salvadores do mundo mundial
  

 
 Pola miña banda sen ningún problema, sempre e cando suso se quede na 
 casiña, que xa tocou bastante as narices
  

Estimado señor Miguel Bouzada:

Até agora as discusións foron amigabeis, amosando cada quen o seu 
parecer e diferenzas, e sempre co máximo respecto, polo menos nas 
formas, entre todos os integrantes desta rolda; ninguén mexou por fora.

Vostede e mais eu non nos coñecemos, mais mensaxes como a súa so sirven 
para gañar amigos.

Como non me presta que vostede me salpique co seu mexo, non lle vou 
respostar (agás este correo, evidentemente). Pode vostede escribir o que 
lle veña en gana. Eu simplemente ignorarei a sua existencia pois négome 
a poñerme ao seu nivel.

Pecho e corto.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade + Asociación Trasno

2009-10-15 Conversa Minhoca
Leandro Regueiro escribiu:
 
 Chegados a
 este punto tendo que escoller entre a Ciberirmandade e Trasno, sendo
 Trasno unha asociación creada ex profeso para isto e máis centrada
 nisto (isto vén sendo a tradución ao galego de SL, máis ou menos)
 coido que o lóxico sería que Trasno se debería ocupar de coller os
 proxectos referentes á tradución que levaba Mancomún (ou cando menos
 boa parte deles).
 

Pero, porque falas de ter que escoller? Insisto, outra vez: a 
ciberirmandade non pretende apropiarse de nada, so poñer unha máquina 
para que todos poidamos seguir participando, cada quen ao seu xeito, 
individual ou colectivamente.

Non entendo esta discusión.


 Embaixo respostas a Minhoca.
 
 Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de
 desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e
 algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que
 unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un
 servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.
 
 Si houbo reacción. Houbo reacción de xeito individual xa que o que non
 se pode agardar é que fagamos un comunicado como asociación ou algo
 polo estilo sen haber asociación. Lembro que Mancomún nun principio
 non contactou con Trasno por non ser asociación. Esta é unha das
 razóns polas que imos constituír a asociación, para poder parlamentar
 ca administración e que non pasen de nós como se nada.
 

Non vou discutir sobre a reacción.


Miguel Branco escribiu:
 
  - o factor máis frontista de CIF (e ollo, non digo que sexa nada
  malo), opino, non beneficiaria a trasno á hora de recrutar xente
  (xente reacia a posturas que se poden entender como máis políticas
  ca culturais). Poño como exemplo en [*] algunha nova que enlazades que
  a _algunha_ xente podería botar cara a atrás á hora de colaborar. Non
  falo de min persoalmente.
  [*]
  
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=1047:recebimento-nacional-aos-ex-presos-independentistas-santiago-vigo-e-jose-manuel-sanches-o-sabado-17catid=92:novas-dos-usuarios-e-usuariasItemid=130

A nova á que te refires non foi publicada en nome da ciberirmandade, 
senon por un dos usuarios da mesma. Cando publicamos cousas en nome 
colectivo, van na parte superior. As demais son as que publica a xente 
libremente (dentro duns límites, evidentemente).

Leandro Regueiro escribiu:
 
  +1 pero esqueciches algunha outra razón como a de que se somos
  asociación temos control absoluto dos recursos o que nos permitiria
  facer arranxos de forma inmediata e instalar o que nos petara.
 

E porque supós que non vas ter o control desa máquina? (evidentemente, 
con sentidiño)

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade + Asociación Trasno

2009-10-15 Conversa Minhoca
Leandro Regueiro escribiu:
 Tal como lembro de conversas anteriores con anteriores con alguén da
 CIF, e vou recalcar que estou bastante seguro de que poida non ser
 así, entendín que tiñades o servidor nalgún tipo de hosting que podia
 limitar o instalar certas cousas.
 

Hoxe estiven ausente por chollo toda a mañá, e pola tarde vou estar moi 
xusto de tempo.

So respostar ao que vai enriba.

Do que estamos a falar é de poñer un adicado a disposición da 
comunidade, non dun compartido, non habendo límites ao que se queira 
instalar.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade + Asociación Trasno

2009-10-14 Conversa Minhoca
mvillarino escribiu:
 CIF podían considerarse políticos -non me digas cais-, e porque nas
 CIF couve o SP, mentres que se desexaba manter o PT estritamente
 dentro do FLOSS.


Non teño tempo a respostar a mais, pois a vida privada obrigame a 
atender outras cousas agora.

CIF podían considerarse políticos: e con todo orguio defendemos a nosa 
lingua e a nosa nación. CON TODO ORGUIO.

CIF couve o SP: a CIF demanda a galeguización de toda a informática, 
dende webs até software. Non temos ningún problema en demandar que o 
Banco Etcheverría (ente privado) teña o seu web e o seu trato cos 
clientes en galego. E tamén non temos problema en demandar que o windows 
estea en galego.

Pero unha cousa é demandar e outra cousa pornos a traducir o windows.

Coñeces algún software traducido pola CIF, dentro da nosa humilde 
aportación, que sexa privativo?

O sinto, pero teño que desconectar xa.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade + Asociación Trasno

2009-10-14 Conversa Minhoca
mvillarino escribiu:
 
 Estritamente opinión persoal: Eu non lle vexo tanto problema, que o PT
 sexa asociación ou non a min caseque non me vai afectar o traballo que
 fago como tradutor. Vou seguir sendo tan tarasco como sempre!.
 

Penso que se están a sacar as cousas de sitio.

Na xuntanza, ABERTA, do luns en Cangas (e tamén dos cruces de correos), 
quedou claro que a CIF non pretendía nin dirixir, conducir ou apropiarse 
de nada.

A CIF o único que fixo foi ofrecer recursos (vease, servidor adicado 
financiado pola propia CIF mediante subscripción popular).

Eu non vexo ningún problema entre grupos ou individuos, e semella que 
estamos nesa liorta.

Cando Trasno se dirixiu á CIF para unha posibel integración (non me 
gusta a palabra), unha das primeiras respostas, se non estou errado foi 
de que crear unha asociación non era un trámite compricado e achegamos 
copia (ou ligazón) aos nosos propios estatutos por se servían de base. 
Vamos, que pareceme moi ben que se cren asociacións.

Para a CIF, o feito de constituirse en asociación (despois de trece 
anos, so fai tres que o fixemos), foi motivado exclusivamente polo noso 
interese de que a titularidade do noso dominio e a nosa conta no banco 
fosen colectivas, e non dun particular. E punto. Nin subvencións nin 
nada que poida atarnos.

No evento G11n de Compostela (fará dous ou tres anos), lembro que a 
intervención que fixemos foi de defender un certo grao de atomicidade e 
non concentración en mancomún, polo perigo que tería o software libre en 
galego caso de desaparecer o apoio institucional; nese intre, a 
Directora Xeral saltoume á chepa. E agora, co tempo, temos diante a 
realidade.

Chegou o cambio de goberno e comezaron as primeiras manobras de 
desmantelamento de mancomún. A nosa reacción foi a de facer ruido (e 
algún houbo), mais no mundo da tradución non houbo reacción (mais que 
unha carta). Entón, ante a parálise, ofrecimos pagar do noso peto un 
servidor (e mais se fan falla) para que o mundo da tradución siga vivo.

E nesas estamos: organizarmos entre todos e todas, traballarmos en 
conxunto, cada un cos seus métodos, individual ou colectivamente, e ter 
en marcha unha plataforma que sirva para que o software libre en galego 
siga adiante (e mais se é posibel). Alguén pode interpretar isto como un 
intento de apropiación? A máquina será posta, se finalmente o levamos 
adiante, a disposición da comunidade, e a organización que montemos será 
a que a propia comunidade quera que sexa, sen dirección individual ou 
grupal. Se a comunidade quere que un grupo determinado sexa o 
responsabel de levar o timón, eu non vou poñer impedimento a que así 
sexa, e mais cando recoñezo o traballo feito por moita xente e grupos.

Cal é o motivo do apoio? Non teño problemas en matizar que non é o 
software libre, pois se falasemos de montar unha plataforma de tradución 
a español ou frances de SL, non se podería contar coa ciberirmandade. O 
matiz está en apoiar o software libre en galego.

Veña, deixemonos de batallas e poñamonos a remar todos xuntos. Eu 
estarei hoxe na facultade de filoloxía e convido a quenes poidan asistir 
a que tamén estean presentes.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Ofrecemento da Ciberirmandade (era: Re: Pero non sen guerra pola nosa parte)

2009-10-11 Conversa Minhoca
Suso Baleato escribiu:
 
 Habería que ir mirando qué posibilidades temos; teríades problema en buscar
 un momento a semana próxima en santiago para xuntarnos físicamente? A partir
 do martes 13 teño a axenda prácticamente libre (vantaxes de que lle corten a
 un a cabeza por revolucionario).
 

Eu teño problemas á semá vindeira, e o tempo corre á nosa contra. Estou 
disposto a falarmos físicamente este luns, festivo, pero á hora mais 
tarde posibel (como se é de noite). Penso que os interesados en asistir 
deberian contactar directamente con Suso e el organizase.


 Penso que se logramos definir unha plataforma o suficientemente aberta para
 que toda esta xente teña cabida, e mesmo para atraer nova xente de cara ao 
 futuro, entón teremos logrado o máis importante. Estou seguro de que o resto
 irá chegando de forma natural.
 

Adiante.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Pero non sen guerra pola nosa parte

2009-10-07 Conversa Minhoca
Permitome utilizar como titulo do correo, parte dunha mensaxe enviada
por Leandro: pero non sen guerra pola nosa parte.

Tomo ese titulo para comezar mostrando o meu asombro porque a estas
alturas se fale de algo que xa pasou, que xa foi antes do verán, non agora.

Ao longo do mes de xullo houbo unha serie de mensaxes nesta mesma rolda
por parte de medulio e mais eu chamando á mobilización, e dende a
ciberirmandade tomamos a iniciativa de dar batalla. Consecuencia dese
movemento houbo reaccións en chuza, meneame, A Nosa Terra, Codigo Cero,
CIG, Galicia Confidencial, Xornal.com, BNG, .. So me consta que Melisa e
Agnix reaccionaron publicando unha nova no seu web a este respecto, ao
tempo que na rolda dos Guls houbo debate sobre o envio dun correo
certificado á Xunta.

A falta de reacción no mundo da traducción desconcertounos a moitos, e á
volta do verán, abrimos un debate na ciberirmandade. A proposta aceptada
foi a de ofrecer recursos á comunidade para que o traballo que se viña
facendo no paraugas de mancomún, puidese seguir dende fora dos pezuños
da administración.

Quero deixar aquí, xa que logo, constancia da continuidade da
CiberIrmandade no traballo con vistas a un proxecto de futuro serio e
independente que manteña o concepto de Mancomún.

Independentemente de como vaian as cousas, quede claro que pola miña
parte non vai haber problemas, e por parte da ciberirmandade penso que
tampouco (manteremos o ofrecemento do uso das nosas ferramentas a quen
as queira utilizar).

Como remate, indicar que os debates na ciberirmandade, do mesmo xeito
que vimos facendo nos nosos 13 anos de presenza na Rede (o que nos fai a
organización vencellada á lingua máis antiga na mesma), seguen sendo
públicos; achego ligazóns a algúns debates sobre isto nos nosos foros:
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=11t=3505
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5t=3451
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5t=3450
http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=18t=3449
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_obxetivostask=acadadosItemid=15
 


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..





[G11n] O Estado reprende á Xunta polo parón do I+D+I

2009-10-05 Conversa Minhoca
http://www.anosaterra.org/nova/35133/o-estado-reprende-a-xunta-polo-paron-do-idi-.html

CEN DESPEDIMENTOS NA NOVA XUNTA
O Estado reprende á Xunta polo parón do I+D+I

M. V .  Cesga, Mancomun e Rede de Dinamización. Estes son algúns dos 
centros da innovación pública nos que a nova Xunta do PP está a despedir 
traballadores, en primeiro lugar aos que tentaron crear comités de 
empresa, segundo denuncia a CIG. Despedimentos que están a deter o I+D+I 
no país, como lle espetou publicamente o director do centro estatal de 
desenvolvemento tecnolóxico ao conselleiro de Economía nun recente acto 
público.


No seu discurso de investidura, Alberte Nuñez Feixóo prometeu, entre 
outras grandes declaracións de principios, non tirar por terra os 
avances dos seus predecesores. Promesa que non se está a cumprir, polo 
menos no I+D+I e nas novas tecnoloxías.

Cambio de coordinador do CIS Galicia

Máis de cen traballadores de programas da Xunta de novas tecnoloxías e 
innovación están a recibir estes días carta de despedimento ou avisos de 
extinción de contratos segundo fontes sindicais. Son asalariados do 
Centro de Supercomputación de Galicia, a Fundación para a Calidade do 
Fomento Industrial e da Sociedade da Información, o Observatorio Galego 
da Sociedade da Información, o programa IMAN e a Rede de Dinamización da 
SI, entre outros.

Tamén podería haber despedimentos no CIS Galicia, despois de que a 
Consellaría de Innovación e Industria cesase esta semana o coordinador 
deste centro ferrolá, Xosé Somoza. Fontes da Consellería de Innovación 
aseguran que non foi un despedimento, senón unha baixa voluntaria por 
marchar ao rematar unha comisión de servizos que tiña este experto na 
Universidade de León.

Maurici Lucena sácalle as cores a Xavier Guerra

En todo caso o alto número de despedimentos están a causar unha 
diminución na actividade do I+D+I galego segundo os traballadores. De 
feito, mesmo o Estado reprendeu publicamente a Xunta por este motivo.

Así, o director do Centro para el Desarrollo Tecnológico e Industrial, 
díxolle publicamente ao conselleiro de Industria que o desde o Goberno 
Central se vía con moita preocupación o descenso tan considerábel da 
actividade en I+D+i que estaba sufrindo Galiza nos últimos meses.

Maurici Lucena, do Ministerio de Ciencia e Innovación, lanzoulle a 
Xavier Guerra esta recriminación en público, diante de máis de 350 
representantes do sistema galego de I+D+i, nunhas xornadas sobre 
innovación o 16 de setembro.

A CIG denuncia 'represión sindical' tras seren despedidos os que quería 
montar comités de empresass

Con todo, a nova Xunta do PP proseguiu coas notificacións de 
despedimentos. Segundo denuncia o secretario nacional da CIG autonómica, 
Manuel Gallardo Canitrot, os primeiros en caer foron traballadores que 
se tiñan dado o paso adiante de montar comités de empresa na Fundación 
para a Calidade do Fomento Industrial e da Sociedade da Información.

Por iso Gallardo acusa a administración de ?represión sindical? e 
lémbralle a Guerra que a ?administración non ten cor política?. O 
sindicalista denuncia que os despedimentos fanse mentres o Goberno 
presume de que vai crear unha nova axencia público de I+D.

Na súa opinión, os traballadores despedidos deberan conservar o seu 
posto de traballo até a creación da axencia e logo poder concursar a 
unha praza neste ente.

A Xunta fica sen especialistas en I+D

Gallardo alerta de que os despedimentos prexudican o rendemento do I+D 
público galego porque ?non temos constancia que haxa persoal propio da 
Administración para facer este traballo?. ?Rematouse o I+D na Xunta ou 
quen o vai facer??, pregúntase o sindicalista.

O representante da CIG insiste en que varios dos despedimentos foron de 
xeito improcedente e son ?represariados sindicais e políticos porque a 
CIG promoveu eleccións nesas fundacións?.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] A Xunta despide masivamente traballadores i+d+i

2009-10-05 Conversa Minhoca
http://www.galizacig.com/avantar/novas/2-10-2009/a-xunta-despide-masivamente-a-traballadoresas-dos-centros-publicos-de-investigacion-

A Xunta despide masivamente a traballadores/as dos centros públicos de 
investigación e desenvolvemento tecnolóxico

A decisión chega logo do preaviso para as eleccións sindicais e vai 
supor o desmantelamento das entidades dedicadas a I+D+i

A CIG-Autonómica denunciou publicamente o desmantelamento que a Xunta de 
Galiza está a levar a cabo das fundacións creadas polo bipartito 
destinadas á investigación e o desenvolvemento tecnolóxico. O goberno 
galego vai despedir a máis de 100 traballadores/as destes centros, 
recoñecendo explicitamente a improcedencia dos mesmos, sen garantir a 
continuidade da actividade. As notificacións comezaron a chegar logo de 
que a CIG preavisara da celebración de eleccións sindicais o pasado mes 
de setembro.

O responsábel da CIG-Autonómica, Manuel Gallardo Canitrot, acompañado 
por Alexandre Prieto, membro da Xunta de Persoal por Pontevedra, Anxo 
Anta, representante da Xunta de Persoal de Servizos Centrais, e Suso 
Baleato, ex-coordinador de Mancomún, denunciou a ?vulneración dos 
dereitos sindicais? dos traballadores/as dos centros dedicados á 
investigación tecnolóxica que a Xunta de Galiza está a levar a cabo.

Pouco antes de mediados de setembro, a CIG deu o preaviso de eleccións 
sindicais nestes centros. A partir desa data comezaron as comunicacións 
de despedimento con dúas modalidades: ceses inmediatos nos que a Xunta 
recoñece a improcedencia dos despedimentos e ofrece as correspondentes 
indemnizacións de 45 días por ano traballo e, noutros casos, 
notificacións certificadas sobre a finalización de contratos por obra e 
servizo o próximo día 31 de decembro.

?Estamos convencidos de que parte  destes despedimentos son unha forma 
de castigar a aquelas persoas que amosaron interese por participar nas 
eleccións sindicais escollendo a CIG para representalas, pero tamén é un 
método para eliminar calquera tipo de desenvolvemento tecnolóxico en 
galego e para Galiza?, criticou Gallardo.

Desmantelamento dos servizos

Os despedimentos afectan a técnicos de distintos centros de traballo, 
dos que pola súa importancia pódese destacar tanto o CESGA como a 
Fundación Calidade. Como consecuencia destes despedimentos, 
desaparecerían tamén outros servizos impulsados polo bipartito como o 
Observatorio Galego da Sociedade da Información (OGSI), diversos 
programas de I+D+i como o IMAN, dedicados a evitar a fuga de cerebros, 
de apoio ás empresas ou de busca de financiación na Unión Europea. Entre 
os servizos afectados estaría tamén á Rede de Dinamización da Sociedade 
da Información, deixando sen servizo a máis de 45 telecentros ubicados 
en distintas comarcas do país.

A respecto de Mancomún, Suso Baleato destacou o recoñecemento 
internacional que tiña recibido pola ONU e a Unión Europea como centro 
de referencia na promoción do software libre dende a administración 
pública. Co desmantelamento de Mancomún, Galiza tamén vai perder 2 
millóns de euros en subvencións europeas que deixarán de tramitarse e en 
contratos con PEMES que xa non se poderán levar a cabo.

Incumprimento do programa electoral

Neste senso, Alexandre Prieto lembrou que no seu programa electoral, o 
PP comprometíase a aplicar estándares abertos e software libre na 
administración e a promover a súa implantación na sociedade galega. Non 
obstante, unha das primeiras medidas que adoptou Feijoo ao chegar ao 
goberno foi adxudicar 5 millóns de euros para licencias, dous deles ao 
xigante Microsoft.

Tamén lembrou o aforro de custos que suporía a utilización do software 
libre e a necesidade de que sexa a propia administración a que impulse a 
extensión do seu uso ás empresas e ao conxunto da sociedade. Ademais, 
denunciouse a hipocrisía do Goberno galego ao criticar o recorte nos 
Orzamentos Xerais do Estado das partidas destinadas á innovación e 
desenvolvemento en tempos de crise, mentres desmantela os centros e 
programas que para tal fin se puxeron en funcionamento no nosos País.

Pola súa banda, Anxo Anta referiuse aos efectos que a decisión vai ter 
sobre as diferentes unidades administrativas relacionadas con I+D, que 
teñen encomendas de xestión por realizar, pero que agora non van poder 
cumprir ao despedirse o persoal encargado de tales tarefas.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Nota de prensa: Masivo respaldo á continuidade de Mancomún

2009-07-17 Conversa Minhoca
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=924catid=92Itemid=130

--

Apenas tres días despois de lanzarse a campaña de apoio ao software 
libre na Xunta, promovida pola Ciberirmandade da Fala esta organización 
en defensa da lingua de Galiza nas novas tecnoloxías fai balanzo 
provisional dos resultados. A verdade é que a campaña está tendo 
bastante repercusión na rede manifestan dende esta organización. Aínda 
non chegamos ao ecuador da campaña e xa levamos varios miles de 
participacións na mesma, tanto no que respecta ás lecturas dás 
informacións que publicamos sobre a ameaza de desaparición de 
Mancomun.org, como á colaboración no envio de correos individuais aos 
responsábeis tecnolóxicos da Xunta e grupos parlamentares, tendo en 
conta, por riba, a época do ano en que estamos; está claro que a xente 
está preocupada con este tema.

A este éxito están contribuindo as asociacións de software libre galegas 
máis comprometidas, que comezan a amosar o seu apoio á campaña a 
traverso das súas webs como é o caso de MeLISA ou Agnix, así como unha 
longa relación de webs de información xeral e especializadas, blogs 
persoais, prensa dixital e innumerabeis cruces de correos electrónicos.

** Nerviosismo na Xunta

Dende a CiberIrmandade constatan o nerviosismo que está a xerar esta 
cuestión na Xunta. Segundo informan fontes da CIG, na Mesa Sectorial de 
Negociación de Persoal Funcionario do día 10 de xullo, así como noutras 
xuntanzas con responsábeis políticos da administración de Galiza, o 
sindicato preguntou polas recentes adxudicacións multimillonarias para 
mercar software privativo (principalmente Microsoft), contravindo deste 
xeito o acordo do Parlamento de Galiza do ano 2007 de potenciar o 
software libre na administración galega e que agora, coa publicación (9 
de xullo) da folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido Popular, 
desaparece calquer referencia aos proxectos iniciados polo bipartito sen 
que se mencionen alternativas concretas que os reemplacen.

A este respecto dende a Ciberirmandade sinalan que Se o Partido Popular 
non ten nada que ocultar, o lóxico sería que publicasen un comunicado 
desmentindo a información publicada pola prensa ou que confirmasen dunha 
vez que Mancomun.org vai continuar. Pero moito nos tememos que están 
tratando de enganar á xente ou simplesmente gañar tempo.

** Repercusión a nivel estatal

Mais os apoios non chegan só de Galiza, e así os organizadores da 
campaña dan constancia da repercusión que está a ter a nivel estatal, 
onde diversos foros dan conta da sorprendente eliminación do software 
libre nos plans tecnolóxicos da Xunta, despois das promesas eleitorais 
de Núñez Feijóo, literalmente: Implantar o software libre e os 
estándares abertos na Xunta.

Por este motivo, confirmase que a principal organización estatal de 
defensa do software libre, Hispalinux, está a contactar cos responsábeis 
tecnolóxicos da Xunta.

** Chamamento á participación

Dende a Ciberirmandade indican que a campaña só acaba de empezar. Polo 
momento non fixemos apenas difusión da campaña, que mantivemos no ámbito 
das organizacións máis afíns ao software libre. Agora chegou o momento 
de extender a campaña a toda a sociedade, posto que periga a 
disponibilidade do software libre, o que equivale ao perigo da 
dispoñibilidade do software en galego 

Se vostede aínda non enviou o seu correo suxeríndolle á Xunta a 
continuidade do software libre, esto é, a continuidade de Mancomun.org, 
pode facelo de forma sinxela facendo click nesta ligazón.
-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
máximo de correos e ruido.


http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=916catid=109Itemid=129

Todos os gobernos fan unhas cousas mellor e outras peor. O bipartito 
tivo os seus fallos mais unha das cousas boas que fixeron foi a de 
lanzar o centro de software libre Mancomún. Durante os últimos anos 
Mancomún mantivo actualizados en galego os programas informáticos máis 
usados como o navegador (Firefox) ou a ofirmática (OpenOffice). O 
Galinux, un sistema operativo para poder ter a computadora completamente 
en galego tamén foi unha iniciativa de Mancomún.

Durante a campaña eleitoral o Partido Popular prometeu implantar o 
software libre, pero agora que están na Xunta ameazan con desmantelar 
Mancomún, e nós queremos evitalo. Se tí tamén queres que Mancomún 
continúe funcionando, axúdanos sumándote a esta campaña: clica nesta 
ligazón para enviarlles agora un correo electrónico.

http://www.ciberirmandade.org

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Pola democracia no sotware. Pola democracia no idioma

2009-07-14 Conversa Minhoca
damufo escribiu:
 Boas:
 Quixen chuzar pero di que a historia está penalizada polo votos anónimos.
 

Vexo que leva 39 votos, dos que 14 son anónimos (e 25 de usuarios 
rexistrados). É unha proporción moi alta de anónimos, polo que o sistema 
de chuza non permitirá mais anónimos mentres non aumente o de usuarios 
rexistrados.


 
 Minhoca escribiu:
 En chuza:
 http://chuza.org/historia/a-ciberirmandade-da-fala-cria-campanha-para-o-apoio-ao-software-livre/


 Minhoca escribiu:
 É tempo de participar facendo ruido para evitar o peche de mancomun. Se 
 queres colaborar, a maiores de enviar o prego que propoñemos (cada quen 
 o pode modificar ao seu gusto), fai circular esto pola rede para sumar o 
 máximo de correos e ruido.

 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Resposta da sociedade ao posibel peche de mancomun

2009-07-14 Conversa Minhoca
Mais ruido:

Codigocero:
Ineo proponlle á Xunta a súa colaboración en materia das TIC
http://codigocero.com/Ineo-proponlle-a-Xunta-a-sua

A nosa terra:
O BNG denuncia a ausencia de apoio ao software libre por parte da Xunta
http://www.anosaterra.org/nova/o-bng-denuncia-a-ausencia-de-apoio-ao-software-libre-por-parte-da-xunta.html


Veña, a seguir fodendo ao maquinista, que se vai incomodo pode parar o tren.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Desinstitunacionalización. Peche mancomun

2009-07-13 Conversa Minhoca
damufo escribiu:
 Qued
 
 marce escribiu:
 O Domingo, 12 de Xullo de 2009 01:14:38 Minhoca escribiu:
 Sorprendenme as poucas mensaxes que están a circular nesta rolda sobre o
 probábel peche de mancomun.
 A min tamén

 Se alguén quere colaborar a facer ruido, que pase por aquí:

 http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5t=3450
 Feito! queda enviado (a todos) o correo.
 

Se non hai novas, na noite do luns a martes a ciberirmandade vai lanzar 
o vindeiro obxectivo, que será o apoio a mancomún e software libre como 
ferramenta de galeguización.

Se alguén quere enviar o correo xa agora, é libre de facelo. En 24 
horas, o vai ter mais doado.

E até entón, quen queira participar preparando a campaña, que pase pola 
ligazón anterior. A estas horas os textos e os enderezos son so propostas.

Cando a campaña estea xa lanzada (24 horas), está da man de todos nos 
darlle trascendencia, movela pola rede, para que haxa unha participación 
masiva.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún

2009-07-13 Conversa Minhoca
suso escribiu:

 Polo que estou vendo na rede hai moita xente sensibilizada co tema; se tedes
 intención de movilizarvos para defender o proxecto, claramente o momento de
 facelo é agora.
 

Esta noite/madrugada, pasade pola ciberirmandade, que comezará a campaña.

Está na man de todos nos espallalo pola rede para que sexan miles os 
correos electrónicos que lles cheguen.

Nota: a ciberirmandade non fai mail-bomb, senon que preferimos correos 
individuais, con nome e apelidos.



-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Desinstitunacionalización. Peche mancomun

2009-07-12 Conversa Minhoca
mvillarino escribiu:
 Fora diso e da putada que supón quedar agora sen traballo, hai que
 mirar para diante, purrar por converter a trasno ou similar en
 asociación e ter ese servidor de andando, con servizos de tm e tbx, e
 o resto dos habituais en software de comunidade en rede.
 

Sorprendenme as poucas mensaxes que están a circular nesta rolda sobre o 
probábel peche de mancomun.

Antes de discutirmos o reparto da herdanza, e en paralelo á necesidade 
de estar preparados para se finalmente temos un finado diante, inda 
podemos chamar ao médico, ou polo menos morrer combatindo.

O Plano Estratéxico non conta con mancomún nin o uso do software libre 
na administración e, coñecendo a administración por dentro, en pouco 
tempo vamos topar coa realidade.

O único que pode parar o tren é o ruido mediatico, conseguir que o PP 
reconsidere a decisión (xa tomada). Temos o dereito a patalexo e, pola 
miña parte, vou patalexar.

Se alguén quere colaborar a facer ruido, que pase por aquí:

http://www.ciberirmandade.org/taboleiro/viewtopic.php?f=5t=3450



-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Desinstitunacionalización

2009-07-12 Conversa Minhoca
suso escribiu:
 Boas,
 
 - Infraestructuras. Aquí desinstitucionalizar significa externalizar nalgunha
   organización que actue á marxe dos cambios de cor política dos gobernos de
   turno e que sexa capaz de asumir o mantenemento dos servizos que
   identifiquemos como críticos para a continuidade dos proxectos de l10n.
 
 Creo que con estes aspectos quedan sinalados os aspectos fundamentais do
 proceso de desinstitucionalización, polo menos para darlle inicio a unha
 posta en común que nos sirva para concretalo.
 
 Por último: un risco real, e que penso deberíamos evitar, é que acabe o
 presente e con él os actuais convenios aos que está vencellado o personal e
 as infraestructuras sobre as que funcionamos, sin que por parte da comunidade
 se asumira de forma efectiva a continuidade de alomenos eses tres proxectos
 de localización.
 

Cando a xornada G11n de fai dous anos? á que foi convidada a 
ciberirmandade, en representación desta manifestara a conveniencia de 
non centralizar en exceso por mor do perigo que suporía o peche de 
mancomún. Lembro que a, daquela, Directora Xeral amolouse comigo pois 
entendeu que as miñas verbas denunciaban o intento de mancomún por 
acaparar todo o relativo á tradución. Esta interpretación foi errada, 
pois o que sempre defendimos dende a ciberirmandade foi a conveniencia 
da existencia de diversos grupos de tradución autónomos, reservando para 
mancomún un papel coordinador, fornecedor de recursos e, como di Suso, 
profesional para traballos importantes non atendidos.

O paso do tempo, por desgracia, parece que ven confirmar esas ideas, e, 
a maiores da posición da ciberirmandade de dar batalla inda que so sexa 
facendo ruido, non queda outra que prepararse para a volta a tempos pasados.

Retomando o evento G11n de fai dous anos, como representante da 
ciberirmandade tamén expusen que para nosoutros a discusión non é 
software libre/software privado, senon software galego, e que o 
software libre é unha ferramenta de galeguización. Esa é a importancia 
do software libre para a ciberirmandade e de aí o interese en apoialo.

Chegados a este punto, non queda outra que prepararse para o que 
previsibelmente vai vir (pero que temos que tentar parar).

A CiberIrmandade non pode ofrecer coñecementos técnicos. Fumos quenes 
puxemos en marcha o primeiro entrans no país, pero nos falta xente para 
procesar os arquivos PO, polo que está parado. A tradución que facemos 
agora é directamente con arquivos nos foros.

Non podemos ofrecer coñecementos, pero si podemos ofrecer recursos (falo 
a titulo persoal, pero penso que ninguén se oporía). Dispoñemos de 
roldas de distribución, foros que se poden estructurar baixo demanda 
(visibeis, ocultos, subforos, ...), espazo e transferencia no servidor, 
unha instalación de entrans. E se fixera falla mais, supoño que 
poderiamos chegar ao que fose necesario, pois nunca nos faltou a pasta 
(colleitada mediante subscripción popular). Non temos problemas a que se 
empreguen os nosos recursos sempre que sexa para xerar ferramentas en 
galego.

Porén, a situación ideal é ben distinta (falo outra vez a titulo 
persoal). Mancomún ten xente en nómina, profesionais capacitados que 
fixeron un magnífico traballo. E agora, a comunidade sería incapaz de 
manter eses contratos. Pero, seríamos quen de organizar un novo 
mancomún? Seríamos quen de, entre todos, mediante subscripcións 
populares, colleitar diñeiro para manter, se non igual, un novo mancomún 
con persoal contratado e recursos de máquinas abondos? Evidentemente 
esto en paralelo co mantemento das distintas organizacións. Sei que é 
moi dificil, pero aí queda esto por se alguén quere discutilo.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún

2009-07-09 Conversa Minhoca
http://www.ciberirmandade.org/sitio2009/index.php?option=com_contentview=articleid=908catid=92Itemid=130

Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do Partido 
Popular e todo parece confirmar os peores agoiros que ameazaban os 
proxectos tecnolóxicos iniciados polo bipartito. Iniciativas tan 
positivas como Mancomún, Galinux ou a Rede de Dinamización quedan 
condenadas a desaparecer unha vez que o PEGSI sexa derogado polo novo 
Plan Estratéxico Global que se licitará neste mes de xullo.

Tal como se pode comprobar no documento aprobado hoxe, a Xunta do 
Partido Popular acaba de aprobar un plan no que os proxectos 
tecnolóxicos do bipartito desaparecen completamente, sen propoñer 
alternativas concretas que os reemprazen.

En contra das promesas electorais de Núñez Feijóo -lembremos que 
prometeu implantar o software libre na Xunta- o plan tecnolóxico nin 
siquera menciona esta posibilidade. Esta omisión resulta especialmente 
significativa nun dos eixos prioritarios, o do e-goberno (ou sexa, a 
administración electrónica) no que nin sequera se mencionan os 
estándares abertos.

A falta de compromiso co software libre contrasta coas adxudicacións 
multimillonarias feitas a Microsoft e autorizadas polo Partido Popular 
en canto chegaron ao poder, tal como denunciou no seu día a prensa.

Feijóo mesmo chegou a verse recentemente traizoado polo subconsciente ao 
afirmar Me gustaría poder tener un 'Power Point' para explicar todo el 
plan, nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. Toda unha 
declaración de principios implícita.

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Erro en paquete de galego de joomla?

2009-06-08 Conversa Minhoca
Fai dous dias fixen unha instalación de joomla 1.5.11, e, efectivamente 
ofreceume (por defecto), a instalación en galego.

Porén, cando fun engadir os paquetes do idioma para o frontend e 
backend, recibín erro na instalación dos dous). Tiven que recuar e meter 
o paquete anterior, da versión 1.5.7


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[G11n] Alguén entende algo? Novo tradutor galego-castelán... privativo!

2008-05-16 Conversa Minhoca
suso.baleato en xunta.es escribiu:
 Novo? tradutor galego-gastelán privativo:
 
 http://www.anosaterra.org/nova/novo-tradutor-automtico-galego-casteln.html
 
 Alguén entende algo? Qué, cómo porqué para qué?
 

Unha mala nova. Outra ferramenta que, sumada as moitas xa existentes, 
axudará a empobrecer a lingua. Unha boa excusa para quenes queiran 
utilizar a lingua colonizadora do imperio e, sen gastar un can, facer 
traducións estandar e con erros.


 E xa activando modo autobombo, á dereita da señora que protagoniza a
 nova, aparece unha foto miña en plan intelectualoide que dá acceso ao
 blogue que me activou a xente da nosa terra. Escribín unha crónica
 subxectiva do evento desta finde pasada. Calquera suxestión...
 

Moi ben.


-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..


[G11n] Xerar arquivo PO

2008-05-15 Conversa Minhoca
Alguén sabe como podo xerar un arquivo PO dun arquivo php coa seguinte 
estructura:

define('Nome_da_etiqueta', 'Texto a traducir');

Obrigado.
-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..


[G11n] Xerar arquivo PO

2008-05-15 Conversa Minhoca
Fran Dieguez (GLUG) escribiu:
 Tes que marcar o código empregando a libraría gettext, aquí tes un 
 pequeno tutorial 
 http://www.mclibre.org/consultar/php/lecciones/php_gettext.html sobre 
 como marcar e aquí a documentación da libraría http://es.php.net/gettext.
 
 Saudañas, e por certo Google para estas cousas vai moooi ben.
 
 Minhoca escribiu:
 Alguén sabe como podo xerar un arquivo PO dun arquivo php coa seguinte 
 estructura:

 define('Nome_da_etiqueta', 'Texto a traducir');

 Obrigado.
   

Obrigado. De verdade que botei horas e horas procurando información en 
google, pero nunca fixen isto e ando moi perdido.

Ben. Seguindo esas instrucións fun quen de xerar o PO. Pero agora non 
sei como facer o inverso.

No arquivo fonte engadín as etiquetas do que hai que traducir. Despois o 
Poedit xerou o arquivo PO. Traducin. E agora non atopo o xeito de 
invertir o proceso, nin co poedit nin co kbabel.

Que fago?

Sinto dar o coñazo. Como dixen antes botei horas procurando información 
e inda non me situo.

Estiven vendo tamén o pdf que aportou no G11n Juan Rafael Fernandez, 
pero con el non atopo o xeito de facer o paso inverso cun arquivo fonte 
coa estructura que mencionei (define).

 

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..


[G11n] Xerar arquivo PO

2008-05-15 Conversa Minhoca
Pendente de probar as ligazóns que achega Xabier e Susana, respecto do 
dito por Leandro e Fran o problema está en que para o caso que me ocupa 
é preciso meter as cadeas traducidas no arquivo orixinal php.

Seguín o metodo de Fran metendo uns códigos que o poedit os entende para 
xerar o arquivo po. Vexo que o propio poedit xera un arquivo mo.

Pero agora é preciso substituir o traducido no arquivo fonte.

Prego disculpas pois eu son un militante da lingua, e non un experto 
informático.


Leandro Regueiro escribiu:
 Si. O bo do sistema que propón Fran é que o programa se integra con Gettext.
 
 Engadindo esas liñas en realidade o que fas é internacionalizar o
 programa, ou sexa, permitir que se localice. Despois extraes as
 cadeas, traduces co programa que sexa, xeras o ficheiro .mo ó que
 accede automaticamente despois o código php.
 
 Ata logo,
   Leandro Regueiro
 ___
 G11n mailing list
 G11n en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/g11n
 
 

-- 
---
  Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.

CiberIrmandade da Fala: Por Galiza e a sua lingua propia, colabora
http://www.ciberirmandade.org

A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Nuevo traductor de documentos Open Office entre múltiples lenguas

2007-01-15 Conversa Minhoca
Pois estaría ben probalo. E unha proba poderíase facer traducindo esta 
mesma mensaxe.

Oscar Hermida wrote:
 Hola,
 
 Os informamos de la creación de un nuevo proyecto llamado Traducíndote
 que permite traducir documentos de OpenOffice Writer (formato ODT) entre
 múltiples pares de lenguas, como: español, gallego, catalán, portugués...
 
 En la práctica, también sirve para traducir documentos de Word,
 convirtiéndolos a través de OpenOffice. De este modo también se fomenta
 el uso y conocimiento de OpenOffice, y se demuestra la necesidad de los
 estándares abiertos para permitir la capacidad de innovar de los
 pequeños programadores y la interoperatividad de las herramientas.
 
 Está basado en Apertium, e incorpora como novedad que se pueden traducir
 documentos que también incluyan imágenes, tablas, etc... y todo esto sin
 alterar (esperemos) su contenido.
 
 Traducíndote está aún en fase beta, pero se alberga para su prueba y uso
 en el IES Chan do Monte en el cual estoy cursando 2º curso de Desarrollo
 de Aplicaciones Informáticas.
 
 Traducíndote se libera como GPL, y en breve esperamos poner en marcha la
 forge necesaria para que pueda ser extendido, desarrollado e
 implantado por la comunidad.
 
 Dado que es una aplicación que puede beneficiar a mucha gente en muchos
 ámbitos, por la necesidad de traducir documentos de Writer o Word, ruego
 reenvíes este correo a aquellas personas, foros, webs o medios que
 puedan facilitar su difusión.
 
 La URL de Traducíndote es:
 
 http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote 
 http://www.ieschandomonte.edu.es/traducindote
 
 Saludos
 
 Óscar Hermida López
 
 
 
 
 ___
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
 Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
 http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego

-- 
---
  Saúde.
..
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
minhoca en ciberirmandade.org - alternativo: minhoca en wanadoo.es

Ciberirmandade da Fala - http://www.ciberirmandade.org
A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] [Localización da Debian ao galego]

2007-01-04 Conversa Minhoca
Alguén ten ou quere redactar algún texto (breve) para darlle publicidade 
a esa rolda de debian?

-- 
---
  Saúde.
..
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
minhoca en ciberirmandade.org - alternativo: minhoca en wanadoo.es

Ciberirmandade da Fala - http://www.ciberirmandade.org
A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Posibilidade de mudar o nome desta rolda?

2006-11-06 Conversa Minhoca
O nome desta rolda é excesivamente longo. Sería posibel mudalo?

Refirome tanto ao que é a rolda en si como ao prefixo que acompaña ao 
asunto. O primieiro (mudar o enderezo), é algo a valorar, mais o segundo 
non debería ser problema algún se estamos conformes todos/as, e 
nomeadamente mancomún.

-- 
---
  Saúde.
..
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
minhoca en ciberirmandade.org - alternativo: minhoca en wanadoo.es

Ciberirmandade da Fala - http://www.ciberirmandade.org
A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
..



[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] entrans vs.pootle

2006-07-28 Conversa Minhoca
Duas cousas: a primeira, pedirlle ao administrador desta rolda que mude a 
configuración, pois as respostas non se dirixen automáticamente á rolda, senon 
a quen envia a mensaxe orixinal. Así, a esta mensaxe de Frco. Javier Rial, xa 
lle enviara unha resposta pola mañá, mais non chegou á rolda, senon a el 
individualmente.

Esto é o texto que respostei:

Cando discutimos que ferramenta utilizar, o maior inconvinte que lle
atopamos a Pooter foi que estaba feito en Python, o que dificulta a sua
adaptación. O Entrans, inda que poida ser inferior, está en php, que por ser
mais coñecido, facilita calqueira adaptación de código que se lle queira
aplicar.

Quede claro que eu non controlo.



---
 Saúde.
..
Miñoca (Alexandre Prieto). Vigo-Galiza.
mailto:minhoca en ciberirmandade.org
Ciberirmandade da Fala - A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede 
http://gz.ciberirmandade.org ou http://www.ciberirmandade.org
..


  - Original Message - 
  From: Frco. Javier Rial 
  To: Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org 
  Sent: Friday, July 28, 2006 12:42 PM
  Subject: [Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] entrans vs.pootle


  Con respecto a mensaxe de minhoca, totalmente de acordo con el, somos un pais 
de minilatifundios.. 

  Agora ben, tema aparte, para traballar vía web e xuntar esforzos vexo que hai 
varias opcións (algunha máis hai; pero non son software libre ou calquera outro 
motivo) de ferramentas de traducción colaborativas.

  Unha delas Pootle, que é das máis extendidas; pero gracias a minhoca e a 
ciberirmandade da fala vin que existe 

  entrans -- http://www.sourceforge.net/projects/entrans/

  Gustaría saber os motivos da ciberirmandade que os fixo decantarse por esta 
ferramenta e non por Pootle. Alguén que a probara que opine.

  Eu probeina dende a web de ciberirmandade e resúlta visualmente moi sinxela e 
intuitiva, non sei que opinará a xente que probou Pootle (estou en fase de 
probas co pootle, entón polo de agora non opino).

  Saúdos





--

  LLama Gratis a cualquier PC del Mundo.
  Llamadas a fijos y móviles desde 1 céntimo por minuto.
  http://es.voice.yahoo.com


--


  ___
  Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego mailing list
  Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego en mancomun.org
  
http://listas.mancomun.org/mailman/listinfo/ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego
 próxima parte 
Borrouse un adxunto en formato HTML...
URL: 
http://listas.mancomun.org/pipermail/g11n/attachments/20060728/871e9586/attachment.htm
 


[Ferramentas_e_estratexias_de_traducion_ao_galego] Primeira mensaxe dende a CIF

2006-07-24 Conversa Minhoca
Esta é a miña primeira mensaxe a esta rolda. Noraboa pola iniciativa.

En mais dunha ocasión ten ocurrido que se teñen feito traducións dun
software á nosa lingua por varias persoas, sen saber unhas das outras, e por
tanto, duplicando esforzos inutilmente.

Na CiberIrmandade temos falago algo disto, e pensamos que mancomun podería,
entre outras cousas, ser un punto referente de información dos traballos que
se están a facer por cada quen, de xeito que se eviten esas duplicacións.

Así, cando unha persoa ou organización quere facer unha tradución, podería
informar a mancomun, e esta ter un taboleiro no web cos distintos traballos
que están en marcha na rede.

Evidentemente é cousa do tempo que a xente colla a costume de informar a
mancomún e consultar o que está en marcha antes de comezar, pero como digo,
é cuestión de tempo coller esa dinámica.

Unha vez chegados eiquí, informo que na CIF estamos comezando a tradución da
beta de phpBB3. Se sabedes de alguén que o estea a facer tamén,
agradeceriamos que informasedes.

--
---
Saúde.
..
Alexandre Prieto. Vigo-Galiza.
Ciberirmandade da Fala - A defensa da lingua da Galiza, tamén na rede
http://gz.ciberirmandade.org ou http://www.ciberirmandade.org
..