Re: Kturtle // Logo

2008-07-28 Conversa Javier Pico
2008/7/27 mvillarino mvillar...@gmail.com

 O Domingo 27 Xullo 2008 13:12, Javier Pico escribiu:
   desde $x = 1 até 10 en_pasos_de 2 { ... }
 
  Esa sintaxe é como a de basic [se non recordo mal].
 É machacada á do BASIC do Spectrum

  E creo que ben pode
  traducirse [en pseudocódigo] como para $x=1 ata 10 paso 2 [é decir:
 para
  (valor inicial, ata valor final, incremento).


  Eu sigo insistindo con traducir else por senon.  Así tamén contribues
 a
  que os cativos aprendan a diferencia entre se non e senon.
 
  Outra posibilidade é a de traducir o operador booleano NOT por
 distinto.
  É unha linguaxe de programación de alto nivel, pero ninguén di que as
  sentencias deban ser frases gramaticalmente ben construídas, simplemente
  deben entenderse.
 $a = 1\n
 $b = 5\n
 se distinto (($a lt; 10) e ($b == 5)) {\n
  escreber \Olá\\n
  }\n
  senon\n
  {\n
  escreber \Adeus\\n
  }\n

 Non me convence moito


Certo, visto o exemplo non se axeita de todo. De todas formas sigo decindo
que non ten por qué haber confusión entre senon e se non.


 
 for desde
   
for , dependendo da sintaxe que use, ... anque se é como en C,
 Java,
e derivados, eu traduciriao por para
   
 to  até
 stepen_pasos_de
   
step - paso [termos simples]
  
   Ver en riba [RFC]
  
 break   sair_do_bucle
   
break -  romper
   
 return  voltar
   
return - devolver [anque depende da sintaxe, se permite devolver
valores eu non usaría voltar]
  
   Ok con devolver:
   aprender_a multiplicarseUnMesmo $n {\n
$resultado = $n * $n\n
devolver $resultado\n
   }
  
  
  
  
  
   De break non din con documentación, polo que asumo que fai o mesmo
 que
   o break de C, sair do corpo do bucle máis próximo ao ponto), e déixoo
   como sair_do_bucle.
 
  Insisto no de romper, aparte de ser máis literal, realmente unha
  sentencia break rompe a execución dun bucle. [non sei se me explico, a
  connotación é distinta que a de sair]


  Entendo, a través destes exemplos, que learn é unha forma de definir
  funcións, ¿engánome?
 Non

 rdn (random)alea
  
   iacta est (esta non ma pillache ;-)
 
  Bueno, non estivo mal considerando que eran as 3 da madrugada :D


 --
 Best regards,
 MV


 --
 To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.



[ot] paraolimpiada, paralimpiada parolimpiada

2008-07-28 Conversa damufo

Ola:
Alguén sabe como se di en galego? paraolimpiada, paralimpiada 
parolimpiada...?
No volga non ven, no irindo tampouco, no desanovado da rag tampouco, no 
estraviz tampouco.

Parece incrible! non?


Re: [trasno] [ot] paraolimpiada, paralimpiada parolimpiada

2008-07-28 Conversa Susana Sotelo Docio
O Luns 28 de Xullo de 2008, damufo escribiu:
 Alguén sabe como se di en galego? paraolimpiada, paralimpiada 
 parolimpiada...?
 No volga non ven, no irindo tampouco, no desanovado da rag tampouco, no 

Se buscas a forma simple:

-
[volga]
olimpíadaf

[irindo]
olimpíada
 lat olympas  gr 
port:olimpíada/olimpíade cast: olimpiada ingl: Olympiad

[estraviz]
Olimpíada ou Olimpíade s. f. Período de quatro anos decorridos entre
duas celebrações consecutivas dos jogos olímpicos, na antiguidade grega.
pl. O mesmo que jogos olímpicos [gr. olympias, ados, lat. olympiade].
-

Non estou segura ao 100% pero diría que paraolimpíada (norma RAG) ou
paraolimpíad[ae] (outras normas).

-- 
Susana Sotelo Docio http://gramatica.usc.es/~sdocio
Linux User #96506  gpg-id: 0E9BEDA4

Only after the last tree has been cut, only after the last river has
been poisoned, only after the last fish has been fished, only then you will
discover that money can not be eaten. -- Evelyn Waugh


Re: Kturtle // Logo

2008-07-28 Conversa damufo


mvillarino escribiu:

Boas,
estou a revisar e completar a tradución do KTurtle, que ven sendo un entorno 
de programación para cativos en algo semellante a LOGO.


Resulta que se supón que se deben (ou poden) traducir as palabras-chave do 
LOGO que emprega KTurtle, e a iso ando.

As dúbidas son:
1.- Considerades oportuno traducilas?
2.- Existe algún tipo de convenio preexistente, referente a como se 
traducirían?


3.- A chicha: Os comandos LOGO de KTurtle son os que se enumeran na táboa 
que segue, xunto coa tradución que estou a barallar. Algún comentario?


COMANDOS Kturtleidem en galego
truecerto
false   falso
, (separador de lista)  ,
. (separador decimal)   .
exitsair
if  se
elsecaso_contrario
repeat  repetir
while   mentres
for desde
to  até
stepen_pasos_de
break   sair_do_bucle
return  voltar
waitagardar
and e
or  ou
not non
learn   aprender_a
reset   reiniciar
clear   limpar
center  centrar
go  ir
gox irx
goy iry
forward avanzar
backwardrecuar
direction   dirección
turnleftxirarEsquerda
turnright   xirarDereita
penwidthanchoLápis
penup   subirLápis
pendown baixarLápis
pencolorcorTrazo
canvascolor corLenzo
canvassize  tamañoLenzo
spriteshow  mostrarSapoconcho
spritehide  acocharSapoconcho
print   imprimir
fontsizetamañoLetra
random  aleatorio
getxposiciónX
getyposiciónY
message mensaxe
ask perguntar
pi  pi
tan tan
sin sin
cos cos
arctan  arctan
arcsin  arcsin
arccos  arccos
sqrtraíz
exp exp
round   redondear

ALCUMES DOS COMANDOS
ccl (clear) lp
gx (GoX)ix
gy (GoY)iy
fw (forward)av
bw (backward)   rc
dir (direction) dir
tl (turnleft)   xe
tr (turnright)  xd
pw (penwidth)   al
pu (penup)  sl
pd (pendown)bl
pc (pencolor)   cl
cc (canvascolor)clz
cs (canvassize) tlz
ss (spriteshow) msc
sh (spritehide) asc
rdn (random)alea


Eu non poría acentos nos comandos.


Re: Kturtle // Logo

2008-07-28 Conversa mvillarino
 Eu non poría acentos nos comandos.

Vale, isto ireino corrixindo.


Re: [ot] paraolimpiada, paralimpiada parolimpiada

2008-07-28 Conversa damufo

Grazas!
Vaia, vese que no irindo non comprobei esa entrada. Non volga non ven.
Tomo nota. Parolímpico.

Miguel Solla escribiu:
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=48658opcion=entrada2 
http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=48658opcion=entrada2


2008/7/28, damufo dam...@gmail.com mailto:dam...@gmail.com:

Ola:
Alguén sabe como se di en galego? paraolimpiada, paralimpiada
parolimpiada...?
No volga non ven, no irindo tampouco, no desanovado da rag tampouco,
no estraviz tampouco.
Parece incrible! non?




Re: [trasno] [ot] paraolimpiada, paralimpiada parolimpiada

2008-07-28 Conversa damufo



Susana Sotelo Docio escribiu:

O Luns 28 de Xullo de 2008, damufo escribiu:
Alguén sabe como se di en galego? paraolimpiada, paralimpiada 
parolimpiada...?
No volga non ven, no irindo tampouco, no desanovado da rag tampouco, no 


Se buscas a forma simple:

-
[volga]
olimpíadaf

[irindo]
olimpíada
 lat olympas  gr 
port:olimpíada/olimpíade cast: olimpiada ingl: Olympiad


[estraviz]
Olimpíada ou Olimpíade s. f. Período de quatro anos decorridos entre
duas celebrações consecutivas dos jogos olímpicos, na antiguidade grega.
pl. O mesmo que jogos olímpicos [gr. olympias, ados, lat. olympiade].
-

Non estou segura ao 100% pero diría que paraolimpíada (norma RAG) ou
paraolimpíad[ae] (outras normas).



Grazas Susana, como dicía no volga non aparece pero no irindo si, vese 
que comprobei mal a entrada e si está.

http://www.digalego.com/diccionario/Html/index.php?op=verid=48658opcion=entrada2


Re: Kturtle // Logo

2008-07-28 Conversa damufo



mvillarino escribiu:

Eu non poría acentos nos comandos.


Vale, isto ireino corrixindo.



En relación a non por acentos, para o ñ usaría nh para diferencialo do n.

Outra suxestión:
penwidthanchoLápis - largoLapis

saúdos


beep 1.2.2-22: Please update debconf PO translation for the package beep

2008-07-28 Conversa Gerfried Fuchs
Hi,

 You are noted as the last translator of the debconf translation for
beep. The English template has been changed, and now some messages
are marked fuzzy in your translation or are missing.
I would be grateful if you could take the time and update it.
Please send the updated file to me, or submit it as a wishlist bug
against beep.

 The deadline for receiving the updated translation is
Thu, 07 Aug 2008 15:01:18 +0200.

 Thanks in advance,
Rhonda

# Galician translation of beep's debconf templates
# This file is distributed under the same license as the beep package.
# Jacobo Tarrio jtar...@debian.org, 2008.
#
msgid 
msgstr 
Project-Id-Version: beep\n
Report-Msgid-Bugs-To: b...@packages.debian.org\n
POT-Creation-Date: 2008-07-28 14:46+0200\n
PO-Revision-Date: 2008-05-18 12:37+0100\n
Last-Translator: Jacobo Tarrio jtar...@debian.org\n
Language-Team: Galician proxecto@trasno.net\n
MIME-Version: 1.0\n
Content-Type: text/plain; charset=UTF-8\n
Content-Transfer-Encoding: 8bit\n

#. Type: select
#. Choices
#: ../templates:1001
msgid 
suid root for all, suid root with only group audio executable, not suid at 
all
msgstr 
suid root para todos, suid root só executable para o grupo audio, non suid 
en absoluto

#. Type: select
#. Description
#: ../templates:1002
msgid Install beep as:
msgstr Instalar beep coma:

#. Type: select
#. Description
#: ../templates:1002
msgid 
beep must be run as root since it needs to access the speaker hardware. 
There are several posibilities to make the program usable:  Either only for 
root (no suid bit at all), executable only by users of the group audio, or 
usable for all.
msgstr 
Débese executar \beep\ coma administrador, xa que precisa de acceder ao 
hardware do altoparlante. Hai varias posibilidade para facer o programa 
utilizable: só para o administrador (sen bit suid en absoluto), executable 
só polos usuarios do grupo \audio\, ou utilizable por todos.

#. Type: select
#. Description
#: ../templates:1002
#, fuzzy
#| msgid 
#| Since each program set as suid root can be a security risk this is not 
#| done by default.  However, the program is quite small (~150 lines of 
#| code), so it is fairly easy to verify the safety of the code yourself, if 
#| you don't trust my judgement.
msgid 
Since each program set as suid root can be a security risk this is not done 
by default.  However, the program is quite small (~150 lines of code), so it 
is fairly easy to verify the safety of the code yourself, if you don't trust 
the package maintainer's judgement.
msgstr 
Xa que os programas \suid root\ poden ser riscos de seguridade, isto non 
se fai por defecto. Nembargantes, o programa é bastante pequeno (unhas 150 
liñas de código), así que é bastante doado verificar vostede mesmo a 
seguridade do código, se non confía no xuízo do mantedor do paquete.


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Adrián Chaves
O Dom, 27-07-2008 ás 18:07 +0200, Miguel Branco escribiu:
 Olá a todos, 
 
 Non sei se recordades que comentara o do Diario de
 Carballo (http://diariodecarballo.wordpress.com/), que é que a raíz
 do evento de Dinamización LInguistica ó que nos invitaron me pediran
 que escribira algo para esa web explicando o da tradución Antes de
 que llo mande a Soraya, a rapaza que leva isto, envíoo aquí a ver que
 vos parece. Admito críticas contructivas e (algunhas)
 destructivas, :) 
 
 Tamén lle hei comentar o de que alguén escriba algo máis
 complementando este artigo, a ver que lle parece e que me di. 
 
 ...
 
 As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca
 un pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de
 Noruega. Mais, e ben o explicou Charles Darwin, as illas son
 habitualmente ricas paraxes cheas de peculiaridades naturais. En canto
 á súa xente, si, tamén son peculiares. As illas Feroes son unha
 provincia autónoma da Coroa Danesa na que viven cincuenta mil persoas
 e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión Europea. Tampouco
 falan o Danés senón unha lingua relacionada con este e o Noruegués, o
 Feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os
 habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na
 emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos
 ocorrer centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á
 hora de ver a tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo
 que poucos servizos terán na súa lingua propia... de feito non teñen
 ordenadores en Feroés. 
 
 Ah!, un momento. Non fun o preciso dabondo. Non teñen ordenadores con
 Windows XP ou Vista en Feroés. Ter só sesenta mil falantes é un
 atranco que bota para atrás mesmo a unha economicamente saudable
 empresa coma Microsoft á hora de traducir os seus produtos. A razón
 básica é que traducir software, que é do que falo, é realmente caro.
 Pero os feroeses si poden dispoñer de ordenadores na súa lingua grazas
 a unha nova maneira de entender as novas tecnoloxías.

Non sei se está ben que digas iso de esta nova maneira, xa que suponse
que nos primeiros pasos da informática o software libre era A MANEIRA.
Se atopas unha forma de deixalo claro sen ter que o explicar noutro
parágrafo, estaría ben ;-)

 Esta nova maneira, o código aberto ou software libre, é unha forma de
 facer software, programas informáticos. Se o modelo estándar é que os
 programas os faga unha compañía, dun xeito privado, para que logo
 venda os seu produtos, enlatados e pechados, ós usuarios;

Aquí creo que te confundiches, pois empezaches co Se e continuaches
cunha contraposición. Volve lelo. Creo que pretendías empezar O modelo
estándar

 o software libre, pola contra, aproveitase da internet para reunir a
 xente que altruistamente colabore en proxectos abertos adicados a
 facer software, software que se pode examinar, retocar, modificar e
 distribuír gratis e legalmente. É todo un cambio de concepto ó que a
 nosa sociedade inda non se acostumou e iso que esta metodoloxía, e
 filosofía de traballo, é quen de producir software de enorme calidade
 e complexidade. 
 
 
 O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
 cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
 polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo, é dicir, é un
 software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o
 botón de acendido ata que o apagamos. Windows XP ou Vista é o sistema
 operativo máis estendido no planeta, pero como vedes non o único.
 Tamén Mac OSX é un sistema operativo. A diferenza fundamental, e
 perdoade que me repita, aparte de ser un sistema francamente superior,

Non nos pasemos, superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
rendemento, e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
que o leven (o chasco).

 Linux sendo un proxecto de software libre pode ser modificado e
 distribuído legalmente sen lle render contas a ninguén. Habitualmente
 darredor de proxectos coma este, de software colaborativo, fórmase
 todo un exercito de desenvolvedores voluntarios que contribúen a esa
 misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios, e cun
 gran papel que xogar, fórmana o batallón dos tradutores. Isto é, xente
 que colabora traducindo nese proxecto pasando do inglés, lingua na que
 se escriben os programas informáticos, á súa lingua. Así, podemos
 atopar programas de código aberto que se traducen a máis do cento de
 linguas. E si, entre elas atópase o Feroés. Aquí xa dá igual que se
 conten os falantes de feroés por milés coma por millóns, a dimensión
 económica do asunto desaparece. O único que fai falta é que alguén dea
 un paso adiante e se enrole na misión. Como o feroés, 

Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa mvillarino
2008/7/28 Adrián Chaves adriyeticha...@gmail.com:

 O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
 cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
 polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo,
Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland
non opera nada.

 Non nos pasemos, superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
 rendemento, e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
 que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
 que o leven (o chasco).

Vender seguridade, ou posición na táboa das linguas máis traducidas, é
pouco recomendábel: abonda cun fallo de seguridade, ou unha mensaxe
non/mal traducida para ter a agarrada montada.

 misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios,
leva agá: hostes (pero  non sería mellor algo menos militar?)

 Non estou de todo seguro disto, pero en galego creo que as linguas non
 levan maiúscula inicial.
Non, non levan.


  E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés
 Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está
 o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese
 traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre
 gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma
 Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na
 nosa lingua.
Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

 Eu non usaría a linguaxe militar, pero supoño que é cuestión de gustos.

Siu, tes razón, lido hoxe faise excesivo. 


Re: Diaro de Carballo: autobombo

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

 Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland
 non opera nada.
si, si, é evidente. O que pasa é, como lle explican nu cacho breve cal é a 
diferenza entre Linux e os DE?. Por iso usei intensivamente Linux coma 
sinónimo de Linux/DE

  misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios,
 leva agá: hostes (pero  non sería mellor algo menos militar?)
Apuntado

 Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???
Nótase que onte estaba eu de resaca de festas, si, se poño FF tamén hei poñer 
KDE e Gnome!.

Isto vai en xeral, hei modificar bastante a última parte do artigo e omitir 
moitas das explicacións que fago. 



Re: Diaro de Carballo: autobombo: Nova versión

2008-07-28 Conversa Miguel Branco

Mais que retocar, reescribín os dous últimos parágrafos. Non sendo que vexades 
algo estrano esta é a versión que vou enviar. Grazas polos consellos. 

__
As illas Feroes, literalmente, as illas das ovellas, non son máis ca un  
pequeno e caprichoso arquipélago basáltico asentado no bravo Mar de Noruega. 
Mais, e ben o explicou Ch.R. Darwin, as illas son habitualmente ricas paraxes 
cheas de peculiaridades naturais. En canto á  súa xente, si, tamén son 
peculiares. As illas Feroes son unha provincia autónoma da Coroa Danesa na que 
viven cincuenta mil persoas e inda sendo dinamarqueses non pertencen á Unión 
Europea. Tampouco falan o danés senón unha lingua relacionada con este e o 
noruegués, o feroés. Si, é unha lingua nada nas illas e propia dela; só os 
habitantes das Feroes, xunto cunha ducia de miles dos que se atopan na 
emigración, o falan a diario. Sendo tan poucos falantes pódensenos ocorrer 
centos de problemas na vida diaria relacionados coa lingua: á hora de ver a 
tele, escoitar a radio ou navegar por internet. Entendo que poucos servizos 
terán na súa lingua propia... de feito non teñen ordenadores traducidos ó 
Feroés.
 
Un momento, non fun preciso dabondo. A unha compañía coma Microsoft, 
fabricante dos arquicoñecidos XP e Vista, ou coma Apple, o feroés resúltalles 
unha lingua, digámolo en termos económicos, pouco rendible. E digo pouco 
porque traducir software, que é do que falo, é realmente caro. -Para sesenta 
mil falantes!?- dirán. Así que os feroeses téñense que conformar con comprar a 
versión inglesa deses produtos ou, probablemente o prefirán, a danesa. Pero, 
parece que alguén aló nas illas non está conforme con esta situación e non só 
isto senón que se puxo mans á obra. Resulta que alguén está disposto a que 
todos os seus veciños feroeses poidan navegar por internet ou ler o seu correo 
electrónico sen abandonar a súa lingua materna. Será o Primeiro Ministro das 
Feroes?. Sexa que sexa conseguirao cunha dose de paciencia e esforzo, pero sen 
necesidade de facer unha sentada diante das oficinas de Microsoft en Redmond. 
Nin creo que fose frutífera nin tampouco sería necesario. O que ese alguén 
fará, e do que non hai constancia de que sexa o Primeiro Ministro, será 
traducir un dos escritorios [1] dispoñibles para Linux [2]. Linux, igual ca 
Windows XP ou Mac OS X,  é un sistema operativo, é dicir, digámolo así, é o 
software que fai que o noso ordenador funcione dende que prendemos o botón de 
acendido ata que o apagamos. O escritorio é todo o que vemos e usamos entre 
medias. Cando remate a súa tradución os seus veciños e el mesmo poderán 
empregar un ordenador cen por cento en feroés... a custo cero. Nin este veciño 
ha cobrar por traducir software nin tampouco é necesario pagar por descagar, 
instalar ou usar Linux legalmente. Fagan contas e comprobarán que, como moito, 
os feroeses só pagarán a factura de compra do ordenador grazas a esquecerse de 
compañías coma as citadas enriba.

O misterio da redución drástica no importe da factura reside en que Linux é 
software libre, ó igual có escritorio que este feroés traduce. Estamos 
acostumados a ver e usar produtos de software que son producidos de xeito 
privado, por compañías, e a logo ver como nos venden eses produtos, enlatados 
e ben pechadiños. Porén, o software libre ten como sinal de identidade ser 
feito de xeito colaborativo a través de internet por voluntarios, ser 
distribuible gratiuitamente e ser modificable ó antollo dos usuarios, 
legalmente, claro. O efecto colateral disto é que os proxectos de software 
libre poden ser traducidos sen necesidade dun estudo de marketing previo e sen 
render contas a ninguén. Linux, KDE e Gnome, que son os principais escritorios 
para Linux, Firefox, OpenOffice,... son software libre e son traducidos por 
voluntarios. Para ese alguén que traduce ó feroés dá igual que os seus 
compatriotas se conten por miles coma por millóns, a el só lle importa que 
haxa informática en feroés.. Coma co feroés, o software libre tradúcese a 
centos de linguas. Tradúcese ó frisón, alemán, chinés ou bengalí, tamén ó 
butanés, zulú e ó guaraní. E para sorpresa de moitos, tamén ó esperanto, ó ido 
e ó inglés antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén 
está o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software e 
facémolo, principalmente, baixo o Proxecto Trasno [3] (www.trasno.net). Inda 
que queda moito por facer, xa temos ordenadores galegofalantes... todo 
software libre.   
 
A min gústame dicir que o software libre, amais de ofrecer calidade, é 
socialmente xusto. É que, abonda con que haxa un só voluntario disposto as 
romper as barreiras da imposición lingüística ou as impostas pola demografía 
que a totalidade dos seus esforzos han chegar da man do software libre, 
independentemente de razóns socioeconómicas, a onde a tecnoloxía dea chegado,


[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Entorno_de_escritorio

Re: Kturtle // Logo

2008-07-28 Conversa mvillarino
Pois xa o rematei
finalmente suprimir os tildes dos comandos, conservei o ñ, o camelCase, e 
puxen os nomes das funcións matemáticas longos (arcoseno, por ex.)

Os comandos dos programas primos deixeinos como:
se predicado? {bloque_certo} caso_contrario {bloque_falso}
desde $var=valorInicial ate valorFinal en_pasos_de candidade {bloque}
mentres predicado? {bloque}
repetir {bloque}

Estou a darlle á documentación do programa, por iso de dicir que está 
completa.
-- 
Best regards,
MV