2008/7/28 Adrián Chaves <adriyeticha...@gmail.com>:

>> O proxecto estrela do software libre é Linux, e si, pódese cualificar
>> cos dous adxectivos anteriores. Este proxecto iniciado no ano 1992
>> polo finés Linus Torvalds é un sistema operativo,
Non o é. Só é o núcleo do sistema operativo, sen servizos e userland
non opera nada.

> Non nos pasemos, "superior en temas coma a fiabilidade, a seguridade e o
> rendemento", e se cadra mete algún máis, pero non habería que pasarse,
> que canto máis espectativas creemos, maior será o chasco para aqueles
> que o leven (o chasco).

Vender seguridade, ou posición na táboa das linguas máis traducidas, é
pouco recomendábel: abonda cun fallo de seguridade, ou unha mensaxe
non/mal traducida para ter a agarrada montada.

>> misión común. Unha das divisións desas ostes de voluntarios,
leva agá: hostes (pero  non sería mellor algo menos militar?)

> Non estou de todo seguro disto, pero en galego creo que as linguas non
> levan maiúscula inicial.
Non, non levan.


>>  E para sorpresa de moitos, tamén ó Esperanto, ó Ido e ó Inglés
>> Antigo. Non pensedes que mo salto, entre todas esas linguas tamén está
>> o Galego pois aquí tamén hai voluntarios que traducimos software. Ese
>> traballo que facemos é ás veces sinxelo e ás veces tedioso pero sempre
>> gratificante. Nos aquí tamén conseguimos ter software libre, coma
>> Linux, Firefox, OpenOffice, por poñer só uns exemplos, enteiramente na
>> nosa lingua.
Home, podias pór a KDE. E quen traduce o núcleo Linux???

Responderlle a