O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Francisco X. V�zquez
Ola:

Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
tempo.

Xa aproveito para facer unhas cuestións:

-Como nunca traducin programas non sei se liñas deste estilo se traducen
asi:

#: app/app_procs.c:771
msgid 
Some files unsaved.\n
\n
Quit the GIMP?
msgstr 
Algúns ficheiros non foron salvados.\n
\n
¿Sair do GIMP?

-Teño pensado traducir esto asi:
FG (foreground) -- PP (Primeiro plano)
BG (background) -- PF (Plano de fondo)

Decirvos que usarei o estandar de Jesus Bravo:

File - Ficheiro

Archive - Arquivo

Window - Fiestra ( eu preferia Xanela perooo)

you - vostede

Accelerator/Key binding - Atallo

Manager - Xestor

Adeus.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Wed  2 Feb 2000 13:51:40 +0100, Francisco X. Vázquez escribía:

 Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame

 Apuntado quedas :-) a traducción que puxeches de exemplo é correcta; cando
volva de xantar poño un exemplo de como se enche a cabeceira (ou cacholeira,
ou testeira, ou cabezalla :DDD).

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Wed  2 Feb 2000 13:51:40 +0100, Francisco X. Vázquez escribía:

 Xa aproveito para facer unhas cuestións:

 Aquí vai o exemplo da cabeceira; poño a do wget :-)

# Galician translation of wget
# Copyright (C) 1999 Free Software Foundation, Inc.
# Ruben Lopez Gomez r...@mundivia.es, 1999.
#
#
msgid 
msgstr 
Project-Id-Version: wget 1.5.3\n
POT-Creation-Date: 1998-09-21 19:08+0200\n
PO-Revision-Date: 1999-07-31 21:52+0200\n
Last-Translator: Ruben Lopez Gomez r...@mundivia.es\n
Language-Team: Galician gpul-traducc...@ceu.fi.udc.es\n
MIME-Version: 1.0\n
Content-Type: text/plain; charset=iso-8859-1\n
Content-Transfer-Encoding: 8bit\n

 Ben, nas tres primeiras liñas ten que ir iso obrigatoriamente, se o
programa é tratado polo TP-Robot; o GIMP non o é, así que podes poñer máis
ou menos o que queiras; pon o teu nome no copyright, xa que, non é un
programa GNU e o copyright non pertence á FSF, e no resto, coma sempre.

 No orixinal, a quinta liña de comentario contén un , fuzzy; deberás
eliminalo (ou elimina-la liña) porque o , fuzzy indica que a seguinte
traducción pode non ser válida; úsase cando se actualiza un .po á última
versión usando msgmerge. O caso é que hai que quitalo :-)

 No project-Id-Version tés que poñe-lo nome do paquete seguido pola versión.
O POT-Creation-Date xa contén datos, e tés que poñe-la data e hora actual
cada vez que modifique-lo .PO; Emacs faino automáticamente cando se valida o
.PO, noutros editores hai que facelo a man.

 No Last-Translator vai o nome do último mantedor do ficheiro; ti, nese
caso. No Language-Team: pos o que podes ver arriba :-) MIME-Version é a 1.0,
o xogo de caracteres é o iso-8859-1 (tamén chamado Latin-1) e a codificación
pode ser 8bit ou 8-bit :-)

 Espero non te ter confundido ainda máis :-)))

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Ramon Flores Seijas
On Wed, 2 Feb 2000, Francisco X. Vázquez wrote:

 Ola:
 
 Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
 traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
 tempo.

http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Monte_Nebo.html
http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Gimp.png

Bye

**
* 
Ramon Flores*Un saudo para o
Escola de Optica e Optometria   *staff da CIA, que
Universidade de Santiago*me estara a ler
Santiago. Galiza.   *
*
**

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Wed, Feb 02, 2000 at 01:51:40PM +0100, Francisco X. Vázquez escribió:

Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
tempo.

Ánimo. :-DDD

¿De que versión colleche-lo ficheiro .pot?  Se queres mándoche o
.pot da última actualización do CVS...

File - Ficheiro

Esta eu penso que é esencial... ;-)

Window - Fiestra ( eu preferia Xanela perooo)

En verdade, mirando que vai ser imposible chegar a un consenso con
isto, penso que será mellor que cada quen escolla o que queira, teremos que
facernos a usar programas que usen as tres palabras (agora mesmo xa os hai,
así que...)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Francisco X. Vázquez wrote:
 
 Ola:
 
 Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
 traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
 tempo.
 
 Xa aproveito para facer unhas cuestións:
 
 [...]
 you - vostede
 [...]

sen ánimo de foder ... nos vos parece que vostede queda demasiado
cursi e estirado tendo en conta co SO co que estamos a tratar? e
aínda que non ten moito que ver ... a maioría de usuarios son xente nova
e nada de executivos etc.

é que non sei, cando oio iso paréceme que me queren vender un programa
de contabilidade ou algo así xD.

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@futura.interbook.net

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me  C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jacobo Tarrio
O Wed  2 Feb 2000 18:58:39 +0100, Manuel A. Fernandez Montecelo escribía:

 sen ánimo de foder ... nos vos parece que vostede queda demasiado
 cursi e estirado tendo en conta co SO co que estamos a tratar? e

 Ben, é que non só tratamos con Linux; estamos a tratar con ferramentas que
poderán ser utilizadas en moitos sitios :-) Ademáis, se o ordenador trata de
ti ao usuario, queda peor :-)

-- 
 Jacobo Tarrío BarreiroDon't finger me for PGP key :)
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Wed, Feb 02, 2000 at 06:58:39PM +0100, Manuel A. Fernandez Montecelo escribió:

sen ánimo de foder ... nos vos parece que vostede queda demasiado
cursi e estirado tendo en conta co SO co que estamos a tratar? e
aínda que non ten moito que ver ... a maioría de usuarios son xente nova
e nada de executivos etc.

A idea é pensar en que é o ordenador o que fala.  É dicir, ti nun
programa no README tratarías ó lector de ti, porque es ti quen lle está a
falar ó usuario.  E tamén podes dicir algo con eu, en primeira persoa.

Pero queda mellor, pola outra banda, que o ordenador fale ó usuario
como é, como un obxecto sen alma, corazón nin sentimentos, e queda mellor
que lle diga vostede, e, a ser posible, non fale en primeira persoa.

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jesus Bravo Alvarez wrote:
 
 Wed, Feb 02, 2000 at 04:36:09PM +0100, Ramon Flores Seijas escribió:
 
  Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
  traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
  tempo.
 
 http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Monte_Nebo.html
 http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Gimp.png
 
 A verdade é que cando mirei esa imaxe hai un mes, non lle prestei
 atención porque pensei que estaba en portugués (fixeime máis no pingüín,
 mal que lle pese ó Creque) :-)

x. (explícao ben que se non a xente non entende. o caso é que nas
páxinas de proba que fixo Jesus para o legal ... puxo como logo ese Tux
coa banda galega).

a min o do pingüín non é que me pareza mal, é que pareceme demasiado
obvio e sinxelo como logo. non haberá entre a futura comunidade alguén
que faga un logo con xeito(un animaliño que nos caracterice ou algo
así)? e se vai ser un logo composto de Tux, debería aparecer un GNU (ñu)
creo eu ... ;

 ¿Traducíchelo ti?  Eu non o vexo no directorio das traduccións do
 GIMP. :-?  Se o vas a enviar, ¿pareceuche ben a miña proposta de usa-la @
 para diferencia-las normativas?  (Non sei se iso estaba en AGAL, nese caso
 sería gl@agal, ou algo así)

suscribo a pregunta do GIMP, eu tampouco o vin na túa peich de software
en galego ...

  _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
_|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@futura.interbook.net

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me  C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Francisco X. V�zquez

Jesus Bravo Alvarez escribió:

 Ánimo. :-DDD

 ¿De que versión colleche-lo ficheiro .pot?  Se queres mándoche o
 .pot da última actualización do CVS...

:-?, non sei que versión, eu mirei polas paxinas do proxecto GPUL-traducción e
baixei o que atopei.
Asi que case mellor que mo mandes, gracias.
Ainda que xa non sei que facer, como xa o traduceu Ramon Flores, ainda que eu
cando vin as imaxes pensei que estaba en portugues.
Seguramente o traducirei a oficial dende cero pero se podo conseguir o gimp.pot
da traduccion de Ramon xa poderia facer como fixeches ti co xfce (¿sabedes onde
podo conseguilo?)

 File - Ficheiro

 Esta eu penso que é esencial... ;-)

 Window - Fiestra ( eu preferia Xanela perooo)

 En verdade, mirando que vai ser imposible chegar a un consenso con
 isto, penso que será mellor que cada quen escolla o que queira, teremos que
 facernos a usar programas que usen as tres palabras (agora mesmo xa os hai,
 así que...)

Eu xa non opino máis, despois de un arduo traballo de campo descubrin que na
miña aldea xa se usaba a mediados do seculo pasado (estamos no XX)o termo
ventana.  :-(((:-???   :-O

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Francisco X. V�zquez

Ramon Flores Seijas escribeu:

 On Wed, 2 Feb 2000, Francisco X. Vázquez wrote:

  Ola:
 
  Pois iso, que se non hai ninguen traducindo o GIMP gostariame
  traducilo. Ainda que co tamaño que ten supoño que me levará bastante
  tempo.

 http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Monte_Nebo.html
 http://members.xoom.com/RamonFlores/PARADISO/Gimp.png

 Bye

Como vexo que xa tes traducido a normativa de minimos (supoño :-?) poderias
pasarme o pot traducido (ou decirme onde conseguilo) e asi poderia pasalo a
norma oficial, ¿pareceche ben? eu eino traducir de calquera xeito.

Abur e gracias.

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Jesus Bravo Alvarez
Wed, Feb 02, 2000 at 10:40:26PM +0100, Francisco X. Vázquez escribiu:

 ¿De que versión colleche-lo ficheiro .pot?  Se queres mándoche o
 .pot da última actualización do CVS...

:-?, non sei que versión, eu mirei polas paxinas do proxecto GPUL-traducción e
baixei o que atopei.

Ah, vale, entón era o .pot que puxen eu. :-D

Asi que case mellor que mo mandes, gracias.

De tódolos xeitos, actualiceino porque decateime (sigh) de que non
era só ese ficheiro, hai 3 máis, e un deles ten o dobre de tamaño (250 Kb).
8-mmm

Son en total 4320 mensaxes (iso agora, xa que ó estar en
desenvolvemento constante, o número aumenta con frecuencia, é probable que
teñas que usar msgmerge nalgún momento)

Non sei se traduciches xa algún programa, pero 4000 mensaxes é un
puro incrible... Un consello, tómao con calma, aínda que xa te decatarás ti
cando leves 150 ou 200 mensaxes seguidas e esteas aburrido e coa cabeza
dando voltas. :-)))

Volve a collelos (http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/gnome/pot/).
Son os 4 ficheiros que empezan por gimp (igual tes que esperar a que se
actualice a copia da páxina web)

Ainda que xa non sei que facer, como xa o traduceu Ramon Flores, ainda que eu
cando vin as imaxes pensei que estaba en portugues.

Eu tamén. :-)

Seguramente o traducirei a oficial dende cero pero se podo conseguir o gimp.pot
da traduccion de Ramon xa poderia facer como fixeches ti co xfce (¿sabedes onde
podo conseguilo?)

Non sei, a ver se di algo...  Se xa o traduciu serache bastante máis
fácil (aínda que sexa normativa AGAL, non a de mínimos, e teña máis
diferencias)

 En verdade, mirando que vai ser imposible chegar a un consenso con
 isto, penso que será mellor que cada quen escolla o que queira, teremos que
 facernos a usar programas que usen as tres palabras (agora mesmo xa os hai,
 así que...)

Eu xa non opino máis, despois de un arduo traballo de campo descubrin que na
miña aldea xa se usaba a mediados do seculo pasado (estamos no XX)o termo
ventana.  :-(((:-???   :-O

Vaia, non pensei que ese castelanismo fose tan vello. :-???

De calquera xeito, usa xanela se queres. ;-)

-- 
 _ _ _   _  _   Fidonet: 2:348/105.97
   _|  |_| _|  |_|  http://De.nuevo.en/~obras
--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Manuel A. Fernandez Montecelo
Jacobo Tarrio wrote:
 [...]
 
  Ben, é que non só tratamos con Linux; estamos a tratar con ferramentas que
 poderán ser utilizadas en moitos sitios :-) Ademáis, se o ordenador trata de
 ti ao usuario, queda peor :-)

Jesus Bravo Alvarez wrote:
 [...]
 
 A idea é pensar en que é o ordenador o que fala.  É dicir, ti nun
 programa no README tratarías ó lector de ti, porque es ti quen lle está a
 falar ó usuario.  E tamén podes dicir algo con eu, en primeira persoa.
 
 Pero queda mellor, pola outra banda, que o ordenador fale ó usuario
 como é, como un obxecto sen alma, corazón nin sentimentos, e queda mellor
 que lle diga vostede, e, a ser posible, non fale en primeira persoa.

home, xa tiña en conta que é o trebelliño o que fala ;DD ...

pero sígueme gustando máis que non me trate ninguén, nin sequera o
trebelliño, de vostede. ao meu, cando non estou enfadado polo cutre
que é, téñolle moito cariño e en xeral temos unha boa e distendida
relación x (traquil@s tod@s, non é unha tecno-filia/pc-filia
xD).

son opinións ... así que mellor deixalo estar non?

aburinho!!

Manuel A. Fernández Montecelo (CrEqUe) cre...@futura.interbook.net

GzLiNuX- Documentación de GNU/Linux en galego [http://gzlinux.dhs.org]
GLUG- Grupo de Usuari@s Galeg@s de Linux [http://www.glug.es]
Debian GNU/Linux- The Universal Operating System [http://www.debian.org]
k0me  C what GNU can do 4 U!! [http://www.gnu.org]

--
Para sair desta lista, manda un mail a gpul-traduccion-requ...@ceu.fi.udc.es
poñendo unsubscribe na mesaxe

Re: O GIMP, p�domo.

2000-02-06 Conversa Francisco X. V�zquez

Jesus Bravo Alvarez escribeu:

 De tódolos xeitos, actualiceino porque decateime (sigh) de que non
 era só ese ficheiro, hai 3 máis, e un deles ten o dobre de tamaño (250 Kb).
 8-mmm

 Son en total 4320 mensaxes (iso agora, xa que ó estar en
 desenvolvemento constante, o número aumenta con frecuencia, é probable que
 teñas que usar msgmerge nalgún momento)

}:-¿¡Quen dixo medo!?   JUA JUA JUA JEJEJE  XD DX

 Non sei se traduciches xa algún programa, pero 4000 mensaxes é un
 puro incrible... Un consello, tómao con calma, aínda que xa te decatarás ti
 cando leves 150 ou 200 mensaxes seguidas e esteas aburrido e coa cabeza
 dando voltas. :-)))

Ola, son o pai de Fran, estaba facendo cousas rarisimas, riase coma un tolo, 
daba
coa cabeza contra o monitor ...etc. Tivemolo que levar para Conxo pero nun par 
de
anos xa sae. Abur.

 Volve a collelos (http://ceu.fi.udc.es/~jtarrio/gl-po/gnome/pot/).
 Son os 4 ficheiros que empezan por gimp (igual tes que esperar a que se
 actualice a copia da páxina web)

Ainda non estan pero en canto estean baixoos. Hei falar cun rapaz e a ver se o
traducimos entre os dous que se non cando dea rematado xa o Gimp ten sustituto.

 Non sei, a ver se di algo...  Se xa o traduciu serache bastante máis
 fácil (aínda que sexa normativa AGAL, non a de mínimos, e teña máis
 diferencias)

Xa lle preguntei, a ver que di. pero non creo que teña traducidos os 4 pots.

 Eu xa non opino máis, despois de un arduo traballo de campo descubrin que na
 miña aldea xa se usaba a mediados do seculo pasado (estamos no XX)o termo
 ventana.  :-(((:-???   :-O

 Vaia, non pensei que ese castelanismo fose tan vello. :-???

Na miña zona polo menos si. É unha zona de moita influencia do castelan.